Salto rápido al contenido de la página
  • Navegación principal
  • Contenido principal
  • Barra lateral
Agora. Papeles de Filosofía Agora. Papeles de Filosofía
  • Inicio
  • Actual
  • Números anteriores
  • Acerca de
    • Sobre la revista
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidad
    • Contacto
  • Envíos
  • rev{USC}
  • Registrarse
  • Entrar
  1. Inicio
  2. Archivos
  3. Vol. 43 Núm. 2 (2024)
  4. Recensiones

GIL, José: Morte e democracia, Relógio d’Água, Lisboa, 2023, 252p.

Barra lateral del artículo

Contenido principal del artículo

  • Miguel Ángel Martínez Quintanar+−
Miguel Ángel Martínez Quintanar
I.E.S. Anxel Fole, Lugo
Spain
https://orcid.org/0000-0002-1289-2937
Vol. 43 Núm. 2 (2024), Recensiones
https://doi.org/10.15304/ag.43.2.9672
Recibido: 2024-01-17| Publicado: 2024-02-26
XML (Galician) PDF (Galician)
Martínez Quintanar: GIL, José: Morte e democracia, Relógio d’Água, Lisboa, 2023, 252p.

Sumario

    José Gil, catedrático emérito de Filosofía da Universidade Nova de Lisboa, presenta unha reflexión de filosofía política, con tinturas ontolóxicas, metafísicas e éticas, útil para despezar o fenómeno da dominación política no tempo histórico actual e clarexar posibles vías de emancipación. É un texto conceptualmente denso, escrito con destreza e fondura filosófica, con ricas e variadas referencias culturais filosóficas e non filosóficas. Polas súas páxinas desfilan interesantes e innovadoras análises de diversos autores e obras: Bergson, Libro dos Mortos Exipcio, Libro dos Mortos Tibetano (Bardo Thödol), Whitehead, Kleist, Freud (cap. I); Deleuze, Arendt, Agamben, Primo Levi (cap. II); Jean Bottéro, Epopeia de Gilgamesh (cap. III); Carl Schmitt, Rousseau, diálogos Gorxias e Fedón de Platón, Nietzsche, Deleuze (cap. IV); Jean-Pierre Le Goff, Claude Lefort, Pierre Clastres, Malinowski (cap. V); Viciane Despret, Bruno Latour (cap. VI). Con todo, para tirar partido da súa lectura, e comprender o estilo interrogativo, expositivo e analítico do autor, pode resultar práctico ter presente algunhas nocións das preocupacións, e cadro xeral, da filosofía de Deleuze, e dos procedementos analíticos do método fenomenolóxico.

    Morte e democracia xira arredor dos modos como a morte e a inmortalidade se relacionan co poder político. Un asunto acaído ao contexto actual na medida en que, segundo Gil, é perentorio dispoñer dun dispositivo filosófico crítico e creativo para arranxar un pensar emancipador, unha xustiza inmanente e unha ecoloxía da liberdade. Un dispositivo, ou arranxo de pensamento-acción, cuxa finalidade é reforzar e desenvolver a democracia. Escribe o autor: “Interrogando o mundo dos vivos a partir da morte e dos mortos, revela-se a enorme fantasmagoria de que as construções humanas são feitas. Descobre-se a sua génese e a sua finalidade espectrais e a realidade vira-se do avesso: as ideias de ‘mundo’, ‘sociedade’, ‘vida’, ‘direito’, ‘verdade’ ou ‘liberdade’ passam por uma crítica radical que as transforma ou anula. Na senda de Nietzsche, Foucault, Deleuze e tantos outros, exploram-se novos caminhos. Com a noção de espectralidade, procura-se aprofundar um campo aberto por várias investigações recentes” (pp. 17-18).

