Salto rápido al contenido de la página
  • Navegación principal
  • Contenido principal
  • Barra lateral
RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas
  • Inicio
  • Actual
  • Números anteriores
  • Acerca de
    • Sobre la revista
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidad
    • Contacto
  • Envíos
  • Directrices éticas
  • IA
  • rev{USC}
  • Registrarse
  • Entrar
  1. Inicio
  2. Archivos
  3. Vol. 21 Núm. 1 (2022)
  4. Recensiones de libros

Lois, María y Akkaya Ahmet (Eds.) Estrategias decoloniales en comunidades sin Estado Madrid, Catarata, 2020

Barra lateral del artículo

Contenido principal del artículo

  • Javier de Pablo+−
Javier de Pablo
Investigador en formación, UCM
Spain
https://orcid.org/0000-0002-3209-0958
Vol. 21 Núm. 1 (2022), Recensiones de libros
https://doi.org/10.15304/rips.21.1.8266
Recibido: 2022-02-18| Publicado: 2022-06-29
PDF XML
de Pablo: Lois, María y Akkaya Ahmet (Eds.) Estrategias decoloniales en comunidades sin Estado Madrid, Catarata, 2020

Sumario

No Norte global, falar das reivindicacións das nacións sen Estado pode levarnos, de xeito inadvertido –e pouco menos que irremediable– a pensar naqueles pobos que loitan por acadar a súa soberanía –e independencia– no seo dun Estado previamente constituído. Segundo este razoamento, o obxectivo sería sempre o mesmo: a construción dun Estado propio que poida homologarse ao resto de Estados que forman parte do sistema internacional. Agora ben, esta argumentación arquetípica cae no que deu en chamar a trampa territorial: a naturalización do Estado como única escala de poder xeograficamente relevante na política mundial. O libro coordinado por María Lois e Ahmet Akkaya fainos conscientes diso e invítanos a abrir o debate encol da sacrosanta territorialidade do Estado-nación. Para iso, explora algúns dos distintos modelos de gobernanza xurdidos ao longo das últimas décadas co ollo especialmente posto naquelas experiencias do Sur global –da periferia dese sistema-mundo capitalista que debuxara.

Neste senso, xa dende o prólogo de John Holloway, invítasenos a “pensar” máis alá dun Estado que converte os conflitos sociais en territoriais e as loitas pola liberdade en loitas polo poder e pola creación doutro Estado opresivo (p. 12). Na mesma liña, é Heriberto Cairo o encargado de dotarnos dun marco teórico que, a través dunha visión de longa duración braudeliana, permite contextualizar o xurdimento da fórmula territorial-estatal, a finais do século XVIII, como o produto dunha situación concreta que se iniciaría tres séculos antes: o vencemento do modelo feudal e a emerxencia da nacente economía-mundo capitalista. Nese momento, a fórmula estatal-territorial sería a triunfadora entre tantas outras das que convivían ata ese momento (imperios, cidades-Estado e reinos de tamaño intermedio). Así, nun contexto como o actual, no que aparecen novas formas de gobernanza, tanto dende arriba –en forma de conglomerados multinacionais– como dende abaixo –en forma de poderes máis “reticulares”, teríamos indicios de acharnos nunha conxuntura semellante na que o Estado-nación xa non é a única opción posíbel (p. 40).

Quizais o exemplo máis interesante destas novas formas de gobernanza reticulares sexa o caso da Rojava de Abdullah Öcalan e o Partido da Unión Democrática (PYD), que Ahmet Akkaya (pp. 43-63) e Azize Aslam (pp. 64-86) tratan nos seus respectivos capítulos. Nesta rexión do norte de Siria, a diferencia do que sucedeu no Kurdistán iraquí, onde os esforzos se encamiñaron cara o intento –fracasado– de construír un Estado-nación propio, a narración de Akkaya e Aslam trasládanos a un rico proceso de empoderamento de abaixo cara arriba; da sociedade fronte ao Estado. Contra á natureza homoxeneizadora de todo Estado-nación, en Rojava asistimos á reconceptualización dun concepto esencial como o de autodeterminación, fundamentado en que sexan as propias persoas –e non o Estado– quen asuma o imperativo da independencia (p. 55). O ideal é o dun “confederalismo democrático” organizado en comunas que estruturan unha forma de gobernanza en rede na que as capacidades dos cidadáns, e non as formas das institucións, constitúan o cerne da noción de autonomía. Como resume Aslam, achámonos ante unha resignificación da revolución por medio dun enfoque negativo da autonomía, no que a emancipación social –e individual– debe pasar pola negación conxunta de Estado, capitalismo e patriarcado como formas de poder.

