Quick jump to page content
  • Main Navigation
  • Main Content
  • Sidebar
Agora. Papeles de Filosofía Agora. Papeles de Filosofía
  • Home
  • Current
  • Archives
  • About
    • About the Journal
    • Editorial Team
    • Privacy Statement
    • Contact
  • Submissions
  • rev{USC}
  • Register
  • Login
  1. Home
  2. Archives
  3. Vol. 44 No. 2 (2025)
  4. In memoriam

DANIEL ROSENDE (VIGO, 1984-2025). IN MEMORIAM

Article Sidebar

Main Article Content

  • Carme Adán+−
  • Carme Adán+−
Carme Adán
IES Politécnico de Vigo
Spain
Carme Adán
IES Politécnico de Vigo
Spain
https://orcid.org/0000-0002-3060-8952
Biography
Vol. 44 No. 2 (2025), In memoriam
https://doi.org/10.15304/ag.44.2.10719
Submitted: 2025-06-04| Published: 2025-11-10
PDF (Galician) XML (Galician)

Keywords:

Filosofía, tecnoloxía, ensino
Adán: DANIEL ROSENDE (VIGO, 1984-2025). IN MEMORIAM

Sumario

  • Ensinar Filosofía na era da tecnoloxía

Ensinar Filosofía na era da tecnoloxía

Trinta pares de ollos fitan para ao encerado dixital. Entre a preguiza e as ganas de liscar escoitan unha voz que os invita a pensar. Primeiro cun estrano saúdo, din que copiado dunha definición de Platón dos seres humanos. Esa da que fixo burla Diógenes de Sinope. Ola bípedos implumes! Unha sintonía rápida tenta captar a escasa e intermitente atención dunha mocidade que a vende moi cara. Durante cinco minutos con rapidez e increíbel claridade o pensamento dun filósofo, ou filósofa, vaise debuxando na pantalla.

De forma inxusta tense desprezado a docencia e a divulgación. Mais hai que comprender moi ben o pensamento dun autor, analizar con habilidade o fundamental e prioritario para que cinco minutos sexan o tempo no que un mozo ou moza sinta que hai algo interesante detrás de tanto texto complexo. Ensinar Filosofía ten implícita a arte de evocar fíos de pensamento que hai quen os colle, quen os rexeita ou quen os ignora. En calquera caso é algo máis que recitar e memorizar.

Daniel Rosende foi un compañeiro que video a video desempaquetaba ideas para eses bípedos sen plumas que sosteñen máis pantallas que libros entre as mans liberadas, pola evolución da nosa especie. Era un pensador entusiasta por compartir ferramentas que axuden a formar un criterio propio. Ninguén pensa desde o baleiro, como dicía Kant temos que aprender a orientarnos no pensar. Tarefa nada fácil. Aí Rosende sabía que un bo filósofo analiza o seu tempo, pelexa cos problemas e as contradicións da súa época. Para tal fin unha canle de YouTube, dous libros con títulos tan acaídos como Filosofía para bípedos sin plumas e Narciso descubre Instagram: filosofía y metodología para pensar, ou unha colaboración con RNE para divulgar a Filosofía. Sabía da importancia da tecnoloxía, da imaxe que acompaña ás palabras no enorme esforzo por captar a atención que realizamos o profesorado. Mais de 300.000 suscriptores fixeron da canle de YouTube Unboxing Philosophy unha referencia educativa. Mostra de que a tecnoloxía é aliada da Filosofía e que non podemos escapar nunca ao momento no que vivimos é a recomendación que o Instituto Nacional de Tecnología Educativa fixo da súa labor.

A Filosofía nunca esquivou os debates. Deuse sempre de fociños cos problemas e as inquietudes do tempo dos seus autores e autoras; algunhas son tan perdurábeis como preguntarnos por quen somos, que coñecemos e que nos cabe esperar. O seu legado, o da Filosofía, tamén é a docencia. Pensar é un acto que ten sentido en comunidade, que nos fai humanos porque permítenos dialogar. Para Rosende os mitos gregos, a literatura, o cine e a ciencia ficción eran compañeiros para crear un clima de aprendizaxe e reflexión.

