Contido principal do artigo

Margarita Basanta Alves
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Carmen Martínez Gómez
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Juan García Duro
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Xosé Manoel Pesqueira Cameselle
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Otilia Reyes Ferreira
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Mercedes Casal Jiménez
Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol 22 (2015), Artigos científicos
Recibido: 06-02-2015 Aceptado: 04-05-2015 Publicado: 11-05-2015
Copyright Como citar

Resumo

Os incendios forestais son un grave problema no tocante á diversidade da comunidade vexetal, e son pouco coñecidas as alteracións que producen nos bosques caducifolios temperados. O obxectivo deste traballo foi determinar ditos efectos sobre a diversidade e a estrutura da comunidade vexetal da fraga no Parque Natural “Fragas do Eume”, producidos polo incendio de 2012. En 16 mostras de Fragas Control e en 16 de Fragas Queimadas, estudáronse un ano despois do incendio diferentes variables estruturais da vexetación, de especies fanerógamas e pteridófitas, e logo obtivéronse diversas medidas de diversidade e de grupos de especies segundo características ecolóxicas. Os resultados obtidos amosan que non houbo cambios significativos en canto á diversidade vexetal entre Fragas Control e Queimadas, nin entrada de especies invasoras, e sí houbo en certas variables estruturais. A vexetación do ecosistema de bosque mixto do Parque Natural Fragas do Eume recuperouse con rapidez tras o incendio acontecido,  pola súa alta resiliencia e tamén  pola época en que aconteceu o incendio.

 

Detalles do artigo