Carme Adán (Donostia, 1966) é doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de Secretaria Xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 20072009 foi Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. No exercicio dos seus cargos redactou a Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero e foi nonente das sucesisas modificacións no Parlamento galego.
Publicou Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003), traducida ao castelán en (2006). En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividad periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia. As súas publicacións máis recientes son: “Cyborg” en Barbarismos queer e outras esdrújulas en Edicions Bellaterra (2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?” na Revista Andaluza de Antropología (2018), “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica” en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018) e “How many shades does femicide have?Reflections from feminist epistemology” en Knowlegdes, Practices and activism fron Feminist Epistemologies (Vermon, 2019)
En novembro de 2018 publica “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión” na editorial Galaxia, cuarta impresión en febreiro de 2020. En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.
Na actualidade exerce como Catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a sección de” Pensamento” do Consello da Cultura Galega.