Cando novo, Dani entrou no instituto con ganas de aprender. Con grande entusiasmo participou na revista do IES Carlos Casares de Vigo “Manda carallo”. Contan as amizades que sempre gostou de ler e escribir. Contan tamén que tivo as súas dúbidas sobre se estudar Filosofía. A suposta inutilidade do saber persegue a quen pretende facer esa elección. Grazas a súa capacidade mostrou que nada máis útil que pensar e ensinar nesta sociedade. Lembramos o seu bo facer enchedo de bromas e chiscadelas as reflexións máis sesudas dos clásicos. Compre recoñecerlle que incorporou as filósofas antes que os temarios de Secundaria o fixeran.

Profesor do ensino público, deixa un sabor a bo compañeiro e magnífico profesor. Temos que agradecer o seu traballo e compromiso co ensino da Filosofía. Alumno da Facultade de Filosofía da USC pulou polo valor de divulgar a Filosofía. Nunca esqueceu que esta naceu na agora falando cos máis novos, así que botouna pola internet para destruír prexuízos e democratizar o saber. Del agardamos que de contas no Hades da situación destes bípedos implumes que seguen a voltas coas mesmas preguntas. Se cadra, porque son as importantes. As respostas, xa se sabe, como moito aportan unha provisión en sentido cartesiano.

Other statistics

Images

Carme Adán

Carme Adán (Donostia, 1966)

 

Publicou Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003), traducida ao castelán en (2006).

 

En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividad xornalistica na  sección de opinión de Xornal de Galicia.

 

As súas publicacións máis recientes son:

 

  • “Cyborg” en Barbarismos queer e outras esdrújulas en Edicions Bellaterra (2017)
  • “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?” na Revista Andaluza de Antropología (2018)
  • “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica” en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018)
  • “Sobre verdade e posverdade en sentido extrapolítico” en Grial, nº 216, 2018
  • “Galiza: o ideal que nos aloumiña” de próxima publicación en O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos polo Museo do Pobo galego.
  • “How many shades does femicide have?Reflections from feminist epistemology” en Knowlegdes, Practices and activism fron Feminist Epistemologies (Vermon, 2019)
  • “Que lexitima o discurso violento?” en Grial, nº 234, 2022

 

 

En novembro de 2018 publica o libro “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión”  na editorial Galaxia, cuarta impresión en febreiro de 2020.

En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.

 

Na actualidade ten unha columna semanal en Nós Diario “Varal adiante”

 

Most read articles by the same author(s)

  • Carme Adán, LÓPEZ SOUTO, África: Mulleres que (nos) dan que pensar, Galaxia, col. Feminismos, Vigo, 2019, 390p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 39 No. 2 (2020)
Crossref
Scopus
Google Scholar
Europe PMC
  • Register
  • Login
  • Idioma / Language / Langage English
    • English
    • Español
    • Galego
Plum Analytics
Downloads | Views
  • 176
    47
More Read
  • Aristotelian Teology as Inference to Best Explanation: An Epistemological Analysis on Finality Principale in Aristotle’s II Book of Physics
    302
  • THE ETHICS OF CARE: FROM MORAL RESPONSIBILITY AND DEMOCRATIC TRANSFORMATION TO A NEW CULTURE OF CARE.: from moral responsibility and democratic transformation to a new culture of care
    282
  • The American Eugenics Movement as a Key to the Success of Eugenics in the 20th Century and the Possibility of its Return in the 21st Century
    238
  • ARENDT, Hannah: Responsabilidad personal y colectiva, Página Indómita, Barcelona, 2020, 103p.
    186
  • ZUBOFF, Shoshana: La era del capitalismo de la vigilancia. La lucha por un futuro humano frente a las nuevas fronteras del poder, trad. cast. Albino Santos, Paidós, Barcelona, 2020, 910p.
    184
INDEXED/ABSTRACTED IN

Philosopher's Index, ERIH+, FRANCIS, PIO, ISOC, ULRICH… See more

PLAGIARISM DETECTION TOOL

Latest publications
  • Atom logo
  • RSS2 logo
  • RSS1 logo

Share

Agora. Papeles de Filosofía

ISSN 0211-6642 ISSN-e 2174-3347 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
Principal Contact agorapap@usc.es Support Contact sepinter@usc.es