1. INTRODUCIÓN, OBXECTIVOS E METODOLOXÍA
Juan Antonio Saco Arce (Outeiro, Alongos, Toén, 1835 – Ourense, 1881) é coñecido fundamentalmente por ser o autor da primeira gramática galega merecedora de tal nome (). Publicada en 1868, foi o texto de referencia no Rexurdimento para aquelas persoas interesadas no funcionamento da lingua e na súa idiosincrasia e serviu durante algún tempo para a dar a coñecer nos ambientes da romanística europea: como deixou escrito nun texto a medio camiño entre unha recensión e un comentario laudatorio, “todo el que estudia la lengua gallega, español ó extranjero, lee a Saco Arce con respeto y provecho”. A obra, superada polo desenvolvemento da lingüística galega que tivo lugar desde o derradeiro cuartel do século XX, posúe aínda hoxe un grande valor historiográfico e descritivo, xa que, cunha notoria dose de verosimillanza, continúa a ser unha axuda valiosa para nos aproximarmos do galego popular da altura, particularmente do da rexión de Ourense. En así sendo, e segundo contextualizan as palabras de Ricardo Carvalho Calero, “Saco realizou un serio esforzo que merez a maior consideración […], inspirado por un puro sentimento de aprecio á fala da súa terra” (.
Tamén compilou un interesante cancioneiro que non conseguiu ver publicado ao falecer en 1881. Trátase da colección Literatura popular de Galicia (), editada integramente por Xosé Luís Saco Cid en 1987, a cal contén máis de 1.300 cantares en galego, 1.150 refráns, varias narracións e mesmo algunhas poesías vehiculizadas en español. A validade desta obra fixo afirmar que corresponde ao estudo “máis completo e a recolleita máis coidada e de máis variada procedencia da literatura popular galega do século XIX”; da “Introducción” que cataforiza os textos, o mesmo investigador () subliñou que se erixe nun dos ensaios máis representativos sobre a literatura galega tradicional no seu tempo. Retomaremos esa obra noutras seccións (vid. §6).
Ao paso, cultivou a lírica en galego e en español, recollida no volume Poesías () de 1878. Os nove poemas na nosa lingua (), en que se inclúen tres traducións de textos latinos (“Stabat mater dolorosa”, “O sol salutis intimis” e “Miserere mei”), foron escritos entre 1867 e 1877. O seu léxico, cos trazos habituais da linguaxe literaria oitocentista abrindo unha tímida alfándega a fenómenos que hoxe identificariamos como dialectalismos, españolismos, popularismos e pseudogaleguismos (Cf. ; etc.), incorpora, no entanto, certa sorte de vocabulario culto, afastándose así de estéticas máis ruralizantes e máis comúns no seu tempo: alhelí (), aria (), célico (), ecúleo (), hosannas (), ídolos (), mártir (), níveas (), refulxente (), sacrílegas (), salterio (), unixénito () etc. A formalidade destas composicións levou Saco Cid () a subliñar que o clérigo merecía un “lugar de honra no Rexurdimento”.
A mudar de xénero e de motivacións, Saco Arce foi o responsábel por dous artigos saídos do prelo en 1876, onde expón unha parte do seu pensamento sobre lingüística galega (vid. §2). O primeiro, intitulado “Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes” e publicado en varias entregas no ourensán El Heraldo Gallego dirixido por Valentín Lamas Carvajal, critica a penetración de españolismos nos textos literarios e a exaxerada tendencia para empregar léxico e expresións propias de variedades coloquiais cando o rexistro desafina con esa estética, en canto tamén reclama a recorrencia ás linguas clásicas para o acrecentamento vocabular. No segundo texto, á pregunta do propio título “El habla gallega: ¿es lengua, idioma o dialecto?”, tamén aparecido na anterior publicación, responde que debe ser percibido cos tres conceptos, conforme se tratará máis abaixo. Finalmente, redixiu o prólogo para o poemario Versos en dialecto gallego, do seu amigo José Pérez Ballesteros (1835-1918), outro dos grandes compiladores de literatura tradicional do século XIX; nese paratexto proclama a dignidade da lingua e a necesidade de ser defendida e amada polo propio pobo que a utiliza (vid. §2).
Un outro seu mérito, que é o que máis nos aquí interesa, foi o de elaborar a primeira clasificación de variedades dialectais do galego. Inaugura así ese tipo de empresa que, até ás propostas de de finais do século XX, coñecería diversas e desiguais aproximacións, algunhas totalmente desalboradas do punto de vista científico. Embora a visión proporcionada por Saco Arce na Gramática non poida ser aplaudida na actualidade polas súas imprecisións e cuestionábel metodoloxía, no seu momento tivo certa transcendencia ao se erixir na primeira exploración sobre tales asuntos e ao ser adoptada, con diferentes graos de entusiasmo e de honestidade académica, por investigadores da Galiza e doutras partes da Europa. Partindo, por tanto, deste estado de cousas, os obxectivos que perseguimos son os seguintes: (i) ponderarmos a figura de Saco Arce como un dos principais precursores nos estudos de dialectoloxía galega na Idade Contemporánea; (ii) examinarmos a súa proposta de clasificación xeolectal dos falares galegos; (iii) analizarmos outras informacións (in)directas de carácter dialectal consideradas polo autor; e (iv) verificarmos o grao de proxección académica da tal proposta, isto é, do recoñecemento que conseguiu por parte doutros autores.