    A investigación de Gil transcorre por catro grandes momentos temáticos. O capítulo I mostra como dos paradoxos do pensamento da morte se derivan os postulados da inmortalidade da alma, a natureza dos espectros e a noción de abismo. Os capítulos II e III afondan no lazo entre a crenza na inmortalidade e algúns tipos de organizacións políticas, a través da experiencia da morte como experiencia impensable. Os capítulos IV e V establecen as correspondencias entre afectos, formacións políticas e modos de existencia dos mortais, e investigan a raíz da relación política e a inxustiza. O capítulo VI explora a posibilidade de substituír a transcendencia pola inmanencia na práctica política da democracia. En palabras do autor: “No horizonte da investigação esteve sempre presente a dinâmica politica actual, que as democracias conservadoras afrontan constantemente, sob formas novas, por todo o planeta, ressurgências de velhos e fantasmáticos autoritarismos, fascismos e mesmo teocracias. (…). A ideia subjacente a todo livro supõe que as forças que queren a imanencia se encontran reprimidas e encarceradas nas estruturas sociais e políticas estabelecidas, mas, mesmo quando mutiladas ou anestesiadas, tentam irromper das mais variadas maneiras. Assim acontece com a democracia imanente, que, enquanto vocação adormecida e revolucionária, está presente em todo o tipo de democracia” (p. 23).

    Máis polo miúdo, o capítulo I “Paradoxos do pensamento da morte” (pp. 25-70) explica a xénese da imaxe ou fantasma (signo con carga afectiva) que Gil denomina “espectro”. É unha especie de corpo específico, real non imaxinario, creado pola imaxinación corpórea. No esforzo de erguelo a concepto filosófico, Gil recorre á morte.

    A morte traza unha fronteira-límite do pensamento porque máis alá dela non hai nada que experimentar ou pensar. A rotura irreversible entre a vida e a abolición de todo empurra ao pensamento ao bordo dun impensable abismo entre a ausencia de experiencia e o sentido de morrer. Para superalo, os seres humanos inventan, erguen e prolongan a transcendencia e inmortalidade. Da súa man veñen sistemas políticos, e formas de goberno, teocráticos, realezas máxicas, monarquías absolutas, sultanatos e réximes políticos que, xustamente no intre de procurar no divino a lexitimación do seu poder, portan en si todo tipo de desigualdades e inxustizas. Desde este ángulo, Gil estima que a democracia nace, e pode reformularse, coa finalidade de impugnar a transcendencia relixiosa que comporta un estatuto que lexitima a orde política. A inmanencia no político, e da política, trae aparellada igualdade e xustiza, aínda que no plano histórico esta situación aínda estea por acontecer. Os paradoxos do pensamento da morte deben abrir o paso a esta reconstrución do sistema democrático. De este ímpeto político deriva a necesidade de pensar en profundidade a noción, realidade e forza do espectro.

    O espectro pertence á lóxica da construción das imaxes dos outros, nomeadamente os mortos, que volven e actúan, sen cesar, sobre nós. É mostra palpable duna ontoloxía híbrida, cun eixe no nada e co outro no movemento da vida. O espectro é o produto aquilatado dunha proxección asimétrica (a imposibilidade dun ente vivo de encontrar o seu simétrico na morte) e o seu estatuto é paradoxal (non estando no espazo ten figura, non estando no tempo móvese nel). O proceso que o constitúe ten seis momentos: o outro morre; eu proxecto no nada as miñas forzas (de amor, empatía social, etc.); da miña proxección nacerá o espectro (do outro) porque da proxección nada se reflexa e nada retorna; o outro é, polo tanto, aquel que morre e produce un espectro (que contén en si cando está vivo); ese espectro é o foco emisor de forzas de morto que o outro encerra; por causa do devir-outro que sostén a relación social (e a relación de analoxía), eu mesmo encerro virtualmente un espectro (que se actualizará cando morra). Este momentos fan patente como o espectro reflúe a nós como un exceso (porque contén o infinito, tamén unha multiplicidade de espectros de min mesmo e dos outros) e un déficit (porque nada expresa). O espectro funciona como manancial do pensamento da inmortalidade e da xénese da alma inmortal. A produción de espectros (que depende da imaxinación corporal) e a creación de sentido (vinculada ao inconsciente do corpo) traballan, tamén, no eido político: o espectro pode ser empregado para estimular as alucinacións colectivas de tipo negativo e reactivo, ou gañar un estatuto ontolóxico de monumento que insufla afirmación e acción construtiva, propositiva.

