Contido principal do artigo

Bruno Blanco-Varela
Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-5319-6578
María del Carmen Sánchez-Carreira
Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-9265-2521
Vol 22 No 2 (2023): Revista RIPS, Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/rips.22.2.9189
Recibido: 05-05-2023 Aceptado: 23-10-2023 Publicado: 26-12-2023
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

A precariedade laboral constitúe unha problemática do mercado de traballo que pode dilatarse no tempo, limitando o desenvolvemento profesional e as oportunidades económicas e sociais da mocidade. O obxectivo do artigo é examinar a calidade do emprego e a inserción laboral xuvenil en Galicia, analizando como inflúen as características persoais, familiares e educativas na calidade dos seus empregos. A investigación utiliza a Enquisa de Transición Educativo-Formativa e Inserción Laboral e aplica un modelo econométrico para investigar como as características persoais, familiares e educativas inflúen nun indicador sintético de calidade do emprego. Este indicador sintetiza as relacións contractuais, os ingresos e as características laborais do sector, e permite aproximar a exposición á precariedade e a calidade do emprego. Os resultados mostran que tanto o sexo feminino como o menor nivel formativo teñen maior incidencia na exposición ao risco de precariedade laboral. A formación materna tamén inflúe neste resultado. Destácase a necesidade dunha maior dotación de capital humano para sortear a vulnerabilidade social e económica en Galicia e de políticas que promovan o acompañamento e a orientación, especialmente para persoas que levan fóra do sistema educativo un certo tempo ou con percorridos escolares complicados.