Metodoloxicamente, acudimos á obra do clérigo e aos cantares tradicionais que coleccionou de forma a exemplificarmos as súas ideas sobre variación dialectal e os fenómenos lingüísticos que lle reclamaron atención. Igualmente, manexamos outras publicacións da época, como as de Francisco Javier Rodríguez, Rosalía de Castro, Juan Cuveiro Piñol, José Pérez Ballesteros, Manuel Curros Enríquez, Marcial Valladares etc., para as cales, se posíbel, empregamos edicións orixinarias. Cando tivemos a oportunidade, contrastamos os datos dialectais da época con estudos actuais.
2. AS OPINIÓNS DE SACO ARCE SOBRE O GALEGO E SOBRE A SÚA VARIACIÓN LINGÜÍSTICA
A dialectoloxía xorde como disciplina filolóxica en finais do século XIX, asociada ás derradeiras ondulacións do romantismo europeo e ao valor que este movemento concedía aos sinais identitarios dos pobos. Entre eles, os modos de unha lingua se empregar en sociedades tradicionais e rurais constituían albo de atencións, pois tales comunidades eran consideradas os ámbitos máis puros para a conservación dos idiomas e para a constatación da máis xenuína cultura popular. As figuras en que se deposita a responsabilidade desa primeira efervescencia xeolingüística na Europa occidental son Georg Wenker (1852-1911) para o alemán, Graziadio Isaia Ascoli (1829-1907) para a Italia e Jules Gilliéron (1854-1926) e Edmond Edmont (1849-1926) para a Franza. No espazo galego-portugués, sen se poderen encaixar metodolóxica nin epistemoloxicamente dentro dos labores de pesquisa desenvolvidos polos catro autores citados, os apuntamentos máis antigos de que se ten coñecemento sobre a diferenciación lingüística retrotraen a documentación aos séculos XVI-XVII: Fernão de Oliveira (1507-1581), Pero de Magalhães de Gândavo (c. 1540-1580), João de Barros (1496-1570) e Duarte Nunes de Leão (1530-1608) foron os primeiros gramáticos en faceren valorizacións sobre variedades de portugués e ás veces en singularizaren, a respecto do estándar lisboeta, rexións como o Minho, Trás-os-Montes, as Beiras etc., e en ocasións tamén a Galiza. Para o caso máis concreto do galego, corresponde aos ilustrados do século XVIII levaren medalla áurea en calidade de bandeirantes destas informacións, galardón que recaeu no Padre Sarmiento (1695-1772) e no Padre Sobreira (1746-1805); este último, na opinión de , intuíu a realidade de zonas representativamente dialectais nucleadas arredor das antigas provincias galegas. Grazas a ambos os frades sabemos da existencia na época dos pronomes il, iste, ise e aquil, da vogal temática (VT) e ~ i para a segunda persoa (P2) do pretérito do indicativo dos verbos da segunda conxugación (C2) (perdeches ~ perdiches) etc. (Cf. ; ). Temos de notar que varios deses trazos serían contemplados por Saco Arce para elaborar a súa proposta de división dialectal (vid. §4) ou comentados por el noutros textos (vid. §5).
Colocamos agora a primera das cuestións a que nos queremos referir: que opinión merecía o galego a Saco Arce no contexto da segunda metade do século XIX? Percibíao só como unha fala, un idioma, un dialecto, por acaso unha lingua? Se na sociolingüística actual aínda se argumenta sobre o que diferencia unha lingua dun dialecto, naqueles tempos o debate tornábase ben máis conflituoso: defender a condición de lingua para algo que non se falaba nun territorio soberano ―onde convivía desigualmente con outra de tradición literaria ininterrompida desde a época medieval e empregada nun Estado, o español, cuxas oligarquías pouco ou nada gostaban de idiomas que non fosen o oficial― non debía de ser unha tarefa doada. Por iso, a vontade de os intelectuais oitocentistas saberen se o galego era unha lingua, un idioma ou un dialecto levantou diversas opinións que foron aparecendo en medios xornalísticos nos derradeiros anos do século XIX. Para aquelas persoas que combatían o Rexurdimento, ficaba claro que era un adeloirado dialecto, de seguro e necesario desaparecemento, frecuentemente percibido cal un tipo de español áspero, corrupto e anticuado (Cf. ). Polo contrario, para os individuos que facían propias as reivindicacións culturais, lingüísticas e políticas dese movemento, a fronteira entre ambos os termos nin sempre viraba tan clara, pois tiñan de conciliar dúas esferas: lingua-estado-poder-autonomía política / dialecto-rexión-ausencia de poder-dependencia política.