    No capítulo II “A experiência da morte e os acontecementos impensáveis” (pp. 71-93) Gil analiza o carácter paradoxal dos acontecementos impensables (morte, alma, coñecemento da subxectividade do outro, entre outros). Malia non admitir definición específica, ocorren no tempo. Gil emprega o concepto “disxunción asimétrica”: coincidencia da experiencia do non-acontecemento absoluto co seu non-sentido. O autor constrúe este concepto tirando partido do que Vladimir Jankélévitch na obra A morte denomina “escándalo fundamental da morte” e do que Jacques Derrida nomea como “disimetría espectral” en Espectros de Marx (exploración tamén presente n’ A vida e a morte, e Aporías). Nesta disxunción entre experiencia e sentido fúndase o exercicio equívoco e diferencial da linguaxe. O pensar despézase e bifurca, diverxendo de maneira incesante, mais sempre preso por un fío ao impensable da morte. A disxunción asimétrica é unha operación e movemento da vida e da morte que condiciona as producións da propia vida. Por exemplo, hai disxunción entre vida e morte cando a morte do outro xorde como acontecemento, ou cando nace a idea da morte do propio suxeito que pensa que vai morrer. A inmortalidade é un modo de existencia. Nela cohabitan vida e morte: subsístese morto e “vivo” ao mesmo tempo. O corpo da inmortalidade é análogo ao corpo-sen-órganos que describen Deleuze e Guattari en Mil Mesetas: plano onde circulan intensidades de todo tipo. A dinámica da espectralidade xera un sistema de fluxos e refluxos de imaxes que edifican sistemas culturais, de goberno, inclusive de convivencia. A espectropolítica tira da inmortalidade plusvalías para a gobernación non democrática porque o espectro comporta unha enerxía específica que liga o defunto aos vivos e mantén unha certa presenza do morto no tempo cotiá. Esta enerxía é medio, atmosfera e mediación que sostén (contén, sustenta) aos vivos cunha presenza particular dos mortos. A espectralidade é unha condición que permite que permite pensar a morte real e, simultaneamente, percibir o ser humano, os seres vivos e o mundo. Condición que os sistemas políticos poden aproveitar para reorientala, inhibila, potenciala: tirar plusvalía da inmortalidade.

    No capítulo III “Os espectros e a política” (pp. 95-126), Gil describe como o pensamento transforma a morte-nada en morte-acontecemento. A crenza na inmortalidade fai xurdir espectros que concentran, absorben e emiten forzas. O vínculo social ciméntase nesta proxección de forzas afectivas. Por exemplo, as forzas socio-afectivas dos neofascismos populistas non se expresan da mesma maneira que as que animan un artista e, inclusive, un intelectual. A súa carga destrutiva sobreponse á pulsión creadora. Cando unha forza encontra un obstáculo pode transformalo en medio de expresión (arte, amor, humor). Mais, pode someterse a el, obedecer ao impulso que a subxuga (totalitarismo, fascismo, sadismo, masoquismo). Aquí a forza retorna a si, o seu impulso diminúe, fica absorbida pola forza dun líder (ou dunha elite). Unha das maneiras de captar a forza dos mortos para encarnalos en espectros é apropiarse do cadáver. Este xesto garante a acumulación de capital espectral: coa forza dos mortos xérase un plus-valor de poder nos vivos. A espectropolítica deshumanizadora usa mortos-espectros. Pola contra, os mortos-monumentos intégranse na estabilidade da tradición. Sucesos, ideais, feitos, tamén poden tornarse espectros. Segundo Gil, a relación da política cos mortos define o tempo actual. A diferenza da democracia con outras formas de goberno está na xeración, ou non, de transcendencias: dar aos espectros repouso, nome, enxerilos na historia, ou deixalos no caos do vagar sen fin que ameaza e vixía aos vivos. Na democracia os espectros son emblemas dadores de vida, mais no fascismo son devires homicidas. A xestión fascista, totalitaria, teocrática, da inmortalidade, ergue transcendencias que producen desigualdades, inxustizas.

