Quick jump to page content
  • Main Navigation
  • Main Content
  • Sidebar
Agora. Papeles de Filosofía Agora. Papeles de Filosofía
  • Home
  • Current
  • Archives
  • About
    • About the Journal
    • Editorial Team
    • Privacy Statement
    • Contact
  • Submissions
  • rev{USC}
  • Register
  • Login
  1. Home
  2. Archives
  3. Vol. 43 No. 2 (2024)
  4. Editorial

Anos con Agora

Article Sidebar

Main Article Content

  • Luis García Soto+−
Luis García Soto
Facultade de Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0003-2607-3390
Vol. 43 No. 2 (2024), Editorial
https://doi.org/10.15304/ag.43.2.9712
Submitted: 2024-02-08| Published: 2024-02-26
XML (Galician) PDF (Galician)
Soto: ANOS CON AGORA

Sumario

    A nosa experiencia, a de Alejandro Sobrino e a miña, con Agora: Papeles de Filosofía é poliédrica: primeiro, público lector, ou sexa, destinatarios, como público e lectores; despois facer parte do corpo da revista, como membros do consello de redacción, e colaborar como autores, en tempos en que estes estatutos eran compatíbeis; finalmente, integrar a dirección da revista.

    Agora foi fundada polos departamentos de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1980 e publica o seu primeiro número en 1981. Cando me incorporo ao consello de redacción, ao final desa década, xa deu uns firmes primeiros pasos e, aprendendo sobre a marcha, efectuou unha importante reestruturación: dotouse dun regulamento de réxime interno e conta cun consello científico, que asentan e melloran o decorrer da revista. Até aí, publicando un número por ano fora cumprindo satisfactoriamente a súa función inicial: servir de órgano de expresión do que na Facultade se ía traballando en Filosofía, sen descoidar o contexto de Galicia e o mundo filosófico en xeral, en especial o ámbito universitario español.

    Na década de 90, Agora pasará a editar dous números por ano, o que vai representar un considerábel esforzo, sobre todo en termos editoriais, pois na confección da revista o Servizo de Publicacións, que desde o inicio presta unha magnífica colaboración, só intervén no momento final, de impresión, publicación e difusión. Esta circunstancia, paradoxalmente unida á boa acollida académica e á crecente recepción de orixinais, vai afectar á periodicidade e o normal desenvolvemento da publicación, sobre todo coa entrada no século XX, nun entorno cambiante nacional e internacional, con necesidades e urxencias de mudanza e adaptación. Intentámolo entre todos, con maior ou menor acerto, fomos aos poucos achando o camiño e a partir de 2005 conseguiuse endereitar a marcha da revista.

    Nesas datas, incorporeime á dirección, compartida con Marcelino Agís, e con Uxía Rivas e Luis R. Camarero na secretaría. Naquela altura propuxémonos: 1) recuperar o atraso, 2) adaptar a revista aos procedementos e avances en edición ao alcance da USC, 3) transformar a revista nunha publicación acorde cos parámetros académicos e científicos marcados polas axencias de avaliación, tomando como referencia a FECYT, 4) internacionalizar a revista, nos contidos publicados e na súa difusión. Aproximadamente, nuns 5-7 anos atinximos eses obxectivos. Con algúns cambios no equipo, compartindo a dirección con Luis R. Camarero e despois Nel R. Rial, e coa incorporación de Alejandro Sobrino, logramos consolidar eses resultados nos anos seguintes. Nese período, en 2012, Agora deixou de editarse en papel, pasando a ser só dixital. Con esta mudanza incrementouse, intensificouse, a relación co Servizo de Publicacións, nomeadamente co seu director, Juan Blanco e, moi estreitamente, con Enrique Quintáns, un verdadeiro compañeiro nas tarefas de edición da revista.

    A partir de 2016, Alejandro Sobrino e eu, o equipo de dirección, apoiados polo consello de redacción, propuxémonos: 1) continuar e avanzar na modernización e actualización da edición, para conseguir unha mellor e maior difusión, 2) ligando este obxectivo ao coidado e incremento da calidade dos contidos publicados, así como 3) á renovación do parámetros, directrices é órganos (nomeadamente, o consello científico) e 4) ampliar o recoñecemento da calidade da revista, por medio da inclusión en bases de datos e a cualificación por axencias de avaliación. Así, logramos o selo de calidade da FECYT e a incorporación en Scopus. Nesa altura, tamén nos pareceu importante recuperar o espírito inicial e, contrabalancear a apertura e internacionalización consolidadas, coa publicación de artigos e/ou monográficos de persoas integrantes ou procedentes dos estudos de Filosofía da USC.