A respecto de como secundarizar as desavinzas entre ambas estas ecuacións, o polígrafo ourensán fixo un uso indistinto de conceptos como dialecto ou lingua xa na propia Gramática. No mesmo prólogo da obra comeza a se queixar de que a “lengua gallega, la más dulce y melíflua de cuantas han aparecido en Europa [...] viene sufriendo una lenta, pero incesante destrucción” (), e continúa máis adiante cunha exhortación ao pobo galego en que se combinan ambos os vocábulos, o que parece unha combinación estilística: “Hijos de Galicia, cultivad vuestro dialecto [...]. ¿No es por ventura esa lengua de tan noble origen como cualquiera de sus hermanas, tan pintoresca y flexible como la primera, dulce y onomatópica como ninguna?” (p. VI). Parecido uso estilístico é o que se rexistra nas palabras que introducen a selección de textos literarios que foron incorporados á obra:
De la lectura de las desaliñadas páginas de este libro se puede colegir hasta qué grado es flexible, rica, armoniosa y filosófica la lengua gallega [...]. Las composiciones poéticas que á continuacion presentamos como muestra de un gallego, por lo general puro y correcto, prueban tambien cuan dócil es, y cuan facilmente se doblega nuestro dialecto á la inspiracion poética en todos su tonos ().
Ao longo da Gramática, os termos lingua e dialecto son utilizados nunhas proporcións similares para se referiren ao galego: en 33 ocasións aparece o segundo e 31 veces ocorre o primeiro, comunmente en expresións como “nuestro dialecto”, “dialecto gallego”, “lengua gallega” ou “nuestra lengua”, ao tempo que fórmulas como “lengua de Galicia” (p. 246) ou “nativa lengua” (p. 283) son ben máis minoritarias. Idioma, por súa vez, é termo menos favorecido na monografía inaugural dos estudos gramaticais da Galiza, pois só se documenta en 13 ocasións e en moitas delas do que se está a falar non é do galego, mais doutras realidades literario-culturais ou lingüísticas. Rexistrámolo en expresións cal “idioma del Lacio” (), “idioma castellano” (p. VII), “idioma provenzal” (p. 28), “idioma latino” (p. 75) etc., nunca se atestando expectábeis denominacións equivalentes ao “idioma gallego”. Máis prexudicada sae a voz habla, que só ocorre unha vez ao denunciar o “innoble menosprecio que los mismos hijos del país arrojan sobre el habla de sus mayores” (p. VI).
Parecidas equivalencias canto ao uso son as que figuran nun dos dous artigos que deu a lume sobre lingüística galega. Desta maneira, no mesmo ano en que falecía Friedrich Diez (1794-1876), un dos fundadores da lingüística románica, publícabase o citado texto “Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes” (en ), onde Saco Arce expuña algunhas opinións sobre o galego e sobre os problemas que, do seu punto de vista, presentaba naquel tempo. Para falar del, conflúen unhas cifras bastante igualadas de lingua e dialecto, pois o primeiro nome documéntase en seis ocasións e o segundo figura cinco veces en fórmulas como “nuestro flexible y expresivo dialecto”, “patrio dialecto”, “nuestro hermoso dialecto”, “nuestra lengua”, “lengua [...] galiciana”, “esta lengua tan amada de los antiguos trovadores” etc. Idioma ocorre para sinalar o español (“idioma de Castilla”, “idioma de Cervantes”), en canto o termo lenguaje, menos problemático dun punto de vista sociolingüístico, é utilizado ocasionalmente de forma a referenciar o galego (“melodioso lenguaje herdado de sus mayores”, “ese bello lenguaje” etc.).
Mais a singularidade do galego continuaba a provocar hesitacións entre os estratos ilustrados por causa das dúas esferas antes sinaladas, de aí que o clérigo optase por explicitar o seu propio parecer. Nese mesmo ano de 1876 foi dado a estampa o segundo dos artigos, “El habla gallega ¿es lengua, idioma ó dialecto” (en ), contributo en que non tiña dúbidas en asentir que correspondía aos tres conceptos e do cal interesa salientarmos, para o público lector actual, que o que el percibe como “idioma” é o conxunto de trazos que outorgan singularidade a respecto doutras linguas:
¿Es lengua, idioma ó dialecto el habla gallega? Es las tres cosas: es lengua, porque es un conjunto y sistema completo de palabras y frases, con que expresan sus necesidades y pensamientos los habitantes del territorio galáico. Todo lenguaje de un pueblo, dialecto ó no, es lengua. ¿Qué dificultad hay, por ejemplo, en decir: “La lengua gallega fue preferida á la castellana, durante los siglos XIII y XIV, para la poesía lírica?”
Es idioma, en cuanto se considera en él aquello que lo caracteriza y distingue de otras lenguas. El vocablo idioma encierra un concepto relativo. Estará, por tanto, bien dicho. “El idioma gallego conserva muchos vestigios del céltico”.
Puede también llamarse dialecto, porque es una de las variedades del lenguaje formado en nuestra península, durante la edad media, sobre el molde y base del latín, alterado y mezclado con otros elementos nacionales y extranjeros. No hay, pues, inconveniente en decir: “El gallego es uno de los más bellos dialectos que se hablan en España.”. Pero no del castellano, sino de la lengua española, en el sentido arriba explicado, se puede conceptuar dialecto nuestro lengua (en ).
Similar postulado é o que transparece no antecitado “Prólogo” á obra Versos en dialecto gallego de José Pérez Ballesteros, en que tamén se usan os termos lingua, dialecto e idioma. Se o Rexurdimento prometía “aún brillantes dias para nuestra lengua”, o clérigo preguntaba que de negativo había en que cada provincia cultivase “el dialecto” que servía “de órgano para la expresión de las dulces y santas afecciones del hogar” (). Con todo, o que predomina neste texto é a utilización de termos explícitos como “lengua” para o galego (en catro ocasións) e “idioma” (tamén catro veces) relativamente a “dialecto” (dúas utilizacións).
