Temática e alcance

AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería é unha revista científica que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica enfermeira nas súas catro competencias, asistencial, docente, investigadora e xestora, que acepta manuscritos presentados en idioma castelán, galego e inglés. Conta cun sistema de revisión por pares (peer review) para os artigos orixinais que publica. A revista pretende promover o avance da profesión mediante a recopilación de información das catro esferas que a compoñen.

AGID publícase exclusivamente online en acceso aberto ao contido completo dos artigos que publica, pois pertence ao movemento de acceso aberto (Open Access), así pois, a consulta dos contidos e o envío de artigos non supoñen custo algún para os autores ou lectores.

Un dos obxectivos de AGID é incentivar, motivar e apoiar a enfermeiras de recente graduación, por iso considera proxectos de investigación e investigacións elaboradas en distintos escenarios da formación pregrao e posgrao oficial, co fin de facilitar a difusión dos mesmos e aumentar a proxección de investigadores e profesionais da ciencia enfermeira.

Os contidos de AGID diríxense ao alumnado e profesionais sanitarios para unha mellora continuada na formación e na calidade asistencial.

A información publicada dátase tal como se indica en cada artigo, e non é revisada nin actualizada con posterioridade á súa publicación.

Proceso de revisión por pares

Os manuscritos recibidos en AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería son revisados polo equipo editorial da revista, que verificará o cumprimento das normas de publicación establecidas para cada tipo de artigo, informándose aos autores no caso de non axustarse o documento ás normas de publicación.

Unha vez adecuado o manuscrito ás normas, os manuscritos enviados a todas as seccións excepto as Cartas ao Editor, son remitidos a dous avaliadores externos da revista, que realizan a valoración crítica do artigo. No momento de realizar esta valoración, os revisores descoñecen a identidade e o lugar de procedencia dos autores, así como a identidade do outro avaliador que valora ese mismo orixinal, en aras a manter unha maior obxectividade e anonimidade na valoración. Os avaliadores externos de esta revista, firmarán unha declaración de conflicto de intereses no momento de inclusión na revista, na que se comprometen a informar ao equipo editorial no caso de que exista algún tipo de conflicto de intereses para a avaliación do orixinal enviado para realizar unha óptima avaliación do mesmo.

Unha vez completada a valoración, o revisor externo emite un informe, que fai chegar ao editor de AGID, onde indica os comentarios da súa avaliación e a decisión inicial como candidato ou non á súa publicación, o candidato a publicación tras realizar os cambios oportunos que o equipo editorial fará chegar aos autores.

Os autores reciben, nun plazo non superior a catro meses, o resultado da avaliación, indicándose no informe de resultados os eventuais cambios que deberían realizarse; verificándose, antes de aceptar definitivamente a súa publicación, se os autores realizaron os cambios indicados.

No caso de pertencer á sección TFG/TFM xa calificados por un tribunal debidamente designado, poderán ser sometidos a unha avaliación interna por membros do comité asesor debidamente cualificados para dita avaliación, sen necesidade de avaliación externa.

As cartas ao editor non serán sometidas a avaliación por pares, nembargantes, valorarase a pertinencia, actualidade, innovación, orixinalidade … do tema por parte do equipo editorial e comité asesor.

Frecuencia de publicación

AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería publícase cuatrimestralmente.

Política de acceso aberto

AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería é unha revista online de acceso aberto, afín ao movemento acceso aberto (Open Journal Access), que promociona a difusión do coñecemento científico sen barreiras, facilitando así a accesibilidade a un número amplio de usuarios para a adquisición, consolidación, diseminación e actualización do coñecemento derivado da investigación enfermeira nas súas catro esferas. Sendo o acceso ao texto completo dos contidos publicados nesta Revista gratuito, sen necesitar suscripción ou pago algún para a súa consulta ou descarga. O envío de artigos á revista non supón coste algún para os autores.

Exención de responsabilidade

AGID. Revista de asistencia, gestión, investigación y docencia en Enfermería non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de que patrocine a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas. O editor, en calquer caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

AGID corroborará que o desenvolvemento de calquer traballo se realiza respectando:

