Unha lectura restaurativa da fase de investigación do proceso penal de menores: especial referencia á mediación penal
Contido principal do artigo
Resumo
A mediación penal converteuse, nos últimos tempos, en protagonista de gran parte dos debates doutrinais sobre a necesidade de modernizar o sistema de Xustiza penal español.
Con todo, o certo é que a configuración do actual proceso presenta non poucas dificultades para a incorporación da mediación penal. E isto porque, entre outras cuestións, a súa estrutura mantén unha concepción decimonónica, polo debate principio de legalidade-oportunidade, etc.
É por isto que resulta de especial interese o estudo da Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, Lei Orgánica de Responsabilidade Penal dos Menores, tendo en conta que, coa súa aposta por algúns postulados próximos á mediación, se rebaten algúns dos reparos habitualmente esgrimidos para censurar a posíbel incorporación xeneralizada da mediación no proceso penal de adultos.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Cristina Alonso Salgado, S. BARONA VILAR, Mediación penal. Fundamento, fines y régimen jurídico, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011, 382 páxinas , Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela: Vol 20 No 2 (2011)
- Cristina Alonso Salgado, MARTÍN DIZ, F. (Coord.): La mediación en materia de familia y Derecho Penal: estudios y análisis, Andavira, Santiago de Compostela, 2011, 385 pp. , Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela: Vol 21 No 2 (2012)