    O capítulo IV “Justiça, imortalidade e finitude” (pp. 127-172) examina a posibilidade de construír sociedades sen crenza na inmortalidade. Sociedades nas que os poderes políticos son inmanentes ao elos sociais, aos seus vínculos. Gil revisa o desexo actual de inmortalidade: fe na invulnerabilidade da existencia presente que debe, por isto mesmo, prolongarse, estenderse para e no futuro. O autopeche e autocompracencia reforzan este desexo, potenciado pola acción do Estado que contribúe a que o individuo queira todo para si en detrimento do outro. A inxustiza xermola deste corte das relacións na inmanencia. Para Gil, a ecoloxía da liberdade restablece a xustiza: o equilibrio das relacións inmanentes que vinculan o individuo a outros, e a todos coa natureza. Esta ecoloxía da liberdade apóiase na experiencia (con frecuencia non expresada e, ás veces, inexpresable) da finitude: todos morremos, ninguén é inmortal. Deste xeito a rivalidade (grávida de hybris) fica impugnada.

    O capítulo V “Totalitarismo e imanência” (pp. 173-200) pregunta: é posible a xustiza? Segundo Gil, o poder político debe ser inmanente á sociedade e, nesta dirección, o sistema que máis se aproxima a este deber ser é a democracia. O novo totalitarismo ten rostros variados: modernización, dixitalización, avaliación continuada de competencias. A inmanencia tende a converterse en transcendencia, o individuo libre e singular se envorca na indiferenza da homoxeneidade e resulta capturado por máquinas sociais, administrativas, ideolóxicas. Para Gil, a “democracia inmanente” é o medio no que circulan afectos intensivos dun xeito real, non simbólico, non imaxinario. Tampouco alucinatorio, delirante. A democracia inmanente extrae dos afectos intensivos impulso para vivir (sen resentimento) e actuar (esquivando acción negativas, reactivas). A democracia inmanente ten máquinas de conversión da transcendencia en inmanencia. Gil analiza dúas: xustiza e eloxio. Por exemplo, no fascismo o eloxio recorda os mortos para soltalos e encarnalos en homes-espectros ao servizo do líder. Nas democracias conservadoras elóxianse os mortos homenaxeándoos para tirar deles enerxía que falta. Na democracia inmanente o eloxio dos mortos reforza a espectralidade e igualdade dos vivos, o plano que vincula sociedade e poder político e no que, con liberdade de creación, circulan as forzas.

    O capítulo VI “Espectralidade e imanência” (pp. 201-232) resalta a importancia da enerxía espectral que serve para mellorar a saúde da vida social e individual. Os mortos forman parte inequívoca, ineludible e inexorable da comunidade dos vivos. Os mortos e os corpos dos vivos constrúen o plano de inmanencia da democracia. Destruír o pasado, forma inequívoca de fascismo, o único que achega é o retorno reactivo e mórbido das transcendencias. Porén, un pasado no que a espectralidade dos mortos favorece a creación do presente e futuro xustos, é tarefa por facer, por construír. O corpo vivo transforma a intensidade espectral en enerxía vital creadora de tipo saudable. O corpo vivo, como disxunción asimétrica, ten a potencia de dislocar códigos e recodificar signos, incluída a Terra como feixe de forzas que atravesa os humanos e os fai vivir (nos varios sentidos edificantes que pode cobrar este “vivir”). O anexo “Sobre os velhos e a velhice” (pp. 233-245) é un exemplo de como transformar a sociedade para que a pura existencia (entendida como creación vitalista, non como produción de nadas) poida lograr o mesmo valor en todas as persoas, sexa cal for a súa idade biolóxica.

    En suma, este suxestivo e documentado ensaio de Gil é unha achega filosófica conceptual, razoada e fundamentada, que serve para deitar unha potente luz na relación, sempre problemática, en continuo desprazamento, entre o político e o espectral, a dimensión dos mortos e a terra dos vivos, de tal xeito que, baixo esa luz, autoritarismos, fascismos e teocracias revelan o seu funcionamento como aparellos de captura que codifican e recodifican, borran e inscriben, cortan fluxos e insiren fluxos, expulsan e imantan, esas forzas que no plano intermediario (entre vida e morte, experiencia e sentido, silencio e palabra) son xénese (estática e dinámica) de calquera ontoloxía e política. Gil mostra con agudeza e pericia filosófica como o estudo desta dimensión espectral é fundamental para a filosofía actual na medida en que esta se concibe a si mesma a partir de dúas tarefas: despexar a xénese do ser actual e, con isto, liberar as forzas dunha pluralidade virtual sempre en transo de actualizarse. Por outras palabras, a filosofía entendida como creación, crítica e emancipación. Sen máis, e sobre todo.