Vexamos agora como Saco Arce encaixaba a diversidade dialectal da lingua. Durante o século XIX, o desenvolvemento dos estudos de lingüística galega, e por conseguinte os das variedades locais, encontrábanse nunha fase totalmente embrionaria. Ao longo de toda a centuria, a idea herdada dos eruditos setecentistas de o galego se achar moito fragmentado era un pensamento común: facíase fincapé en diferenzas morfolóxicas e lexicais para, no cadro dos preconceptos que vigoraban sobre a lingua, ponderar un tan falso como acentuadísimo nivel de diferenciación dialectal, capaz, até, de impedir a intelixibilidade mutua entre falantes de distintas partes do país. No traballo de recóllense as impresións de Francisco Álvarez de Novoa, José Fernández Neyra, Joaquín de Arévalo, Juan Cuveiro Piñol, Roque Grilo, Roque Pesqueira Crespo etc., que inciden, con diferentes graos de intensidade e tamén con propósitos encontrados, nesa suposta fragmentación territorial da lingua; un deles, , frenólogo, lingüista, profesor de español nos Estados Unidos e coñecedor da realidade lingüística catalá, afirmaba con rotundidade que en “ningún dialecto español se observan tantos subdialectos como en el gallego”, acrecentando seren “mui numerosas las frases i palabras distintas que en las diversas Feligresías se usan para espresar las mismas cosas, sin contar las voces de idéntico sentido que se pronuncian de mui diverso modo”. Tal era a visión maioritaria sobre a realidade dialectal do galego.
Mais o sacerdote de Toén, non negando a existencia de certas marcas locais, cuestiona ser tan notoria como afirmaban aqueles autores que citamos ou o mesmo Mariano Cubí Soler: “El dialecto gallego, si bien uno é idéntico en lo esencial en las varias provincias que lo usan, ofrece no obstante diferencias locales de no mucha importancia” (). Este é, por tanto, o segundo aspecto que queriamos facer sobresaír aquí, nomeadamente polo que supuxo non só no tocante á falsa idea da comentada e notabilísima diferenciación, canto polo propio percurso histórico da lingua e polas condicións en que sobreviviu: practicamente sen cultivo literario desde o século XVI, ausente do mundo académico, desprestixiada polas oligarquías españolas, ridiculizada noutras partes da península ibérica (Cf. ) e varrida das institucións e do ensino, o que sorprende, antes ben, é a súa rotunda unidade en vez desa tan citada fragmentación.
A terceira cuestión para destacarmos provén da consideración que lle merecen esas “diferencias locales”. Neste sentido, o presbítero non só non condenou a existencia de variantes, mais antes brindoulles un sorriso para o aproveitamento literario xulgándoas capaces de contribuíren para a expresión artística: “Lejos de tener por vituperable esta mezcla de formas subdialécticas, nos parece, haciéndolo con discreción y oportunidad, útil y conducente para aumentar la riqueza y variedad del gallego literario” (). Trátase, a noso ver, dun pensamento avanzado para a época e que combate a estendida idea de unha lingua sen modelo estándar non ser apta para a literatura; foi unha máxima que el propio desenvolveu nos seus textos en galego, nos cales permitiu a entrada a alternancias fonéticas e morfolóxicas de diferentes zonas (vid. §3).
Finalmente, o cuarto aspecto que consideramos de interese asenta na explicitación da necesidade do cultivo académico e culto da lingua para superar esa diversidade, unha opinión a medio camiño entre o que hoxe denominariamos planificación do corpus e do status no contexto e conceptualización da problemática que podía haber en 1868. A causa desa diversidade lingüística proviña da configuración do territorio, “poco favorable á la recíproca comunicación”, á variedade de climas e de dedicacións profesionais e ao carácter dos homes e mulleres da Galiza, asaz “propensos al aislamiento y á las rivalidades”. O remedio para todo isto era, do seu punto de vista, ese cultivo a que se fixo referencia anteriormente: tales diferenzas, “que por otra parte son inevitables en todo territorio de una regular extensión”, non minguarán en canto non houber “literatura y ciencias que fijen el idioma” ().
