É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor)
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

1.  Os traballos, inéditos, faranse chegar á revísta vía o Open Journal System (OJS) da plataforma rev{USC}.

2.  A revista, de periodicidad anual, recibe orixinais sobre Prehistoria, Arqueología e Ciencias da Antigüidade. O prazo de recepción de traballos péchase a finais de Abril. Os orixinais recibidos para as seccións “Artigos” e “Noticiario arqueolóxico de Galicia e o NO Peninsular” serán examinados por membros do Consello de Redacción ou do Consello Científico e posteriormente enviados, para a súa avaliación, a evaluadores especializados designados por GALLAECIA. A aceptación definitiva pode implicar, dependendo da avaliación, a modificación de contidos ou da estrutura formal do artigo. GALLAECIA non se fai responsable das opinións expresadas polos autores nos seus traballos.

3. As contribucións, segundo a sección na que vaian ser publicadas, non superarán as seguintes extensións (notas e bibliografía incluídas):

  • Artigos: 12.000 palabras máximo sección gráfica (20 figuras máximo). A publicación daqueles orixinais que non cumpran este protocolo será valorado en cada caso polo Consello de Redacción.
  • Noticiario arqueológico de Galicia e o NO peninsular: 6.000 palabras máximo sección gráfica (6 figuras máximo). A publicación daqueles orixinais que non cumpran este protocolo será valorado en cada caso polo Consello de Redacción.
  • Recensións: 2.000 palabras máximo.

4. Publicaranse traballos en galego, castelán, portugués, inglés ou francés; excepcionalmente o Consello de Redacción valorará, a partir da calidade do orixinal, a publicación de traballos escritos en alemán ou italiano. O texto dos traballos, con excepción das “Recensións”, presentarase de forma anónima, sen menciones de autoría, e buscando, na redacción do texto, preservar o anonimato do autor ou autores; o título debe figurar na lingua de redacción do traballo, con tradución ao inglés ou francés, acompañado dun breve resumo (8 liñas máximo), cos correspondentes descriptores (palabras chave ou Keywords) na lingua de redacción do traballo e en tradución ao inglés ou francés; na devandita páxina tamén se fará constar a data de remisión do orixinal.

5. Os textos entregaranse mecanografiados, a dobre espazo en software compatible (MSWord, WP p en formato convertible RTF), libres de formato, sen paginación, encabezados, pés de páxina, marxes especiais - é dicir códigos xerais de formato ou embellecimiento do texto - ou calquera outro engadido.

6. A sección gráfica deberase entregar por separado, en arquivos individuais e numerados con numeración coincidente coa das referencias a cada ilustración no texto do traballo. As imaxes deberán ter unha resolución de 300 ppp. e poden estar en cor.

7. As citas de autor dentro do texto indicarán: o autor, ano e páxina no seu caso (AUTOR ano: pág). As notas ao pé de páxina serán as imprescindibles e irán ao final do texto e numeradas correlativamente.

8. Bibliografía:

IMPORTANTE: É preceptivo incorporar como ligazón (URL) o DOI de todas as obras incluídas na bibliografía que o posúan. No portal de procuras de CrossRef poden buscarse as obras para determinar se teñen DOI e, neste caso, cal é este. Velaquí un exemplo de referencia dun artigo con DOI:

A bibliografía irá ao final do texto, ordenada alfabéticamente e atendendo ás seguintes normas:

  • · Libros:
    • Apelidos e inicial do autor. (EN MAYÚSCULAS).
    • Ano de publicación entre paréntesis.
    • Título da obra en cursivas.
    • Lugar de edición.
      • Exemplo: APELIDOS, N. 1997. Título. Santiago.
  • · Artigos de revista:
    • Apelidos e inicial do autor. (EN MAYÚSCULAS).
    • Ano de publicación entre paréntesis.
    • Título do artigo entre “comillas”.
    • Título da revista en cursiva.
    • Número do volume.
    • Páxinas do artigo.
      • Exemplo: APELIDOS, N. 1997. “Título do artigo”, Gallaecia, 15, pp. 1-20.
  • · Artigos en obras colectivas, capítulos de libros, comunicacións ou relatorios en congresos:
    • Apelidos e inicial do autor. (EN MAYÚSCULAS).
    • Ano de publicación entre paréntesis.
    • Título do artigo / ponencia / capítulo / comunicación entre “comillas”.
    • No seu caso: Nome (-s) do Editor (-es), Coordinador (-es): segundo modelo: Iniciais do Nome e Apelido completo.
    • Título do Libro / Actas en cursiva.
    • No caso de Actas de congreso: lugar e data (entre paréntesis) de celebración do congreso.
    • Lugar de edición da obra.
    • Páxinas do artigo / ponencia / capítulo / comunicación.
      • Exemplo: APELLIDOS, N. 2003. “Título da ponencia”. En N. Apellidos (ed.). Titulo. Actas do congreso.  Lugar e data de celebración (no caso de que sexa congreso).  Lugar  de publicación,  páxinas.
  • · Recensións:
    • Os datos do libro irán en negriña.
    • Apelidos e inicial do autor. (EN MAYÚSCULAS)
    • Título en cursiva.
    • Editorial, lugar de publicación e ano.
    • Páxinas e mención ás ilustracións, mapas,... (se procede).
    • ISBN
    • En tipografía normal, nome e apelidos do autor da recensión.
      • Exemplo: APELLlDOS, N.; Título. Editorial, lugar de edición, ano. 500 p., ilust. ISBN. Nome e apelidos.

9. Os autores recibirán un PDF co seu artigo.

10. A admisión definitiva de orixinais queda condicionada ao cumprimento efectivo destas normas.