Contido principal do artigo

2 Mila Maldonado
Fundación Carolina
España
https://orcid.org/0000-0001-8683-7255
Biografía
2
Fundación Carolina
España
Biografía
Vol 23 No 1 (2024): Revista RIPS, Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/rips.23.1.9868
Recibido: 16-04-2024 Aceptado: 25-04-2024 Publicado: 27-06-2024
Copyright Como citar Citado por

Resumo

O presente artigo examina a relación da inmigración e a seguridade coa satisfacción coa democracia dos países andinos: Bolivia, Colombia, #Ecuador, e Perú. Se parte dunha metodoloxía cuantitativa con base nos datos do Latinobarómetro 2023 que contempla dúas etapas: a primeira, baseada en estatística descritiva; e a segunda, que comprende un modelo de regresión loxística binaria. Analizáronse as percepcións dos países andinos en canto a: satisfacción coa democracia (por baixo da media rexional); inmigración (vista como prexudicial e que causa o aumento do crime); e os tipos de violencia e a preocupación por esta (nas rúas e moita preocupación). Logo de realizar un modelo estatístico de regresión loxística binaria obtivéronse como principais resultados: relevancia estatística de l4 variables independentes (das 295 probadas) agrupadas en factores a) económicos e sociais, b) factores institucionais e de política doméstica, c) factores de seguridade, e d) factores de política exterior. Como principal conclusión afírmase que a inmigración e a inseguridade están na base da satisfacción coa democracia dos países andinos.