3. A METODOLOXÍA APLICADA POR SACO ARCE
Nos anos 60 do século XIX aínda non se chegara ao estudo da variación lingüística mediante inquéritos e cuestionarios a informantes, unha liña que principiaría Georg Wenker máis tarde para os falares rurais do alemán. De aí que o modo de o relixioso ourensán enxergar diferenzas xeolectais favorecese, en primeiro lugar –e até onde podían chegar os seus coñecementos sobre o galego–, a propia observación da oralidade popular, para a cal achamos que puido ter varios mananciais: por un lado, coñecía de primeira man o galego da súa aldea, Alongos, como o demostra a cantidade de textos tradicionais que colixiu alí; por outro lado, do punto de vista familiar, tamén debeu de estar en contacto indirecto co falar de Lalín, dado que o seu pai, José María Saco Noguerol, proviña da capital do Deza, en canto quizais tamén ouvise acentos coruñeses por parte materna, pois Juana Justa Arce Burriel, a súa nai, nacera na cidade do Orzán; e finalmente, tampouco podemos esquecer que, como sacerdote, debeu de escoitar innúmeras confesións a persoas de diferentes procedencias, nun tempo en que o galego era falado por máis de 90% da populación conforme algúns traballos (Cf. ; ). De calquera modo, a oralidade foi importante para o seu coñecemento da lingua e para as reflexións sobre ela, como figura no prólogo á Gramática, onde pondera a fala como primeira fonte de información: “ninguna locución, ningún giro he consignado aqui que no haya repetidas veces escuchado de lábios de nuestros aldeanos”; tamén sinala, nunha especie de captatio benevolentiae, que se apoiou para a elaboración da obra “casi solamente en la escrupulosa observacion del lenguaje hablado” (). Este recurso á oralidade por parte de Saco Arce sería laudatoriamente subliñado por , que expuxo con firmeza esa atención ao galego do mundo camponés desenvolvida polo clérigo:
Hombre sentado cuyo buen juicio le hacía ver bien la realidad, atendió para formular su doctrina al estado real del idioma en labios del aldeano […]. Gozaba de un espíritu abierto para admitir palabras, locuciones ó giros sintáxicos aparentemente exóticos; y cuidaba mucho de comprobar su autenticidad, multiplicando sus observaciones del hablar de los aldeanos.
E en segundo lugar, o autor, pensando que as obras literarias podían ilustrar trazos dialectais pola proveniencia xeográfica dos escritores e escritoras, concedeu especial atención á reemerxente literatura galega en calidade de axuda para tal propósito. Na actualidade quizais poida parecer unha metodoloxía discutíbel –e éo sen dúbida se for a única–, mais debemos reparar en que na altura carecía desa estigmatización, pois era un tempo en que os textos literarios na Galiza permitían a penetración de elementos hoxe sentidos como locais, populares ou rexionais. Nótese que o precursor da dialectoloxía en Portugal, José Leite de Vasconcelos (1851-1947), tamén interrogou a literatura do século XIX na procura de trazos dialectais de maneira a exemplificar e tirar conclusións sobre variantes lingüísticas: así fixo co escritor Camilo Castelo Branco (1825-1890) para as documentacións das alomorfías do morfema número-persoal (MNP) da quinta persoa gramatical (P5) -ides e -ide (cantaides, cantaide), características de falares minhotos e dalgúns puntos do sur de Ourense, que aparecían no romance A Brazileira de Prazins (Cf. ). Nestes medios, Saco Arce non oculta a orixe literaria de certas informacións, como antes tenciona determinala coa axuda do lugar de nacemento ou morada das escritoras e dos escritores:
Para trazar este cuadro de la diferencias subdialécticas del gallego, nos hemos apoyado principalmente en el exámen de las pocas composiciones que existen escritas en el mismo, atendiendo al lugar de nacimiento o residencia de sus autores ()
Relativamente a esta declaración, os textos que incorpora no capítulo “Poesías escogidas” da Gramática () corresponden a Alberto Camino, Eduardo Pondal, Francisco Añón, José García Mosquera, Luís Corral, Marcial Valladares, Rosalía de Castro, Xoán Manuel Pintos e Vicente María Feixoo Montenegro, unha selección que “abrangue as décadas de 40, 50 e 60 e, en certa forma, segue/institúe o canon provincialista” (). Obsérvese, cando sinala a escaseza de textos en galego, que durante o século XIX e á altura de 1868 xa foran dados a lume máis de 50 títulos entre libros e folletos (Cf. ). No entanto, non debemos criticar Saco Arce por talvez non ter acceso á maioría desas publicacións, pois algunhas só circulaban en reducidos grupos e das máis non chegaba a se ter noticia. Por iso, con outras fontes documentais, quizais as súas percepcións sobre a realidade da lingua non fosen as que inmortalizaría na Gramática; se callar non puido acceder ás Proezas de Galicia (1810) de José Fernández Neira, aos diálogos e tertulias composteláns do primero terzo do século XIX ou aos Versos en dialecto berciano (1861) de Antonio Fernández Morales. Cunha obrigada cautela, case nos atrevemos a pensar que as súas opinións sobre as variedades rexionais do galego serían diferentes se con efecto conseguise manexar esas obras.
Noutra orde de asuntos, é verdade que durante o século XIX a proveniencia dos autores e das autoras esclarecía en moitos casos un estreito (e tamén matizábel) vínculo coa lingua da zona en que naceran, mais nin sempre se verificaba esa equivalencia, sobre todo no derradeiro cuartel da centuria (Cf. ; ). Saco Arce foi consciente desta situación e así o indicou ao subliñar que “no se observan inviolablemente las diferencias señaladas”, de aí que non fose raro detectar “en escritores de Santiago ó la Coruña, plurales como naciós, boletís, propios del dialecto orensano; y al contrario, en composiciones debidas á autores de esta provincia la forma el, este, ese, &c.” (). E el propio non servía como exemplo ríxido do principio que tentou aplicar: as súas composicións en galego, aínda posuíndo un representativo número de variantes locais da súa rexión, atraen trazos que non se consideran propios dela, ou que polo menos non o son hoxe en día a teor dos estudos modernos de xeolingüística; a este respecto, tomando como referencia o contributo de Carvalho Calero a que fixemos referencia máis arriba, onde o autor ferrolán formulou que na historia do galego escrito se diferenciaban unha etapa dialectal, outra interdialectal e unha outra supradialectal (Cf. ), poderíase afirmar que os versos do sacerdote ourensán participan dun relativo interdialectalismo polas formas que utiliza.
