Contenido principal del artículo

Carmen Cotelo
Universidad de Santiago de Compostela
España
Vol. 16 Núm. 2 (2017), Artículos
DOI: https://doi.org/10.15304/rips.16.2.4378
Recibido: 25-10-2017 Aceptado: 04-12-2017 Publicado: 20-12-2017
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

Este artigo ofrece un achegamento á orixe do “test de Betanzos”, formulada nun estudio sociolóxico encargado por Manuel Fraga e presentado publicamente por el no mes de xaneiro do 1983. Segundo este traballo, o municipio betanceiro era xunto con Jerez de la Frontera (Andalucía) e Getafe (Madrid) unha das tres middletowns existentes en España naquel momento. Co paso dos anos, Betanzos é a única destas tres cidades que permanece no tempo como espello social do país. Probablemente, ese primitivo estudio sociolóxico estea a día de hoxe definitivamente perdido polo que hai que apoiarse nas escasas referencias documentais das que se van tendo novas. A fonte fundamental que permite explicar a elección de Betanzos como middletown e a súa prevalencia como tal respecto das outras dúas cidades é a análise dos resultados das convocatorias electorais celebradas ata aquel momento ao Congreso de los Diputados (1977, 1979 e 1982) e ao Parlamento de Galicia (1981). Suscítase tamén outra cuestión: por que se busca unha middletown electoral en España coincidindo co inicio da andadura da Transición española tras corenta anos de ditadura. A escasa experiencia na utilización de ferramentas sociolóxicas de prospección electoral nunha democracia recentemente estreada, o recurso á importación de métodos xa experimentados noutros países e a necesidade de acoutar o máis posible a mostra electoral conforman o grupo de factores explicativos. De coñecemento público, o estudio encargado por Manuel Fraga foi o primeiro realizado en España na procura dunha middletown.

Citado por

Detalles del artículo