    Otros datos estadísticos

    Imágenes

    Artículos más leídos del mismo autor/a

    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, Filosofía, institución, enseñanza. Perspectivas filosóficas contemporáneas , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 37 Núm. 1 (2018)
    • Luis García Soto, Miguel Ángel Martínez Quintanar, BRAZ TEIXEIRA, António: A saudade na poesia lusófona africana e outros estudos sobre a saudade, MIL (Movimento Internacional Lusófono) e DG Edições, Linda-a-Velha (Portugal), 2021, 170p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 Núm. 1 (2022)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, BRAZ TEIXEIRA, António; NATÁRIO, Maria Celeste; CUNHA, Jorge; EPIFÂNIO, Renato (coords.): Sobre a saudade. VI Colóquio Luso-Galaico: em homenagem a Andrés Torres Queiruga, Zéfiro, Sintra, 2018, 296p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 40 Núm. 2 (2021)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, DOMINGO MORATALLA, Tomás; FEITO GRANDE, Lydia: Bioética narrativa, Guillermo Escolar Editor, Madrid, 2020, 2ª edición, 199p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 40 Núm. 2 (2021)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, SOTO, Luís G.: O camiño dos faros. Diario de viaxe, Edicións Espiral Maior, Colección Baldaio, Carballo, 2023, 220p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 43 Núm. 2 (2024)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, SOTO, Luís G. & ROCA, Tareixa: Carvalho sempre. Alustres de vida e obra, Espiral Maior, A Coruña, 2020, 147p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 40 Núm. 2 (2021)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, NUSSBAUM, Martha C.: "Sin fines de lucro. Por qué la democracia necesita de las humanidades", trad. cast. María Victoria Rodil, Katz Editores, Madrid, 2010, 199p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 32 Núm. 2 (2013)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, TOMÁS CÁMARA, Dulcinea (comp.): Covidosofía. Reflexiones filosóficas para el mundo pospandemia, Paidós, Barcelona, 2020, 502p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 Núm. 2 (2022)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, GONZÁLEZ HINOJOSA, Andrés & PÉREZ SANTANA, Laura Elizabeth: Gerardo Rodríguez Casas y José Blanco Regueira. Dos luces ausentes del quehacer filosófico en México, Universidad Autónoma del Estado de México, Toluca, México, 2019, 107p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 41 Núm. 2 (2022)
    • Miguel Ángel Martínez Quintanar, MARTÍNEZ, Francisco José: Pensar hoy: Una ontología del presente, Amargord Ediciones, Colmenar Viejo (Madrid), 2015, 335p. , Agora. Papeles de Filosofía: Vol. 35 Núm. 2 (2016)
    1 2 3 4 > >> 
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Registrarse
    • Entrar
    • Idioma / Language / Langage Español
      • English
      • Español
      • Galego
    Plum Analytics
    Descargas | Visualizaciones
    • 2164
      1717
    Más Leidos
    • ALTRUISMO EFICAZ Y APLICACIÓN DE PRINCIPIOS ÉTICOS: UNA OPORTUNIDAD PARA LA EDUCACIÓN PARA LA CIUDADANÍA GLOBAL EN LA UNIVERSIDAD
      302
    • DEMOCRACIA, COOPERACIÓN Y CONFLICTO. JOHN DEWEY EN LA FILOSOFÍA POLÍTICA DE AXEL HONNETH
      264
    • SOBRINO, Alejandro: Lenguajes formales y autómatas, USC Editora, Santiago de Compostela, 2023, 217p.
      256
    • LEWIS, Holly: La política de todes. Feminismo, teoría queer y marxismo en la intersección, tradución de Javier Sáez del Álamo, Edicions Bellaterra, Barcelona, 2020, 323p.
      236
    • COMUNIDAD MUNDANA Y COMUNIDAD DE SANGRE EN LA ESTRELLA DE LA REDENCIÓN: UNA APROXIMACIÓN CRÍTICA DESDE LA ANTROPOLOGÍA POLÍTICA DE HELMUTH PLESSNER
      233
    INDIZADA EN