Por último, outro esteo da proposta asenta na asunción da súa provisionalidade e de non corresponder a unha formulación completa nin moito menos definitiva. Para solucionar estas eivas, depositou retoricamente na posíbel colaboración doutras persoas a ampliación dos datos lingüísticos, conforme tamén demandara Pintos uns anos antes n’A gaita gallega e como tamén comentaría algún tempo máis tarde Cuveiro Piñol. Ao mesmo tempo, recoñeceu que o mellor método para os conseguir era precisamente o traballo de campo, labor, porén, que para el se tornaba de difícil consecución:
Si personas inteligentes tuviesen á bien comunicarnos las particularidades mas notables del gallego de sus respectivos lugares, podriamos sin duda presentar un cuadro más extenso y completo, á la vez que exacto, de los subdialectos gallegos, toda vez que no nos es dado tomar personalmente informes por medio de largos y detenidos viajes ().
4. A PROPOSTA DE CLASIFICACIÓN DIALECTAL DE SACO ARCE
Entre as particularidades da clasificación de Saco Arce sobresae con moito a percepción da horizontalidade como a máis notábel diferenciación dos falares galegos (). O autor defende unha proposta con dúas grandes rexións: unha, a do “subdialecto septentrional”, territorialmente máis ampla, con Santiago de Compostela como cidade de referencia, e outra a do “subdialecto meridional”, de menores dimensións, con Ourense como principal localidade. No referente á terminoloxía, o autor non reparou en utilizar tamén a palabra dialecto para cada unha das dúas variedades: por un lado, sinala as “diferencias más notobles [sic] que hay entre estos dos subdialectos” () para despois as explicar tratando o “dialecto del norte” e o “dialecto meridional” (). Tendo en conta esas diferenzas, ordenou as variantes da división en tres grupos: (i) cuestións relativas ás vogais, sentidas como evidencias de duplicidades dialectais xa nas primeiras páxinas da Gramática e constatando así a súa opinión sobre a existencia de dúas variedades dialectais principais: “Son abiertas a, e, o: cerradas, i, u. La predilección por unas ú otras, es una de las diferencias mas notables entre los dos principales subdialectos del gallego” (); (ii) cuestións relativas ás consoantes; e (iii) aspectos das contraccións, tamén parcialmente tratados como marcas lingüísticas locais no inicio da obra: “En algunas composiciones cuyos autores creemos son de Santiago suele decirse á o rei, á os lados, á as mulleres (al rey, á los lados á las mugeres), sin contraer la preposición con el artículo” ().
Así pois, para o primeiro grupo de variantes, as do ámbito vocálico, o sacerdote xulgaba que o dialecto do norte propendía máis ao uso dos fonemas abertos, en canto que o do sur optaba polos fechados. Tamén indicou que o galego norteño coñecía “además acó, aló”, que no segundo correspondían a acá, alá. Deste modo, sinalou os seguintes trazos:
No que toca no segundo grupo de variantes, as dos aspectos consonánticos, escribiu que os falares setentrionais mostraban “cierto gusto especial por la n”, consoante evitada nos austrais, o que a seu ver se detectaba “en los nombres en ao ó au”, que no norte terminaban “en an”, ben como na flexión de número das palabras acabadas en nasal, conservada no norte e eliminada no sur. No galego setentrional, por seu turno, tamén se constataban as formas grasia e naser, alí onde no meridional, “más conforme con la etimología”, se empregaban gracia, nacer; sobre este último apuntamento dialectal, e dado que, conforme confesou o propio Saco Arce, unha parte dos datos proviña de obras escritas, vira ben doado lembrarmos a Rosalía de Cantares Gallegos cando a poeta escribiu Eu cantar, cantar, cantei / A grasia non era moita () ou Eu nasín cand’as prantas nasen, / No mes das froles nasín (). En harmonía coas apreciacións do presbítero sobre o consonantismo, resulta, por tanto, a síntese que segue:
Galego setentrional | Galego meridional |
---|---|
bon, mañán | bo, mañá |
livián | liviau, liviá |
chan, man | chao, mau |
uns, cans, ilusións | us, cas, ilusiós |
grasia, naser | gracia, nacer |
Finalmente, a respecto do terceiro grupo de variantes, o das contraccións, acreditaba que o galego do sur, “enemigo de todo hiato”, contraía ou usaba “del apóstrofo en combinaciones de vocales”, en canto o do norte pronunciaba ou escribía “separadamente”. De tal opinión emerxen estoutras duplicidades:
Galego setentrional | Galego meridional |
---|---|
á os homes, á as mulleres | ós homes, ás mulleres |
estímaa | estim’a |
para o compor | pr’o compor |
Á volta destes elementos seleccionados, convén indicarmos que en diversas partes da Gramática aparecen aclaracións etimolóxicas para daren conta da procedencia destas e aínda doutras singularidades dialectais, se ben que ás veces, polo precario desenvolvemento da filoloxía e lingüística galega na época, se trate de interpretacións non sobradas de veracidade. Saco Arce era experto en latín e en grego e vira facilmente explicábel que tratase de deitar luz sobre determinadas preguntas etimolóxicas acudindo ás linguas clásicas, como fixo ao se referir ao pronome persoal de P3 indicando que il, “que es pronombre en gallego y en francés, y artículo en italiano, proviene de la primera sílaba del latino il-le” (); ou como xulgou ao reflectir a morfoloxía dos pronomes demostrativos sentenciando que “[el] origen latino de nuestros adjetivos iste, ise (que viene de ipse), es fácil de reconocer (); ou conforme defendeu, a desenvolver aspectos xerais do funcionamento dos nomes adxectivos, que “[bô] viene de la forma latina bono, sincopada boo, contracta bô: la a de boa corresponde á la o perdida de boo. Dícese también bon en lugar de bô” ().
