Quick jump to page content
  • Main Navigation
  • Main Content
  • Sidebar
Agora. Papeles de Filosofía Agora. Papeles de Filosofía
  • Home
  • Current
  • Archives
  • About
    • About the Journal
    • Editorial Team
    • Privacy Statement
    • Contact
  • Submissions
  • rev{USC}
  • Register
  • Login
  1. Home
  2. Archives
  3. Vol. 43 No. 1 (2024)
  4. Reviews

MARTÍNEZ QUINTANAR, Miguel Ángel: Historia da Filosofía. Segundo curso de Bacharelato, Baía Edicións, A Coruña, 2023, 502p.

Article Sidebar

Main Article Content

  • Luis García Soto+−
Luis García Soto
Facultade de Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0003-2607-3390
Vol. 43 No. 1 (2024), Reviews
https://doi.org/10.15304/ag.43.1.9362
Submitted: 2023-09-04| Published: 2024-01-02
PDF (Galician) XML (Galician)
Soto: MARTÍNEZ QUINTANAR, Miguel Ángel: Historia da Filosofía. Segundo curso de Bacharelato, Baía Edicións, A Coruña, 2023, 502p.

Sumario

    Este manual de Historia da Filosofía, escrito por Miguel A. Martínez Quintanar, catedrático de Filosofía de ensino secundario e profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela, preséntase como un afondamento e desenvolvemento de competencias e coñecementos na etapa educativa do bacharelato. A súa finalidade é dar “un fundamento sólido á continuidade e coherencia da aprendizaxe” (p. 3), iniciada no libro Filosofía. 1º de Bacharelato, Baía Edicións, A Coruña, 2022, do mesmo autor. Quizá o longo percorrido do manual de 1º de Bacharelato, que saíra en 2015 e cuxa edición de 2022 é nova, corrixida e actualizada, animou ao autor, e á editorial, a acometer a empresa de elaborar un libro de texto para 2º de Bacharelato.

    A primeira intención do manual é dar resposta ás mudanzas legais e educativas establecidas na LOMLOE (Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación), materializadas na comunidade autónoma de Galiza no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Estas mudanzas afectan ao estatuto académico e curricular da Historia da Filosofía: a materia pasa a ser de obrigado estudo para todo o alumnado de 2º de Bacharelato, e o seu currículo abarca un arco histórico que principia nos filósofos presocráticos, e remata no pensamento galego do século XX. A exposición teórica das filosofías gregas, medievais, modernas, e contemporáneas, incorpora as novidades do novo currículo educativo: a crítica aos totalitarismos no século XX (Escola de Frankfurt, Hannah Arendt), a xénese do pensamento actual (posmodernidade de Lyotard, desconstrución de Derrida, pensamento débil de Vattimo), as filosofías feministas desde a Ilustración até a actualidade (Mary Wollstonecraft, Olympe de Gouges, Simone de Beauvoir, Kate Millet, Gayle Rubin, Seyla Benhabib, Luce Irigaray, entre outras). Máis lonxe no tempo histórico, tamén aparecen Hipatia de Alexandría, a filosofía árabe e xudía, Hildegard von Bingen e, xa no tempo presente, María Zambrano.

    A segunda intención do manual fica explícita desde unha leitura inicial do libro. Martínez Quintanar defende unha concepción da filosofía como saber substantivo, non adxectivo, isto é, unha disciplina de coñecemento e para a acción que, alén de formar en valores democráticos, e estimular actitudes e propostas críticas, transmite contidos especificamente filosóficos (conceptos, ideas, teorías, argumentos, proposicións) válidos e validados (postos a proba, experimentados) no transcorrer da historia. Para o autor, estes contidos son a condición de posibilidade da práctica ontolóxica, gnoseolóxica e ética que se denomina “filosofía”, e, tamén, da actividade de pensamento nomeada “filosofar”. Por outras palabras, este manual pretende dar forma a unha tese: non é posíbel filosofar sen coñecer filosofía, sen saber filosofía, isto é, sen aprender as teses das filósofas e filósofos. Aínda máis: filosofar non é unha práctica efectiva sen coñecer, con certa extensión e profundidade, as filosofías, os elementos e probas argumentais das teorizacións de filósofas e filósofos (doutro modo estaríamos arroxados a construír unha filosofía mediocre, líquida, gasosa). O pluralismo, intrínseco á historia da filosofía, permite contemplala, primeiro, como un conxunto de teorías interesantes elaboradas por filósofas e filósofos, e, segundo, como un ronsel rico en textos orixinais desas mesmas pensadoras e pensadores, con potencia suficiente para que cada quen que ler elabore, pola súa conta, análises lúcidas e útiles do propio pensamento, a actuación ética e a acción política.

