Resumo

A Sentencia da Audiencia Provincial de Córdoba (SAP Córdoba) de 24 de febreiro de 2021 confirma a de instancia respeto á atribución da garda compartida dunha menor nacida dunha relación non matrimonial, pese á oposición do proxenitor que solicita para sí a garda e custodia, alegando que a discapacidade que padece a proxenitora impídelle coidar da súa filla. Para a Sá non existe conflicto de intereses entre o dereito da menor e o da nai, recoñecido no artico 23 CDPD, pois deixa claro que sempre ten que prevalecer o interese superior da filla menor de idade. Con igual contundencia, resolve que a existencia de discapacidade nun dlos proxenitores tampouco é per se motivo suficiente para negarlle a gardae custodia da menor, senon que hai que valorar en conxunto todas as circunstancias para tomar unha decisión.