    Philosopher's Index, ERIH+, FRANCIS, PIO, ISOC, ULRICH… ver más

    HERRAMIENTA ANTIPLAGIO

    Número actual
    • Logo Atom
    • Logo RSS2
    • Logo RSS1

    Compartir

    Agora. Papeles de Filosofía

    ISSN 0211-6642 ISSN-e 2174-3347 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Contacto principal agorapap@usc.es Contacto de soporte sepinter@usc.es
    Owner: SONIC

    https://ljmas.com/

    TOTO 4D

    https://bakmigm.org/

    https://bsdcity.org/

    https://prediksikelangit.com/

    https://mastermayora.org/

    https://informamarketsorl.org/

    NANA4D/

    NANA4D/

    https://pandas-pasca.unpak.ac.id/index.php/pandas

    NANA4D

    toto 4dr

    toto 4d

    toto 4d

    https://informamarketsorl.org/

    https://internationaljournal-lij.de/

    https://uhhospiitals.com/

    link gacor/

    nana4dcom/

    toto 4d

    toto 4d

    Slot88

    https://careertechresearch.org/

    link gacor

    https://pandas-pasca.unpak.ac.id/

    https://binahinvestigacion.com/

    https://rtpgacorcuan.com/

    https://journal.salahuddinal-ayyubi.com/

    https://www.isl-journal.com/

    http://www.publication.pumhs.edu.pk/

    SLOT777

    situs gacor

    situs gacor

    TOTO 4D

    SLOT777

    https://citizen-science-1ocean.zooreach.org/

    https://pisupplies.ca/

    SLOT777

    SLOT777

    https://www.quimiagro.com/

    https://innovailuminadecora.com/

    https://mantaroconsultoria.com/

    https://www.aprendokaizen.com/

    https://ceyma-peru.com/

    https://zafira-jd.com/

    https://directosinexcusas.org.pe/

    slot thailand

    https://voradaoptometry.com/

    https://adi.org.mx/

    https://kisumutvetlms.ac.ke/

    https://nana4dpaten.com/

    https://nana4dmart.com/

    https://nana4dbeast.org/

    https://bpjs-ketenagakerjaan.org

    https://iain-bone.id

    https://jakartafairprj.com

    https://jakartafairprj.org

    https://primayahospital.org

    https://samsatdigital.org

    https://unipas.org

    https://universitytelkom.id

    https://inspektorat.karangasemkab.go.id/

    NANA4D

    NANA4D

    https://www.fairplay.com.tr/

    https://reiguatemala.org/

    https://medline-plus.org/

    https://iainptk.com/

    https://uinsi.org/

    https://fkip-unila.org/

    http://huntington.pl/

    https://longbeach-dentist.com/

    TOTO SLOT

    https://realtimeuk.com/

    https://koohestanco.com/

    https://bois-de-chartreuse.fr/

    https://pamsimas.unsiq.ac.id/

    NANA4D

    https://revistas.unadqtc.edu.pe/

    https://sigap.pekalongankab.go.id/

    https://verisis.hacettepe.edu.tr/

    https://pms.hacettepe.edu.tr/

    NANA4D

    NANA4D

    https://shs.mnu.ac.ke/

    https://mnu.ac.ke/

    NANA4D

    https://www.tiredearth.com/

    NANA4D

    TOTO 4D

    https://plataforma.educacionlasflores.gob.ar/

    https://site.oatibaiense.com.br/

    https://blog.salakhospitality.com/

    https://boules-maisdon.sportsontheweb.net/

    Owner: MR.Cemong

    https://pushyparent.com/

    https://fabaojia.com/

    https://vivejava.com/

    https://elqado.com/

    https://maxstarmachinery.com/

    https://navigator-exchange.org/

    https://emeryasphaltservices.com/

    https://eng-eng-nunerve.com/

    https://justicepublishers.com/

    https://hirotoind.com/

    https://mudrasys.com/

    https://bimiki-ejournal.com/

    https://jeagbs.com/

    https://elearning.stkip-pgrispg.ac.id/

    https://literatiacendekia.com

    https://gssj.org/

    https://jaib-journal.com

    https://jccda.com/