En harmonía co dito anteriormente (vid. §2), non foi Saco Arce o primeiro en reparar nalgúns deses contrastes dialectais, pois varios xa foran parcial ou totalmente abordados por Sarmiento e Sobreira. Grazas ás copias que circulaban dos textos do bieito en reducidos cenáculos de eruditos, o autor de Toén coñecía parte da súa obra; así o demostra o facto de citar exemplos do relixioso de Vilafranca como autoridade literaria nos rodapés da Gramática (vid. ; etc.), práctica declarada no prólogo da obra: “solo citaré á veces, por razon de su mayor antigüedad y erudición vastísima, al ilustre P. Sarmiento, cuyas coplas gallegas, si bien en ellas no se admira un relevante mérito poético, muestran detenido estudio de nuestro dialecto” (). Non sorprendería, pois, que varios dos elementos dialectais proviñesen desas fontes setecentistas, tal e como acontece coa hipercaracterización dos pronomes masculinos (il, iste, ise, aquil etc.), cos resultados das terminacións -anu e -ana, cos plurais das palabras acabadas en -n, coa VT de perdeches ~ perdiches ou cos adverbios de lugar absolutos aquí ou eiquí.
Tamén, e sempre dunha perspectiva actual, dá a impresión de que o que está a se confrontar non representa unha modalidade de lingua do norte e outra sureña, mais unha variedade costeira e outra do centro (Cf. ). Concretizando máis un pouco esta apreciación, parece que o que está a ser contrastado é o galego da área de Ourense con falares que hoxe localizariamos no occidente da Coruña. Globalmente, a proposta tórnase imprecisa, polo menos nalgúns dos aspectos seleccionados: nin todo o galego que Saco Arce considera setentrional coñece os fenómenos salientados nin tamén todas as variedades da lingua meridionais presentan os trazos que en teoría as identificarían. Noutras ocasións, o intuito do gramático lévao a se adentrar involuntariamente nos labirintos da falta de verosimillanza, como por exemplo cando indica que do par bon ~ bo o primeiro elemento era propio das mesmas zonas de naser ou man e que o segundo correspondía ás rexións de nacer ou mao. Ás veces non fica totalmente clara cal é a natureza do elemento que se expón como mostra de diferenzas rexionais: en recebeu ~ recibiu pódese subscribir a hipótese de modelos conxugacionais distintos (receber, recibir) –e, subsecuentemente, unha conservación aínda en 1868 da solución tradicional, receber, lematizada no dicionario de Luís Aguirre del Río de 1858 (Cf. )–, mais tamén non ficaría fóra da lóxica imaxinarmos que detrás estivesen as neutralizacións da VT que se achan na CII e na CIII (abrir → abriu, abreu; comer → comeu, comiu; etc.).
Con todo, nalgún contraste dialectal a proposta tornaríase totalmente asumíbel hoxe en día. Aínda que só corresponda a un caso, se se tivesen en consideración as variantes adverbiais acá e alá vs. acó e aló, constataríase como esa comparación lexitima falar dunha Galiza setentrional e unha outra meridional (Cf. ).
Canto á natureza dos elementos escollidos polo presbítero, catalogados por el en tres grupos de carácter fonético, son, porén, maioritariamente morfolóxicos: descendentes de -ana e -anu, detección de acá e alá a respecto de acó e aló, plurais das palabra terminadas en -n, pronomes persoais de P3 e P6 e demostrativos con i- ou e- etc. Só un, a presenza ou ausencia do seseo, encaixaría doadamente nunha epígrafe de cuestións fonéticas, en canto outros, pola propia fenomenoloxía das variantes consideradas, se prestan a unha máis difícil catalogación como trazos claramente territoriais. Os fenómenos do terceiro grupo parecen antes ben idiosincrasias de fonética sintáctica vinculadas a rexistros e variedades escritas do que na verdade a diferenzas dialectais. Ao paso, similar dificultade para identificar zonas concretas talvez puidese ser dito para a atestación de loito ~ luto ou froito ~ fruto, pares documentábeis hoxe en día por toda a parte e para os cales tampouco se pode descartar a orixe no español nos elementos sen ditongo.
