Declaración de privacidade
De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos recompilados serán incorporados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento do “Servizo de Publicacións e Intercambio Científico” coa finalidade da xestión dos autores e/ou xestores e usuarios das obras monográficas e revistas editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
O órgano responsable de devandito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela con domicilio social na Praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela.
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da USC
Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.
No caso de non facilitar o consentimento, os datos non serán tratados, pero non se lle poderá ofertar o servizo.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para o que foron recompilados, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables.
Enquisas e cuestionarios. As enquisas de investigación defínense coma os procesos de realización de investigacións empregando cuestionarios que se envían a persoas enquisadas. Os datos recompilados das enquisas analizaranse estatisticamente para sacar conclusións de investigación significativas.
A Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais obriga a cumprir unha serie de requisitos para poder recoller datos ou opinións de terceiras persoas.
Se se trata dunha enquisa de datos persoais na que se solicita información que permite identificar aos participantes, debe obterse o consentimento explícito do enquisado. Isto pódese facer facilmente inserindo unha pregunta ao comezo da enquisa que explique o tipo de datos que se recompilarán e para que se utilizarán. Se os enquisados aceptan proporcionar a información, poden continuar participando na enquisa. Se non dan o seu consentimento, poden enviarse ao final do cuestionario onde agradecerlles o seu tempo.
Se se realiza unha enquisa de forma anónima sen facer referencia aos datos de carácter persoal o Regulamento UE 2016/679 de protección de datos non se aplica.
En caso de tratar datos persoais dos enquisados, deben cumprise todas as esixencias contidas no Regulamento UE 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos.
Ver a política de protección de datos de carácter persoal da USC
