Acerca do Xornal
Temática e alcance
NACC: Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) é unha revista de carácter anual que publica traballos orixinais e inéditos de investigación, en forma de artigos e notas, sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía. Enténdese por artigo o traballo científico cuxa extensión é superior a catro páxinas de revista e está articulado en apartados. As notas son traballos non articulados en apartados, cunha extensión inferior a cinco páxinas e poden levar ilustracións.
Ademais a revista publica, nas súas correspondentes seccións, traballos de divulgación, recensións de libros e todas aquelas noticias de carácter científico que sexan consideradas de interese polo Comité Editorial. Os traballos de divulgación non terán que cinguirse forzosamente aos campos científicos anteriormente mencionados, senón que poderán referirse tamén a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.
Proceso de revisión por pares
Os traballos presentados a Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) serán sometidos á avaliación confidencial de dous revisores anónimos (sistema de dobre anonimato autor/revisor) designados polo Comité Editorial, que poderá considerar tamén a elección de revisores suxeridos polo propio autor. Nos casos de discrepancia recorrerase á intervención dun terceiro avaliador. Finalmente corresponderá ao Comité Editorial a decisión sobre a aceptación do traballo.
En caso de non ser aceptado para a súa edición, o orixinal será devolto ao seu autor, xunto cos ditames emitidos polos avaliadores. En calquera caso, os orixinais que non se ateñan estritamente ás instrucións que se indican a continuación, serán devoltos aos autores para a súa corrección, antes do seu envío aos avaliadores.
Frecuencia de publicación
Anual. Os artigos vanse publicando a medida que están preparados para publicación, engadíndoos á táboa de contidos do volume en curso.
Política de acceso aberto
NACC facilita o acceso sen restricións a todo o seu contido.
A publicación non ten ningún custo para os autores.
Indexada en
A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en Agris, Biosis Preview, Zoological Records, ESCI, Algology Mycology and Protozoology Abstracts (Microbiology C) (Selectivo), Biological Sciences (Selectivo), Environmental Sciences and Pollution Management (Selectivo), Water Resources Abstracts (Online) (Selectivo), Inter. Inform. System for the Agricult. Sciences and Techonology (Italia),Fuente Academica Premier, TOC Premier, ICYT, DIALNET, COMPLUDOC, REDIB.
Exención de responsabilidade
NACC non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas.
O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
Formulario de avaliación
Directrices éticas
A publicación de artigos científicos involucra varios axentes, entre os cales se atopan a editorial, a dirección da revista, os avaliadores dos traballos e os autores. De cada un deles espérase unha conduta ética referida a uns principios, na nosa revista inspirados parcialmente nos que proporciona o Committee on Publication Ethics (COPE) Best Practice Guidelines.
Editorial
A editorial proporciona asistencia e apoio técnico á dirección da revista no uso da plataforma web, e mantén o software actualizado e en condicións de facilitar o proceso de envío, avaliación e publicación dos traballos. Colabora tamén coa dirección da revista na súa indexación e na facilitación de información sobre aqueles requisitos que contribúan a un mellor posicionamento da mesma nas clasificacións ao uso. En xeral, axuda ao incremento da calidade editorial da revista e á súa mellor e maior visibilización, internacionalización e impacto.
Dirección da revista
A dirección da revista asegura que os manuscritos enviados son avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido intelectual, sen ter en conta a raza, xénero, orientación sexual, crenza relixiosa, adscrición política ou escola filosófica dos autores. Garante a confidencialidade dos traballos, non revelando a identidade dos mesmos a outros actores que non sexan os membros autorizados da editorial, os avaliadores potenciais, os avaliadores efectivos ou ao consello de redacción da revista. A dirección da revista pode declinar a publicación dun traballo por non cumprir este os requisitos formais esixidos ou por tratar unha temática allea ao seu ámbito. Debe comunicar, dentro dos prazos establecidos, unha vez vistos os informes dos avaliadores e ouvido o consello de redacción, a aceptación ou o rexeitamento dos traballos presentados.
Avaliadores
Os avaliadores deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista. O informe de avaliación debe ser obxectivo e debe expresarse de maneira razoada e clara. Debe evitar alusións ad hominen, ofensivas ou humillantes e os comentarios deben perseguir a mellora do traballo. Os manuscritos recibidos deben ser tratados como documentos confidenciais e o seu contido non pode ser usado en traballos propios. Os avaliadores deben rexeitar avaliar artigos cando exista algún conflito de interese resultante dunha eventual relación, pasada ou presente, cos autores do traballo ou coas institucións das cales estes dependan.