    Esta Historia da Filosofía está vertebrada en tres bloques de contidos: (1) Da orixe da filosofía en Grecia até o fin da Antigüidade (pp. 9-124); (2) Da Idade Media á modernidade europea (pp. 125-328); (3) Da modernidade á posmodernidade (pp. 329-502). Martínez Quintanar abórdaos en 18 temas, con información rica e actualizada para cumprir cos requisitos do currículo. Cada tema está estruturado do seguinte xeito: traballo inicial (imaxe ou cadro para comentar, e leitura con cuestións sobre un texto filosófico); desenvolvemento do contido (explicación teórica de cada tema, con apoio en biografías e textos de filósofas e filósofos nas marxes); actividades (texto filosófico con cuestións, e imaxe ou cadro para comentar e aplicar o aprendido). Segundo o autor, esta estrutura busca proporcionar ao profesorado exposicións teóricas, textos e ilustracións para “(a) usar con liberdade e flexibilidade segundo os seus criterios pedagóxicos e didácticos; (b) facilitar un uso non dogmático do libro de texto, de tal xeito que cada docente poida acomodalo ás súas circunstancias; (c) colaborar na realización efectiva do dereito á filosofía de todo alumnado galego” (p. 3). Eis, nesa indicación de destinatario, un pormenor, e unha valencia, que cómpre non descoidar: a factura galega máis global desta Historia da Filosofía.

    En fin, polo tratamento que se dá da Filosofía, as súas voces e as súas cuestións, este libro constitúe unha magnífica ponte entre o ensino secundario e o universitario, entre a formación xeral propia do Bacharelato e os estudos de Filosofía e outros itinerarios universitarios. Porque dota dunha boa base e alumea orientacións. Alén diso, este texto permite unha dupla leitura: para o alumnado, como libro; para o profesorado, como manual. Así, para os docentes, esta Historia da Filosofía é un instrumento, un repertorio de utensilios, que fornece materiais para, con outros recursos, construír a docencia propia, o que cada quen leva ao traballo que cómpre facer nas aulas. E, por outra parte, para os discentes, este libro representa, alén de como texto un útil para superar unha materia, a Historia da Filosofía, un libro sen máis, de (Historia da) Filosofía: unha xanela para se debruzaren ao mundo, un espello para elas e eles se ollaren a si mesmas/os. Por iso, cabe ver tamén, neste libro, unha ponte ao futuro.

    Other statistics

    Images

    Most read articles by the same author(s)

    • Luis García Soto, HINKELAMMERT, Franz: Totalitarismo del mercado. El mercado capitalista como ser supremo, Akal, Ciudad de México, 2018, 270p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 38 No. 2 (2019)
    • Luis García Soto, HIERRO, Liborio L.: Los derechos humanos. Una concepción de la justicia, Marcial Pons, Madrid-Barcelona-Buenos Aires-São Paulo, 2016, 279p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 36 No. 2 (2017)
    • Luis García Soto, Miguel Ángel Martínez Quintanar, BRAZ TEIXEIRA, António: A saudade na poesia lusófona africana e outros estudos sobre a saudade, MIL (Movimento Internacional Lusófono) e DG Edições, Linda-a-Velha (Portugal), 2021, 170p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 No. 1 (2022)
    • Luis García Soto, MOLINA, César Antonio: ¿Qué hacemos con los humanos? Por qué los robots, la inteligencia artificial y los algoritmos representan una amenaza para la supervivencia del ser humano, ediciones Deusto, Barcelona, 2023, 381p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 43 No. 2 (2024)
    • Luis García Soto, CASTELAO MEXUTO, Manuel: A Máquina Ousada. Pondal e a literatura, Laiovento, Santiago de Compostela, 2020, 183p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 40 No. 2 (2021)
    • Luis García Soto, SÁDABA, Javier: Ética erótica. Una manera diferente de sentir, Península, Barcelona, 2014, 190p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 33 No. 2 (2014)
    • Luis García Soto, MARINAS, Miguel: El ajá del traductor. Experiencias y versiones, libros de la resistencia, Madrid, 2021, 239p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 No. 2 (2022)
    • Luis García Soto, MONTEIRO, Hugo: Maurice Blanchot. A literatura nos limites nos limites da filosofia, Palimage, Coimbra, 2014, 643p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 34 No. 2 (2015)
    • Luis García Soto, HORTA, Oscar: Un paso adelante en defensa de los animales, Plaza y Valdés, Madrid, 2017, 237p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 38 No. 1 (2019)
    • Luis García Soto, MARTÍNEZ QUINTANAR, Miguel Ángel: Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política, Espiral Maior, A Coruña, 2019, 237p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 39 No. 2 (2020)
    1 2 3 4 5 6 7 8 9 > >> 
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Register
    • Login
    • Idioma / Language / Langage English
      • English
      • Español
      • Galego
    Plum Analytics
    Downloads | Views
    • 491
      1237
    More Read
    • Ética y utopía: la crítica a la filosofía política de Emmanuel Levinas
      612
    • Individualism in Western Society (The homo sapiens in Metropolis)
      305
    • Aristotelian Teology as Inference to Best Explanation: An Epistemological Analysis on Finality Principale in Aristotle’s II Book of Physics
      170
    • Metaphysics of Nature in the philosophy of Spinoza: an interpretation of the conatus as the first ontological determination of Natura naturata
      167
    • Enrique Dussel: Between Latin-America and Hermeneutics of the Otherness
      160
    INDEXED/ABSTRACTED IN

    Philosopher's Index, ERIH+, FRANCIS, PIO, ISOC, ULRICH… See more

    PLAGIARISM DETECTION TOOL

    Latest publications
    • Atom logo
    • RSS2 logo
    • RSS1 logo

    Share

    Agora. Papeles de Filosofía

    ISSN 0211-6642 ISSN-e 2174-3347 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Principal Contact agorapap@usc.es Support Contact sepinter@usc.es