Resumo

Os impostos de saída, aínda que poidan estar xustificados validamente na preservación do reparto equilibrado da potestade tributaria entre os Estados membros dentro do contexto de evitar a evasión fiscal, a súa regulación concreta pode ser contraria o dereito comunitario, si vai máis alo do necesario para asegurar as razón de imperioso interese xeral, que lle serven de fundamento. 


Neste traballo de investigación, abordamos certos aspectos da regulación dos impostos de saída previstos na Directiva Antiabuso e na Lei 27/2014 do Imposto sobre Sociedades que resultan contrarias o dereito comunitario, pois non son adecuados, necesarios e as vantaxes introducidas non superas as desvantaxes producidas as restricións que causan as liberdades fundamentais previstas no Dereito Orixinario da Unión Europea.