Autores
Os autores deben enviar traballos que presenten unha investigación orixinal sobre un tema claramente identificábel e non previamente publicado. Non deben enviar traballos que inclúan unha parte substancial doutros xa publicados. Os traballos deben redactarse de modo que poidan ser comprendidos ou replicados polos avaliadores. Se se usaren ideas doutros, deben ser claramente referenciadas; o plaxio é unha conduta inaceptábel e a súa detección implica o arquivo do traballo ou a súa retirada da páxina web, se estivese xa publicado. En caso de coautoría, son autores dun traballo todos os que contribúen significativamente ao mesmo; cada autor debería ser capaz de identificar as partes do traballo de que son responsábeis os outros coautores e debe gardar confidencialidade dos diversos contidos até que o artigo sexa publicado. O envío simultáneo do traballo a outra ou outras revistas é condición suficiente para o seu arquivo. Se no proceso de edición os autores descobren erros ou impropiedades no seu traballo, comunicarano coa maior celeridade ao director da revista, e colaborarán na súa subsanación. Os autores deberán facer constar o posíbel conflito de intereses entre as conclusións do seu traballo e as fontes de financiamento do mesmo.
Estas directrices están en consonancia co código ético da Universidade de Santiago de Compostela, editora da revista: https://www.usc.es/gl/goberno/valedor/codigoetico/CodigoEtico.html
Política de preservación de arquivos dixitais
Esta revista desenvolve diversos procesos destinados a garantir a accesibilidade permanente dos obxectos dixitais que alberga nos seus propios servidores:
- Copias de seguridade.
- Seguimento da contorna tecnolóxica para prever posibles migracións de formatos ou software obsoletos.
- Metadatos de preservación dixital.
- Utilización de DOI.
Os arquivos publicados nesta páxina web están dispoñibles en formatos facilmente reproducibles.
Protocolos de interoperabilidade
NACC proporciona unha interface OAI-PMH (Open Arquives Initiative Protocol for Metadata Harvesting) que permite que outros portais e servizos de información poidan acceder aos metadatos dos contidos publicados.
Especificacións:
OAI-PMH Protocol Version 2.0
Dublin Core Metadata 1.1
Ruta para os colleitadores:
https://revistas.usc.gal/index.php/nacc/oai
Historia
Nova Acta Científica Compostelana (NACC) é unha revista dá Universidade de Santiago de Compostela, resultado dá renovación da antiga revista científicas "Acta Científica Compostelana" (1964-1986), dedicada ás principais áreas científicas dás Ciencias Exactas e ás Ciencias Biolóxicas.
O crecemento progresivo dá Universidade de Santiago fixo que "Acta Científica Compostelana" se diversificase cada vez mais, acollendo nas súas páxinas as máis variadas especialidades das áreas de Química, Matemáticas, Bioloxía, Farmacia, Medicina e Física. Esta extraordinaria diversificación aconsellou en 1986 unha reformulación da mesma, coa cal pretendíase estrutura en formato de seccións ás distintas áreas científicas mencionadas.
Foi así que, despois dunha pausa de tres anos (1987-1989), en 1990, foi lanzado o primeiro volume de "Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía)", un xornal de fusión, que non só incorporou a grande área dás Ciencias Biolóxicas dá antiga "Acta Científica Compostelana", senón que tamén integrou a outra revista dá Universidade de Santiago, do mesmo campo científico, "Trabajos compostelanos de Biología" (1971-1986). Esta revista, dirixida nos seus últimos anos (1982-1987) polo Prof. Xesús Izco Sevillano, nacera co obxectivo específico de facilitar a investigación realizada polos Departamentos dás Facultades de Ciencias e Farmacia da USC.
Por máis de 20 anos (1990-2011), de forma continua e con periodicidade anual, grazas ao liderado, empeño e dedicación do Prof. José Luis Perez-Cirera López-Niño e os seus diferentes equipos editoriais, “Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía)” foi un vehículo de divulgación e fonte de información para investigadores dás diferentes áreas do campo dá bioloxía. Agora, en 2012, como xa acontecera coa "Acta Científica Compostelana", fíxose necesario unha reestruturación dá mesma, na mesma dirección, é dicir, restrinxindo de novo ás especialidades que constitúen as súas áreas temáticas.
Os directores, con base na traxectoria máis recente da revista, decidiron delimitar o ámbito de interese a investigación nas áreas da biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía. Ademais, consonte a tradición dá antiga "Acta Científica Compostelana", queremos rescatar o seu papel dentro da divulgación científica, convencidos de que é principalmente os científicos, a quen atase principalmente esta tarefa.
Todo isto ocorre en circunstancias difíciles para o mundo editorial, e xusto no momento que a nosa Universidade, en liña coas dificultades económicas e ás novas tendencias editoriais, apostou decididamente polo formato dixital e a filosofía do acceso aberto ao coñecemento. Estámonos convencidos de que é unha boa aposta e confiamos en que a nosa revista vai continuar durante moitos anos co seu importante papel, para o que o equipo editorial, que agora asume esta responsabilidade, non vai regatear esforzos.