Brigantium no século XXI: Aproximación aos últimos datos arqueolóxicos da ocupación galaicorromana na cidade de A Coruña (s. I-IV d.c.)
Contenido principal del artículo
Resumen
O seguinte artigo realiza unha revisión dos datos arqueolóxicos obtidos nos últimos 20 anos de arqueoloxía na cidade da Coruña, centrándonos no espazo que ocupou o vello asentamento de Brigantium. Se ben é certo que a ocupación romana na cidade vella coruñesa despertou o interese de múltiples investigadores durante as últimas décadas do pasado século (NAVEIRO LÓPEZ 1988; BELLO DIÉGUEZ 1991; BELLO DIÉGUEZ e VÁZQUEZ GÓMEZ 1994; PÉREZ LOSADA 2002; GONZÁLEZ GARCÍA 2003, LÓPEZ PÉREZ 2004; entre outros), o certo é que neste novo milenio o interese decaeu, en paradóxica relación co aumento exponencial da información arqueolóxica dispoñible.
Nesta liña, os obxectivos principais son dous: realizar unha breve síntese que nos permita divulgar os datos arqueolóxicos máis relevantes obtidos nestas últimas dúas décadas, e actualizar o estado da cuestión sobre Brigantium; elaborando novas propostas que interpreten esta información, estudando o seu entramado “urbano” e elaborando hipóteses sobre os motivos que influíron na evolución do mesmo.
Descargas
Detalles del artículo
Artículos más leídos del mismo autor/a
- Samuel Nión Álvarez, Helena López Gómez, Verónica Silva Alvite, Martín Rivas Vázquez, Diego Babarro González, Novos xacementos arqueolóxicos na provincia de A Coruña (NW Iberia): técnicas de teledetección orientadas á identificación de patrimonio arqueolóxico fortificado , Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade: Vol. 39 (2023)
- Samuel Nión Álvarez, Verónica Silva Alvite, Andrea Mouriño Schick, Novos xacementos documentados durante os traballos de xeolocalización e delimitación arqueolóxica de Galicia: O caso do Lote 4 (comarcas de Ordes e Compostela) , Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade: Vol. 39 (2023)

