Asentamentos fortificados no interior da Gallaecia en época tardoimperial e sueva (séc. IV-VI): Un achegamento a partir de varios casos de estudo
Contenido principal del artículo
Resumen
Neste artigo presentamos os principais resultado dos traballos arqueolóxicos realizados nunha serie de asentamentos fortificados situados no sueste da Galiza. Estes, coñecidos na historiografía, levaban tempo, porén, requirindo unha revisión arqueolóxica en profundidade debido á fragmentación dos dados sobre eles. Esta incluíu unha caracterización morfolóxica do sitio e unha análise da materialidade depositada nos museos de referencia. Mentres que a realidade da aparición dunha paisaxe fortificada na época pos-romana en lugares tan próximos como o Val do Douro, por exemplo, é algo asumido, para a historiografía galega esta realidade é algo descoñecido ou excluído. Ao longo deste texto pretendemos profundar no coñecemento existente arredor desta paisaxe fortificada para a Gallaecia, reformulando algunhas das principais hipóteses historiográficas para este período.