  • A Declaración de Helsinki da Asociación Médica Mundial de 1964 e ratificacións das asembleas seguintes sobre principios éticos para as investigacións médicas en seres humanos,
  • O RD 1090/2015, do 24 de dicembro, de ensaios clínicos, específicamente no disposto no seu artigo 38 sobre as boas prácticas clínicas, e o Convenio relativo aos dereitos humanos e á biomedicina, feito en Oviedo o 4 de Abril de 1997 e sucesivas actuacións.
  • Os investigadores participantes se comprometen a que todo dato clínico recollido dos suxeitos a estudo sexa separado dos datos de identificación persoal, de modo que se asegura o anonimato dos pacientes; respetando la Ley de Protección de Datos de Carácter Persoal (Ley Orgánica 15/1999, do 13 de decembro), o RD 1720/2007 do 21 de diciembro, polo que se aproba o regulamento do desarrollo da Ley Orgánica 15/1999, a ley 41/2002, do 14 de novembro (básica reguladora da autonomía do paciente e dos dereitos e obligacións en materia de información e documentación clínica), así como a Ley 3/2001, do 28 de maio (reguladora do consentimento informado e da documentación clínica), así como a Ley 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da Ley 3/2001 e do Decreto 29/2009 do 5 de febreiro, polo que se regula o acceso á historia clínica electrónica.
  • Os datos do paciente serán recollidos polo investigador no cuaderno de recollida de datos (CRD) específico do estudo. Cada CRD estará codificado, protexendo a identidade do paciente. Só o equipo investigador e as autoridades sanitarias, que teñen o deber de gardar a confidencialidade.

- No suposto de tratarse dun estudio retrospectivo para o cal non se aporta Folla de Información aos participantes nin consentimiento informado, explicaranse as razóns polas que non se leva a cabo.

- NO CASO DE CONTER DATOS DE CARÁCTER CLÍNICO, SERÁ NECESARIO ADXUNTAR COMO DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, A APROBACIÓN DO PROXECTO OU PLAN DE INVESTIGACIÓN POLO COMITÉ DE ÉTICA PERTINENTE.

Directrices éticas

A publicación de artigos científicos involucra varios axentes, entre os cales se atopan a editorial, a dirección da revista, os avaliadores dos traballos e os autores. De cada un deles espérase unha conduta ética referida a uns principios, na nosa revista inspirados parcialmente nos que proporciona o Committee on Publication Ethics (COPE) Best Practice Guidelines.

Editorial

A editorial proporciona asistencia e apoio técnico á dirección da revista no uso da plataforma web, e mantén o software actualizado e en condicións de facilitar o proceso de envío, avaliación e publicación dos traballos. Colabora tamén coa dirección da revista na súa indexación e na facilitación de información sobre aqueles requisitos que contribúan a un mellor posicionamento da mesma nas clasificacións ao uso. En xeral, axuda ao incremento da calidade editorial da revista e á súa mellor e maior visibilización, internacionalización e impacto.

Dirección da revista

A dirección da revista asegura que os manuscritos enviados son avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido intelectual, sen ter en conta a raza, xénero, orientación sexual, crenza relixiosa, adscrición política ou escola filosófica dos autores. Garante a confidencialidade dos traballos, non revelando a identidade dos mesmos a outros actores que non sexan os membros autorizados da editorial, os avaliadores potenciais, os avaliadores efectivos ou ao consello de redacción da revista. A dirección da revista pode declinar a publicación dun traballo por non cumprir este os requisitos formais esixidos ou por tratar unha temática allea ao seu ámbito. Debe comunicar, dentro dos prazos establecidos, unha vez vistos os informes dos avaliadores e ouvido o consello de redacción, a aceptación ou o rexeitamento dos traballos presentados.

Avaliadores

Os avaliadores deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista. O informe de avaliación debe ser obxectivo e debe expresarse de maneira razoada e clara. Debe evitar alusións ad hominen, ofensivas ou humillantes e os comentarios deben perseguir a mellora do traballo. Os manuscritos recibidos deben ser tratados como documentos confidenciais e o seu contido non pode ser usado en traballos propios. Os avaliadores deben rexeitar avaliar artigos cando exista algún conflito de interese resultante dunha eventual relación, pasada ou presente, cos autores do traballo ou coas institucións das cales estes dependan.

Autores

Os autores deben enviar traballos que presenten unha investigación orixinal sobre un tema claramente identificábel e non previamente publicado. Non deben enviar traballos que inclúan unha parte substancial doutros xa publicados. Os traballos deben redactarse de modo que poidan ser comprendidos ou replicados polos avaliadores. Se se usaren ideas doutros, deben ser claramente referenciadas; o plaxio é unha conduta inaceptábel e a súa detección implica o arquivo do traballo ou a súa retirada da páxina web, se estivese xa publicado. En caso de coautoría, son autores dun traballo todos os que contribúen significativamente ao mesmo; cada autor debería ser capaz de identificar as partes do traballo de que son responsábeis os outros coautores e debe gardar confidencialidade dos diversos contidos até que o artigo sexa publicado. O envío simultáneo do traballo a outra ou outras revistas é condición suficiente para o seu arquivo. Se no proceso de edición os autores descobren erros ou impropiedades no seu traballo, comunicarano coa maior celeridade ao director da revista, e colaborarán na súa subsanación. Os autores deberán facer constar o posíbel conflito de intereses entre as conclusións do seu traballo e as fontes de financiamento do mesmo.

Estas directrices están en consonancia co código ético da Universidade de Santiago de Compostela, editora da revista: http://www.usc.es/valedor/codigoetico/codigoetico.html