O seu obxectivo é fomentar a investigación académica publicando artigos orixinais que cumpran os máis altos estándares analíticos e proporcionen novas ideas que contribúan e difundan o coñecemento económico e empresarial. A RGE/GJE é unha revista internacional de acceso aberto revisada por pares. Os artigos publicados están relacionados con especialidades nos campos da Economía e a Empresa (comercialización e investigación de mercados, economía aplicada, economía financeira e contabilidade, economía, socioloxía e política agraria, fundamentos da análise económica, historia e institucións económicas, organización de empresas e economía cuantitativa); estando aberto tamén a outros campos, sempre e cando contribúa significativamente a tratar problemas da economía e xestión empresarial. O público obxectivo está constituído por académicos, investigadores, profesionais, executivos do mundo empresarial e xestores públicos.
A RGE/GJE ten o Selo de Calidade da FECYT aparece indexada en SCOPUS, ESCI, Dialnet, InDICEs-CSIC, IDEAS-RePEc, REDALYC, REDIB, DOAJ, e ERIH PLUS, entre outras. Tamén aparece recollida polas ferramentas de avaliación da calidade editorial como MIAR, Latindex ou CIRC.
As linguas de publicación son o galego, español, portugués e inglés.



Avisos
Selo FECYT con Mención por Boas Prácticas Editoriais en Igualdade de Xénero
2026-01-08
Comprácenos anunciar que a Revista Galega de Economía / Galician Journal of Economics, publicada pola Universidade de Santiago de Compostela, renovou o Selo FECYT con Mención por Boas Prácticas Editoriais en Igualdade de Xénero, con validez ata decembro de 2027.
Este recoñecemento outórgase como resultado do cumprimento dos requisitos establecidos na IX Convocatoria de Avaliación da Calidade Editorial e Científica das Revistas Científicas Españolas (2025), concedida pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
Estendemos o noso máis sinceiro agradecemento a todas as persoas colaboradoras, revisoras e lectoras polo seu apoio continuo, sen o cal este logro non sería posible.
Agradecemento aos revisores e ás revisoras de 2025
2025-12-19
No nome do Equipo Editorial, a Revista Galega de Economía recoñece con especial gratitude o tempo e o esforzo dedicado ás seguintes persoas que revisaron artigos remitidos á revista para os que se tomou unha decisión final durante o ano 2025. Os altos estándares científicos mantidos pola RGE débense en gran medida á dedicación continua dos revisores e revisoras, que ofrecen de forma desinteresada o seu tempo e experiencia.
https://revistas.usc.gal/index.php/rge/aval2025

