Os fanzines e o posicionamento ideolóxico. Poden transmitir posicións ideolóxicas os fanzines?
Contido principal do artigo
Resumo
Resumo: As publicacións amateurs denominadas fanzines colleron forza a partir dos anos 70 do século XX para expresaren ideas e posicións de grupos considerados á marxe do común, do habitual e das grandes cadeas de consumo mediático. O seguinte artigo busca dar resposta á pregunta de se as persoas que crean, editan e distribúen fanzines o fan motivadas por unha postura ou posición ideolóxica. Para este artigo pártese da tese doutoral O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005, de Ramón Fernández Mariño (2015). A partir deste documento recóllense tanto a definición de fanzine como de ideoloxía, para buscar os elos que permitan ter unha resposta acaída academicamente á pregunta que se presenta neste artigo.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Ramón Mariño, Nota dos editores sobre o seguinte artigo: Asier Romero Andonegi (2017): “La vibrante en el País vasco: adquisición fonológica y caracterización acústica desde el español y desde el euskera”, Verba 44, pp. 169-194. http://dx.doi.org/10.15304/ verba.44.2868 , Verba: Anuario Galego de Filoloxía: Vol 45 (2018)
- Ramón Mariño, Graça Rio-Torto, Jesús Pena (1947-2021) , Verba: Anuario Galego de Filoloxía: Vol 49 (2022)