    Hai un ano, en febreiro de 2023, anunciamos o nosa decisión de non presentarnos á reelección na dirección da revista. Non por non estarmos contentos, senón por considerar que se trataba dun bo momento para a renovación.

    Facer unha revista como Agora é un traballón, mais tamén unha experiencia, na que acaba por intervir moita xente, de comunicación, relación, acción persoal e conxunta, que poden ser, e foron, moi gratificantes. Pola nosa parte, moitas grazas a todas/os cantas/os, nun momento e/ou outro, tedes acompañado este percurso: ás persoas que integraron os equipos directivos (dirección, secretaría e, outrora, administración), os consellos de redacción, o comité científico, ás/os autoras/es e coordinadoras/es de monográficos, ás/os informantes, ás/os apoiantes (proporcionando contactos, dando ideas, fortalecendo ánimos), aos departamentos e a facultade de Filosofía, motores e sustento desta singradura, ao persoal do Servizo de Publicacións e a imprenta universitaria, ás vicerreitorías implicadas e os reitores correspondentes, a toda a xente ao redor, que lendo, comentando, difundindo o publicado contribuíu ao mantemento e dinamización da revista.

    Ah! Pola nosa parte, non nos imos, senón que pasamos, voltamos, a outras caras do poliedro: público lector e, por que non?, outra vez autores.

    Other statistics

    Images

    Most read articles by the same author(s)

    • Luis García Soto, HINKELAMMERT, Franz: Totalitarismo del mercado. El mercado capitalista como ser supremo, Akal, Ciudad de México, 2018, 270p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 38 No. 2 (2019)
    • Luis García Soto, HIERRO, Liborio L.: Los derechos humanos. Una concepción de la justicia, Marcial Pons, Madrid-Barcelona-Buenos Aires-São Paulo, 2016, 279p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 36 No. 2 (2017)
    • Luis García Soto, Miguel Ángel Martínez Quintanar, BRAZ TEIXEIRA, António: A saudade na poesia lusófona africana e outros estudos sobre a saudade, MIL (Movimento Internacional Lusófono) e DG Edições, Linda-a-Velha (Portugal), 2021, 170p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 No. 1 (2022)
    • Luis García Soto, MOLINA, César Antonio: ¿Qué hacemos con los humanos? Por qué los robots, la inteligencia artificial y los algoritmos representan una amenaza para la supervivencia del ser humano, ediciones Deusto, Barcelona, 2023, 381p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 43 No. 2 (2024)
    • Luis García Soto, CASTELAO MEXUTO, Manuel: A Máquina Ousada. Pondal e a literatura, Laiovento, Santiago de Compostela, 2020, 183p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 40 No. 2 (2021)
    • Luis García Soto, SÁDABA, Javier: Ética erótica. Una manera diferente de sentir, Península, Barcelona, 2014, 190p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 33 No. 2 (2014)
    • Luis García Soto, MARINAS, Miguel: El ajá del traductor. Experiencias y versiones, libros de la resistencia, Madrid, 2021, 239p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 No. 2 (2022)
    • Luis García Soto, MONTEIRO, Hugo: Maurice Blanchot. A literatura nos limites nos limites da filosofia, Palimage, Coimbra, 2014, 643p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 34 No. 2 (2015)
    • Luis García Soto, HORTA, Oscar: Un paso adelante en defensa de los animales, Plaza y Valdés, Madrid, 2017, 237p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 38 No. 1 (2019)
    • Luis García Soto, MARTÍNEZ QUINTANAR, Miguel Ángel: Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política, Espiral Maior, A Coruña, 2019, 237p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 39 No. 2 (2020)
    1 2 3 4 5 6 7 8 9 > >> 
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Register
    • Login
    • Idioma / Language / Langage English
      • English
      • Español
      • Galego
    Plum Analytics
    Downloads | Views
    • 1454
      728
    More Read
    • Ética y utopía: la crítica a la filosofía política de Emmanuel Levinas
      635
    • Individualism in Western Society (The homo sapiens in Metropolis)
      349
    • Monstrosity according to G. Canguilhem and M. Foucault. An Approximation to the Biopolitical Monster
      185
    • Metaphysics of Nature in the philosophy of Spinoza: an interpretation of the conatus as the first ontological determination of Natura naturata
      173
    • What is Philosophy? A Critical Response to Gustavo Bueno’s Materialism
      172
    INDEXED/ABSTRACTED IN

    Philosopher's Index, ERIH+, FRANCIS, PIO, ISOC, ULRICH… See more

    PLAGIARISM DETECTION TOOL

    Latest publications
    • Atom logo
    • RSS2 logo
    • RSS1 logo

    Share

    Agora. Papeles de Filosofía

    ISSN 0211-6642 ISSN-e 2174-3347 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Principal Contact agorapap@usc.es Support Contact sepinter@usc.es