Vol. 31 (2012), Artículos
Recibido: 25-03-2013
Aceptado: 25-03-2013
Neste traballo levaremos a cabo unha lectura historiográfica das diferentes aproximacións vertidas pola investigación arqueolóxica relativas á existencia de “continuidades” e “rupturas” ao longo do proceso de abandono dos castros. Por outra banda, pretendemos chamar a atención sobre a necesidade de revisar os termos de “continuidade e cambio”, de tal xeito que, ademais de superar o binomio de posturas formado por “rupturistas” e “continuistas”, nos permita reflexionar sobre o peso e a presenza, trala integración do Noroeste no ámbito doImperio, de realidades e tradicións locais anteriores.
Continuidade, Cambio, Ruptura, Castro, Postcolonialismo, Hibridación, Idade do Ferro, Alta Idade Media