Distribución de Spiranthes spiralis (L.) Chevall (Orchidaceae) en Galicia (NO de España): Análise de parámetros ambientais
Contenido principal del artículo
Resumen
Spiranthes spiralis é unha orquídea considerada común en Europa pero que nos últimos anos sufriu unha importante regresión. Os obxectivos deste estudo foron analizar o estado das poboacións galegas de S. spiralis, caracterizar as condicións ambientais nas que se desenvolve e identificar posibles reservorios da especie. Para acadalos comparáronse os datos previos publicados coa nova información existente nos herbarios oficiais (SANT e MA), exploráronse novas áreas e elaboráronse os mapas de distribución das poboacións con respecto a distintas variables ambientais (T media anual, precipitacións e tipo de solo). Nas prospeccións realizadas atopáronse 20 poboacións novas (40% do total) en 13 concellos distintos. Aproximadamente o 70% das poboacións medran en áreas onde a temperatura media anual é de 15,0 ºC e as precipitacións anuais superiores a 1300 mm. Os resultados obtidos indican que aínda que aumentou o número de poboacions de S. spiralis en Galicia o tamaño poboacional observado e os tipos de hábitat nos que a especie se desenvolve requiren un estudo a máis longo plazo no que sería necesaria a realización de análises xenéticas para estabelecer o grado de conservación da especie en Galicia.
Descargas
Detalles del artículo
Artículos más leídos del mismo autor/a
- Elvira Sahuquillo Balbuena, Dos interesantes aportaciones para la Flora de Galicia (N.O. Península Ibérica) , Nova Acta Científica Compostelana: Vol. 29 (2022)
