AGORA. Papeles de Filosofía publica traballos orixinais pertencentes a todos os campos da Filosofía.
Os traballos enviaranse en calquera dos procesadores de textos máis habituais (.doc, .docx, .odt). Non se admiten envíos en formato .pdf. Os/as autores/as poderán enviar os seguintes tipos de textos: Estudos, Notas, Recensións e Traducións.
Autoría dos traballos. Nos traballos de autoría múltiple debe identificarse o/a autor/a responsable, que será tamén o/a autor/a de contacto. O/A autor/a responsable deberá garantir o recoñecemento de todos os autores que comparten a autoría do traballo e asegurar que todos coñecen e aprobaron a versión final do documento. Os nomes dos autores deben figurar en ordenación alfabética polo primeiro apelido no caso de que todos contribuísen do mesmo xeito no traballo. Se a contribución de cada autor é diferente, recoméndase facelo constar en nota utilizando a terminoloxía convencionalizada CRediT (https://casrai.org/credit/).
Os Estudos (artigos longos) deberán ter un máximo de 60.000 carácteres (con espazos, e incluíndo título, autor[es], afiliación[s], país[es], número[s] ORCID, resumo en dous idiomas –un
deles inglés, ou castelán se o resumo orixinal está en inglés–, e palabras chave nos idiomas que proceda). En todo caso, os seguintes datos só se incluirán na versión para publicar se termina sendo aceptada polo Consello de Redacción: autor(es), afiliación(s), país(es), número(s) ORCID. A versión inicial que se somete a avaliación debe estar completamente anonimizada.
As Notas (artigos breves) deberán ter un máximo de 30.000 caracteres (con espazos, e incluíndo título, autor[es], afiliación[s], país[es], número[s] ORCID, resumo en dous idiomas –un deles inglés, ou castelán se o resumo orixinal está en inglés–, e palabras chave nos idiomas que proceda). En todo caso, os seguintes datos só se incluirán na versión para publicar se termina sendo aceptada polo Consello de Redacción: autor(es), afiliación(s), país(es), número(s) ORCID. A versión inicial que se somete a avaliación debe estar completamente anonimizada.
As páxinas do manuscrito deberán aparecer numeradas consecutivamente, incluídas notas e referencias. Os Estudos e Notas deberán posuir a estrutura dun artigo científico, incluíndo necesariamente unha conclusión.
Primeira páxina para Estudos e Notas: A versión para a súa publicación, unha ver aceptada por lo Consello de Redacción, na súa primeira páxina, deberá conter como un encabezado, xustificado á esquerda, a seguinte información en liñas ou parágrafos diferenciados: (1) título do traballo, (2) autor(es), (3) filiación(s) e país(es), (4) número(s) ORCID, (5) un Resumo de extensión entre 100 e 200 palabras e (6) entre 3 e 7 palabras chave. Título, resumo e palabras chave terán que presentarse tamén con tradución ao inglés, ou castelán no caso de artigos escritos en inglés. Na versión anomimizada presentada para a súa avaliación non se incluirán, obviamente, os seguintes datos: 2) autor(es), (3) filiación(s) e país(es), (4) número(s) ORCID.
Notas: As notas que non correspondan ao encabezamiento do artigo irán a pé de páxina, non ao final do documento, e deberán numerarse consecutivamente, a excepción das que se refiran ao encabezamento, que deberán marcarse cun asterisco.
Formato: Os traballos deberán formatearse na fonte Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1,5. As notas a rodapé irán en tamaño 10, interliñado simple. As citas textuais que excedan as 4 liñas irán separadas do corpo do texto, cun espazo anterior e posterior respecto deste, tamaño de letra 11, sangrado de párrafo esquerdo e sen aspas.
Táboas e figuras: se numerarán consecutivamente con números arábigos (Táboa 1, Táboa 2, ...; Figura 2, Figura 2, ...)
Referencias bibliográficas: No artigo, as citas bibliográficas presentaranse integradas no texto referindo apelido do/a autor/a, ano e páxina, p. ex. “(Jakobson 1960, 370)”. A referencia completa hase recoller só ao final, no apartado de “Referencias bibliográficas”. Este apartado deberá estar ordenado alfabeticamente por apelido, e en caso de varias referencias dun/ha mesmo/a autor/a, cronoloxicamente. Neste caso deberase repetir o nome do/a autor/a en cada unha das referencias seguido do ano correspondente.
No caso de autocitas poranse integradas no texto anonimizado para avaliar “Autor/a” seguido entre paréntese do ano correspondente e a páxina, e nas Referencias bibliográficas porase o mesmo ao inicio das mesmas, sen engadir outros datos. Aqueles traballos que sexan aceptados para a súa publicación en AGORA. Papeles de Filosofía deberán incluír a información das autocitas substituíndo “Autor/a” polo correspondente apelido, e nas referencias bibliográficas polas referencias completas no lugar que corresponda por orde alfabética.
O modo de consignar as referencias segue o estilo Harvard, do seguinte modo:
· Libros: Mead, G. H. (1934). Mind, self and society. Chicago: University of Chicago Press.
· Artigos de revistas: Kaplan, B. (1962). "Radical metaphor, aesthetic, and the origin of language", Review of Existential Psychology and Psychiatry, n. 2, pp. 75-84.
· Capítulos de libros: Jakobson, R. (1955). "Aphasia as a linguistic problem", en H. Werner (ed.), On expressive language, Worcester: Clark University Press, pp. 69-81.
As Recensións non levarán título (o título será a referencia bibliográfica do libro recensionado) nin notas ao pé de páxina nin ao final do texto nin, en principio, referencias bibliográficas ao
final. Tamaño máximo 12.000 caracteres (espazos incluídos). Exemplo de título para unha recensión: Sádaba, Javier: Ética erótica. Unha maneira diferente de sentir, Barcelona: Península, 2014, 190 p.
Admítense Traducións de artigos (non de libros nin de capítulos de libros), que deben ser acompañadas polos permisos necesarios para cumprir coa legalidade dos dereitos editoriais e do autor.