Contenido principal del artículo

  • José Manuel Vázquez Lijó
José Manuel Vázquez Lijó
Núm. 9 (2000), Artículos
DOI: https://doi.org/10.15304/ohm.9.639
Recibido: 06-12-2012 Aceptado: 06-12-2012
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

Os rexistros de matriculados constitúen unha imprescindible documentación para cuantificar ós profesionais marítimo-pesqueiros. Tendo en conta as ocultacións, o furtivismo, as desercións, as excepcionais habilitacións á xente de taller e ós terrestres -ante grandes déficits de forza de traballo autorizada consecuencia de armamentos extraordinarios-, basicamente as nosas estimacións de poboación activa resultan de sumar á mariñeiría "hábil" (apta para a prestación militar) e ós "mozos" (matriculados menores de 18 anos), unha certa porcentaxe de: a) veteranos e inválidos que con ou sen licencia empleábanse nas prácticas que nos ocupan; b) menores de 14/15 anos que axudaban en certas faenas. Os recontos oficiais traducen a incontestable primacía pesqueira de Galicia (en man de obra e en frota) no conxunto español; a un segundo nivel, apréciase un considerable desequilibrio no peso destas actividades entre as catro provincias marítimas galegas.

Citado por

Detalles del artículo