Acerca do Xornal
Temática e alcance
A Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS) (ISSN: 1577-239X; depósito legal: C-2058/2000) é unha publicación internacional de carácter semestral editada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que publica artigos de investigación, recensións de libros e notas de investigación nas disciplinas de Ciencia Política e Socioloxía, así como outras Ciencias Sociais.
RIPS publica traballos inéditos en galego, castelán, inglés, francés, portugués e italiano, previa aceptación do Consello de redacción. Os artigos se avalían tamén por parte de dous ou máis expertos alleos ao Consello.
A Revista cumple satisfactoriamente todos os criterios de calidade editorial considerados por Latindex (Sistema Rexional de Información en Línea para Revistas Científicas de América Latina, o Caribe, España e Portugal) e está indexada en ESCI, Redalyc (Rede de Revistas Científicas de América Latina, o Caribe, España e Portugal), REDIB, ERIH PLUS, Dialnet, DOAJ (Directory of Open Access Journals), Fuente Académica Premier, TOC Premier, ULRICH e ISOC – Socioloxía e CC. Políticas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Proceso de revisión por pares
Os artigos e as notas de investigación serán avaliadas por dous (ou tres, en caso de que exista contradicción entre os dous primeros) expertos alleos ao Consello de redacción, mantendo o anonimato tanto dos autores como dos avaliadores. Nun plazo máximo de seis meses (que se poderá ampliar en circunstancias extraordinarias) o Consello de redacción remitirá aos autores os resultados da avaliación.
As propostas de recensións de libros serán valoradoras directamente polo Consello de redacción, sen sometelas ao proceso de avaliación por pares.
Frecuencia de publicación
A Revista publica dous números semestrais, en xuño e decembro. Pode publicar tamén un máximo de dous números monográficos, para os que acepta propostas.
Política de acceso aberto
RIPS facilita o acceso sen restricións a todo o seu contido.
A publicación non ten ningún custo para os autores.
Indexada en
A Revista está indexada en Redalyc (Rede de Revistas Científicas de América Latina, o Caribe, España e Portugal), REDIB, Dialnet, ESCI (Emerging Sources Citation Index), DOAJ (Directory of Open Access Journals), Fuente Académica Premier, TOC Premier, ULRICH e ISOC – Socioloxía e CC. Políticas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Exención de responsabilidade
RIPS non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas.
O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
Formulario de revisión
Directrices éticas
A publicación de artigos científicos involucra varios axentes, entre os cales se atopan a editorial, a dirección da revista, os avaliadores dos traballos e os autores. De cada un deles espérase unha conduta ética referida a uns principios, na nosa revista inspirados parcialmente nos que proporciona o Committee on Publication Ethics (COPE) Best Practice Guidelines.
Editorial
A editorial proporciona asistencia e apoio técnico á dirección da revista no uso da plataforma web, e mantén o software actualizado e en condicións de facilitar o proceso de envío, avaliación e publicación dos traballos. Colabora tamén coa dirección da revista na súa indexación e na facilitación de información sobre aqueles requisitos que contribúan a un mellor posicionamento da mesma nas clasificacións ao uso. En xeral, axuda ao incremento da calidade editorial da revista e á súa mellor e maior visibilización, internacionalización e impacto.
Dirección da revista
A dirección da revista asegura que os manuscritos enviados son avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido intelectual, sen ter en conta a raza, xénero, orientación sexual, crenza relixiosa, adscrición política ou escola filosófica dos autores. Garante a confidencialidade dos traballos, non revelando a identidade dos mesmos a outros actores que non sexan os membros autorizados da editorial, os avaliadores potenciais, os avaliadores efectivos ou ao consello de redacción da revista. A dirección da revista pode declinar a publicación dun traballo por non cumprir este os requisitos formais esixidos ou por tratar unha temática allea ao seu ámbito. Debe comunicar, dentro dos prazos establecidos, unha vez vistos os informes dos avaliadores e ouvido o consello de redacción, a aceptación ou o rexeitamento dos traballos presentados.
Avaliadores
Os avaliadores deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista. O informe de avaliación debe ser obxectivo e debe expresarse de maneira razoada e clara. Debe evitar alusións ad hominen, ofensivas ou humillantes e os comentarios deben perseguir a mellora do traballo. Os manuscritos recibidos deben ser tratados como documentos confidenciais e o seu contido non pode ser usado en traballos propios. Os avaliadores deben rexeitar avaliar artigos cando exista algún conflito de interese resultante dunha eventual relación, pasada ou presente, cos autores do traballo ou coas institucións das cales estes dependan.
Autores
Os autores deben enviar traballos que presenten unha investigación orixinal sobre un tema claramente identificábel e non previamente publicado. Non deben enviar traballos que inclúan unha parte substancial doutros xa publicados. Os traballos deben redactarse de modo que poidan ser comprendidos ou replicados polos avaliadores. Se se usaren ideas doutros, deben ser claramente referenciadas; o plaxio é unha conduta inaceptábel e a súa detección implica o arquivo do traballo ou a súa retirada da páxina web, se estivese xa publicado. En caso de coautoría, son autores dun traballo todos os que contribúen significativamente ao mesmo; cada autor debería ser capaz de identificar as partes do traballo de que son responsábeis os outros coautores e debe gardar confidencialidade dos diversos contidos até que o artigo sexa publicado. O envío simultáneo do traballo a outra ou outras revistas é condición suficiente para o seu arquivo. Se no proceso de edición os autores descobren erros ou impropiedades no seu traballo, comunicarano coa maior celeridade ao director da revista, e colaborarán na súa subsanación. Os autores deberán facer constar o posíbel conflito de intereses entre as conclusións do seu traballo e as fontes de financiamento do mesmo.
Estas directrices están en consonancia co código ético da Universidade de Santiago de Compostela, editora da revista: https://www.usc.es/gl/goberno/valedor/codigoetico/CodigoEtico.html
Política de preservación de arquivos dixitais
Esta revista desenvolve diversos procesos destinados a garantir a accesibilidade permanente dos obxectos dixitais que alberga nos seus propios servidores:
- Copias de seguridade.
- Seguimento da contorna tecnolóxica para prever posibles migracións de formatos ou software obsoletos.
- Metadatos de preservación dixital.
- Utilización de DOI.
Os arquivos publicados nesta páxina web están dispoñibles en formatos facilmente reproducibles.
Política antiplaxio
Esta revista é membro de Similarity Check, unha iniciativa lanzada por Crossref que agrupa a varias editoriais co fin de protexer a orixinalidade dos contidos que publican.
Similarity Check utiliza o software iThenticate para detectar coincidencias e similitudes entre os textos sometidos a avaliación e os publicados previamente noutras fontes.
Protocolos de interoperabilidade
RIPS proporciona unha interface OAI-PMH (Open Arquives Initiative Protocol for Metadata Harvesting) que permite que outros portais e servizos de información poidan acceder aos metadatos dos contidos publicados.
Especificacións:
OAI-PMH Protocol Version 2.0
Dublin Core Metadata 1.1
Ruta para os colleitadores:
http://www.usc.es/revistas//index.php/rips/oai