En calquera caso, o interese da obra non se esgota nun estudo de caso concreto; vai máis aló del ao lograr condensar con tino unha interesante mostra das diferentes formas que adquire a relación entre espazo e poder ao longo do globo. No norte do continente africano, Juan Carlos Gimeno (pp. 87-106) móstranos a relación particular do pobo saharauí co seu territorio e a súa influencia na xestión da pandemia da COVID-19. Como sinala o autor, a identidade saharauí, moi influenciada pola súa tradición nómade, non estivo tan ligada historicamente ao territorio como aos lazos de consanguinidade (p. 101). Conceptualizada en torno á noción de asabiya, e inda que adaptada aos novos tempos, a importancia desta solidariedade comunitaria continúa presente como o piar que sustenta a identidade nacional saharauí en forma dun Estado revolucionario que exerce como punta de lanza na súa loita de liberación nacional contra a ocupación marroquí e contra o neocolonialismo europeo (p. 102). Baixo estas circunstancias, se ben é certo que o pobo saharauí adoptou o característico camiño cara a construción dun Estado-nación propio como ferramenta para a emancipación, as particularidades dos seus vínculos comunitarios e territoriais, así como estado de excepción permanente no que vive dende 1975, colócao nunha situación de autonomía práctica que o tería preparado para afrontar unha situación pandémica como a actual (p. 96).

Como lugar privilexiado no estudo decolonial, varios son os capítulos que se ocupan de América Latina. No primeiro deles, Jerónimo Ríos, Mariano García de las Heras e Eduardo Sánchez (pp. 107-132) analizan a condición transfronteriza dun pobo orixinario como o mapuche, de raizame anterior a calquera Estado moderno, atrapado na súa resistencia ante un proceso que combina as dúas forzas político-económicas propias da modernidade: a consolidación fronteiriza dos Estados nacionais chileno e arxentino –entre os que queda dividido– e a expansión xeográfica do capitalismo por medio da explotación de novos territorios. Pola súa banda, Araceli Burguete Cal y Mayor (pp. 132-153) ocúpase de estudar a evolución dos diferentes ciclos de protesta dos pobos indíxenas mexicanos utilizando un concepto propio, o de “péndulo de la resistencia”, que lle permite interpretar etapas alternativas entre períodos mobilización, repregamento nas comunidades de orixe e momentos de re-emerxencia da conflitividade. Destaca, visto dende o conxunto da obra, a relación que a autora establece entre as distintas etapas e os diversos modelos de relación co Estado mexicano: dende a loita armada revolucionaria do EZLN e a posterior negociación a través do Congreso Nacional Indígena, ata o fracasado intento de participar das institucións estatais e a fundación dunha “autonomía de facto”, casos dos Caracoles e as Juntas de Buen Gobierno, onde “el Estado no llega, por omisión, por indiferenza o por resistencia” (p. 150).

A terceira aproximación a América Latina vén da man de Paola de la Rocha Rada e Farit Rojas Tudela (pp. 154-180). No seu capítulo, exploran a dialéctica que ten lugar entre o Estado boliviano e os pobos indíxenas en torno ás nocións da “ancestralidad” u “originalidad” como elementos que, mediante unha serie de “controles legales y administrativos”, condicionan o seu recoñecemento como suxeitos políticos. Baixo a súa perspectiva, o máis salientable de tales controis, entre os que destaca a esixencia dun “certificado de ancestralidad” que acredite a adscrición a un colectivo indíxena –adscrición suxeita á peritaxe antropolóxica dun saber-poder colonial que non ve nestes grupos máis ca súa propia outredade, son os particulares recursos estratéxicos que as comunidades indíxenas adoptan como formas de resistencia ante o poder estatal. Así, as autoras postulan que estas comunidades acaban por adoptar o comportamento que, dende fóra, se espera delas “jugando a cumplir los requisitos que les permiten autogobernarse, cuando lo que están haciendo es gobernar esos requisitos de forma estratégica, es decir, están pensando sin Estado” (p. 179).

