Contenido principal del artículo

Elvira Blanco Pérez
Área de Ecoloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Margarita Basanta Alves
Área de Ecoloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol. 22 (2015), Artículos de divulgación
Recibido: 01-03-2015 Aceptado: 06-04-2015 Publicado: 20-04-2015
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

O impacto das especies invasoras foi crecente ao longo das últimas décadas, causando importantes efectos ambientais, económicos e sanitarios. Neste traballo faise unha revisión da problemática asociada a estes organismos, prestando especial atención aos cambios que se foron producindo nos centros de interese na investigación. Segundo o proxecto DAISIE (Delivering Alien Invasive Species Inventories for Europe) da Comisión Europea, actualmente hai máis de 12000 especies non nativas rexistradas en Europa, o que informa sobre a relevancia deste tema, e pon de manifesto a necesidade dunha colaboración internacional e un enfoque multidisciplinar para mellorar a xestión destes organismos.

Detalles del artículo

Artículos más leídos del mismo autor/a(s)