    https://amyleejournal.com/

    https://e-journal.subululihsan.org/

    https://pusdikrapublishing.com/

    https://aksaraakademiaid.com/

    https://pedagogik.fun/

    https://www.jurnal-codeinassyifa.com/

    https://journal.ainamediabaswara.com/

    https://journal.ojsexpert.com/

    https://igpubs.com/

    https://ajotre.org/

    https://ijsscs.com/index.php/journal/index

    https://smsamsjournals.in/

    https://pamil.org.ph/

    https://igpubs.com/

    https://ijeres.org/

    https://tuijll.af/

    https://www.onlinejandl.com

    https://eijmr.org/

    https://cavemarkpublications.com/

    https://literaryjournal.in/

    jharkhandfisheries.org

    https://igpubs.com/

    https://rgc.edu.in/

    https://rokokbetdunia.live

    https://rokokbetnada.live

    https://rokokbetmobil.live

    https://rokokbetpiala.live

    https://dahuasecurity.org/

    https://www.agungpodomoro.org/

    https://cigaraficionado.id/

    https://indahkiat.org/

    https://generasimaju.net/

    https://barito-pacific.id/

    https://sinarjayagroup.org/

    https://pamjaya.org/

    https://indomilk.org/

    https://primecareclinic.id/

    https://nusarayacipta.org/

    https://dailynewsblog.org/

    https://tip4dpro.org

    https://tip4dplus.xyz/

    https://tip4dplus.com/

    https://tip4dmax.us

    https://tip4dgacor.it.com/

    https://tip4d.us.org/

    https://tip4dhasil.com/

    https://tip4dmantap.com/

    https://tip4dpagi.com/

    https://tip4dselalu.com/

    https://tip4dsukses.com/

    https://tip4dterang.com/

    https://tip4dpro.it.com/

    https://senadimu.potensi-utama.org/

    https://upu-journal.potensi-utama.org/

    https://journal-abdimas.potensi-utama.org/

    https://chelwesthospital.com/

    https://latorredelsolresort.com/

    nota4d

    nota4d

    https://journals.knute.edu.ua/

    https://journals.knute.edu.ua/scientia-fructuosa

    https://journals.knute.edu.ua/commodities-and-markets

    https://journals.knute.edu.ua/foreign-trade

    https://revistaneurociencias.com

    https://penerbit.ukwms.ac.id/

    https://ojs.irgups.ru/

    http://smj.ismu.baikal.ru/

    https://www.degenere-journal.it/

    http://ojs.iajournals.cn/

    https://revistas.ensad.edu.pe

    https://revista.feylibertad.org/

    https://feylibertad.org/

    https://www.cide.education/

    https://www.cide.education/docencia-maestrias/

    https://www.cide.education/que-es-el-cide/

    https://www.cide.education/docencia-licenciaturas/

    https://potensi-utama.com/

    https://potensi-utama.com/akreditasi

    https://potensi-utama.com/berita/

    https://potensi-utama.com/pengumuman/

    https://potensi-utama.com/pengabdian-masyarakat/

    https://padmaresortlegian.org/

    https://merdekacopper.id/

    https://merdekacopper.id/bisnis-kami/tambang-emas-tujuh-bukit/

    https://merdekacopper.id/investor/laporan/

    https://merdekacopper.id/pt-merdeka-gold-resources-tbk-himpun-dana-rp466-triliun/

    https://www.bluebirdtransport.org/

    https://www.bluebirdtransport.org/contact-us

    https://www.bluebirdtransport.org/product/taxi-service

    https://www.bluebirdtransport.org/bigbird-jakarta

    https://www.wismilaksigaret.org/

    https://www.wismilaksigaret.org/id/produk-kami/

    https://www.wismilaksigaret.org/en/produk-kami/

    https://www.wismilaksigaret.org/id/tentang-kami/pimpinan-perusahaan/

    https://www.wismilaksigaret.org/id/bisnis-kami/

    https://blrjournal.rosdalina.id/

    https://rosdalina.id/