Pecha o percorrido unha derradeira ollada que cambia o foco dunha marxe a outra: da periferia global ás periferias próximas ao centro do sistema-mundo capitalista. Lembrándonos que estas periferias menos afastadas poden sobrevivir no marco dun Estado do benestar tan desenrolado como é o canadense, Celia Luna Vives e Vandina Sinha (p. 181-206) achegan un estudo dos vínculos entre o acceso aos servizos sanitarios públicos e a identidade dos pobos indíxenas –xeograficamente illados pola acción dun Estado canadense que os expulsa da súa comunidade política. Trala análise dunha xurisdición que divide á poboación canadense en función da súa raza e do seu lugar de residencia (p. 185) e comprobar sobre o terreo os constantes agravios que isto supón para os habitantes das Primeiras Nacións –en forma de denegacións, retrasos e interrupcións na asistencia sanitaria, as autoras denuncian a lóxica colonial que verniza toda a rede de servizos públicos do país (p. 200). Así pois, as autoras chegan a unha conclusión que, en substancia, non difire das que proclaman outros textos referidos a aquelas rexións periféricas do sistema-mundo: a necesidade de ir máis aló dun excluínte modelo do Estado nación e avanzar cara un marco de gobernanza poscolonial, no que o acceso aos servizos públicos non veña dado por unha noción tan nesgada da pertenza ao Estado (e á nación); á noción de cidadanía en canto comunidade política.

En conxunto, estamos ante un texto que contén unha dobre potencialidade: por unha banda, a de mostrarnos os límites do Estado como ferramenta de emancipación colectiva (polas danosas lóxicas inherentes ao mesmo); e, pola outra –e o que supón ir máis alá– a de instigarnos, a través de exemplos prácticos, cara a busca –e recoñecemento– doutros modos de gobernanza baseados en distintos modelos de autonomía. Nun momento como o actual, no que o Estado –poder territorial por antonomasia da Modernidade– está a perder a posición predominante que tivo dende a consolidación do sistema-mundo, a obra trae a colación un debate obrigado para aqueles movementos que pretendan formular unha alternativa á substitución do seu espazo polo do capital privado –tal e como formula o discurso hexemónico nas últimas décadas.

Bibliografía

1 

AGNEW, John. (1994). The Territorial Trap: The Geographical Assumptions of International Relations Theory. Review of International Political Economy, 1(1), 53-80.

2 

WALLERSTEIN, Immanuel. (2004). Capitalismo histórico y movimientos antisistémicos: un análisis de sistemas-mundo. Madrid: Akal.

Otros datos estadísticos

Imágenes

Crossref
Scopus
Google Scholar
Europe PMC
  • Registrarse
  • Entrar
  • Idioma / Language / Langage Español
    • English
    • Español
    • Galego
Descargas | Visualizaciones
  • 743
    300
Más Leidos
  • Las elecciones autonómicas vascas de 2024: duelo entre nacionalistas
    500
  • Izquierda abertzale: 50 años de acrónimos políticos y terroristas
    379
  • Influencia de la ideología en las actitudes hacia la legalización del cannabis en España
    169
  • Urbán Crespo, Miguel. (2024). Trumpismos. Neoliberales y autoritarios. Radiografía de la derecha radical. Barcelona, Editorial Verso
    160
  • La Guerra de Ucrania. Sus causas y su carácter detonante de la nueva Guerra Fría
    152
INDIZADA EN

Redalyc, REDIB, Dialnet, DOAJ (Directory of Open Access Journals)... ver más

 

 
Número actual
  • Logo Atom
  • Logo RSS2
  • Logo RSS1

Compartir

RIPS: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas

ISSN 1577-239X ISSN-e 2255-5986 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
Contacto principal revista.rips@usc.es Contacto de soporte sepinter@usc.es

Universidad de Santiago de Compostela / Facultade de Ciencias Políticas e Sociais/ Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico