Alteracións Climáticas e Mudanza Democrática
Contido principal do artigo
Resumo
A mudanza climática representa un desafío urxente para as democracias modernas e para as formas de acción colectiva organizadas para loitar contra as consecuencias das alteracións climáticas. Ante isto, poden os sistemas democráticos evolucionar para enfrontar estes desafíos? O presente traballo deseña unha reformulación da democracia liberal baseada en dous principios xerais: a sostenibilidade e a democratización da democracia. Tendo en consideración que as consecuencias xeradas pola mudanza climática terán un impacto considerábel nas formas sociais de organización, analizarei o vencello entre sostenibilidade e democracia; en primeiro lugar, para definir de que vou falar cando falo de sostenibilidade. En segundo lugar, para estudar como os novos riscos orixinados polas alteracións climáticas esixen dunha revisión das formas representativas de democracia.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Alberto José Franco Barrera, Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade? , RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas: Vol 17 No 1 (2018)