Coñecendo tan ben o galego do seu Ourense natal e sendo consciente de como se falaba ou se escribía en varias rexións do país, vira sorprendente que Saco Arce non tivese en consideración outros elementos para confrontar, como a presenza na metade occidental do territorio da gheada (Cf. .). Algúns deses fenómenos serían ocasionalmente comentados en diversos traballos da súa responsabilidade, como algúns rodapés de : estamos a pensar na atestación dos pronomes persoais tónicos de P2 tu e ti, nas formas do clíticos de acusativo te e che, na constatación da gueada etc. Outras variantes que quizais parezan hoxe merecedoras de se incorporaren nunha proposta desta índole, ás cales el non era alleo, pois trátaas na Gramática ou aparecen nas poesías do seu cancioneiro, farían protagonistas a flexión das palabras oxítonas terminadas en -l ou a rica información sobre posibilidades morfemáticas da flexión verbal en mostras como “falache ó falaches, “falástedes ó falachedes”, “falaron ó falano”, “falai ó falade” “batestes ó batéchedes”, “bateron ó bateno” ().
Tampouco decidiu particularizar diferenzas lexicais. Non debía de descoñecer o glosario galego-español que figura na “Foliada 3ª” d’A gaita gallega de nin o que aparece na primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía (), e non temos por que pensar que non soubese do dicionario de Francisco Javier Rodríguez de 1863 (Cf. ). Mais, tivese ou non tivese noticia de diferenzas semántico-lexicais, o certo é que non figuran como elementos de confronto dialectal. Nestes medios, se a súa poesía tolerou trazos morfolóxicos de diferentes áreas, eses mesmos textos poéticos, do punto de vista vocabular, integraron unha cifra de elementos frecuentes no galego da súa rexión de nacenza, xa sinalada por Carvalho (Cf. ), como airexa (), berzo (), caír (), curazón (), eixiña (), fontela (), ouír () etc.; hai que notar que varias destas posibilidades lexicais levaban xa sendo lematizadas nalgúns dicionarios da altura, como é o caso de Cuveiro Piñol para as voces airexa e eixiña, Luís Aguirre del Río no caso de berzo ou Pintos, Cuveiro Piñol e Valladares para a variante ouír (.). Ao tempo, unha perspectiva actual acharía en falta elementos sintácticos como mostras de disonancias dialectais, mais na altura, e até á segunda metade do século XX, a sintaxe non frecuentou as pesquisas de investigación diatópica, tanto polo pouco interese que suscitaba a respecto de asuntos fonéticos ou morfolóxicos (Cf. ) canto polo estado da arte dos estudos sintácticos, que non coñecerían un desenvolvemento real até despois dos anos 60 da centuria pasada.
5. DESCRIBINDO E PRESCRIBINDO DESDE AS DÚAS AREAS
Nunha época en que non existía unha variedade estandarizada, discernir entre os usos gramaticais e lexicais máis recomendábeis e aqueloutros menos adecuados debía de resultar tarefa complexa, inclusive para unha persoa como Saco Arce. El propio declara que non persegue converter a Gramática nunha obra normativa e, no respectante ás variedades locais, manifesta que, por norma xeral, tampouco tenciona promocionar ningunha posibilidade á conta das restantes: a falar das clases de palabras, indicou que procurara “comunmente presentar las principales formas subdialécticas que de una misma palabra existen, sin mostrar, generalmente, hablando, preferencia por ninguna” (). Porén, esta declaración de intencións, se ben que aplicábel a unha parte dos contidos da obra, nin sempre foi acatada. O comportamento máis habitual non prescritivista é o que mellor harmoniza coa súa vontade, como por exemplo cando fai referencia ao uso de el como reforzo interrogativo, en que tolera tanto a forma ourensá canto a equivalente coruñesa e pontevedresa: “En las frases interrogativas es costumbre anteponer al verbo la partícula él o il, que no es otra cosa que el pronombre de tercera persona, usado adverbialmente” (); ou cando fai referencia á flexión de verbos con alternancia vocálica, en que recolle para a P3 tanto as formas tradicionais canto as máis innovadoras: “minto, mentes ó mintes”, “sirvo, serves ó sirves”, “cubro, cobres ó cubres”, “cumpro, compre ó cumpre”, “fuxo, foxes ó fuxes”, “acudo, acodes ó acudes” etc. (); ou mesmo no momento de expor os pronomes cuantificadores definidos “dazaseis ó dezaseis”, “dazasete ó dezasete”, “dazaoito ó dezaoito”, “dazanove ó dezanove” (), nos cales non toma partido por ningunha variante.
Noutras ocasións, en troca, mostra certa preferencia por algunha das posibilidades fonéticas ou morfolóxicas existentes. Un exemplo vén dado polas súas palabras referidas á atestación da VT e ou i para a P2 dos pretéritos do indicativo nos verbos da CII, en que, non restando lexitimidade a ningunha das dúas variantes, decántase por e por a considerar máis regular:
Las dos formas de esta persona en la segunda conjugación (bateche, batiche), pertenecientes á las dos ramas subdialécticas del gallego, pueden usarse indistintamente; sin embargo, la primera es más regular, pues sigue más exactamente la analogía del verbo bater, cuya conjugación tiene la e por dominante. Además la desinencia iche ó iches se confunde con la de idéntica persona de la tercera conjugación ().
O principio dunha maior regularidade é novamente invocado para recomendar, tamén no ámbito da flexión verbal do pretérito do indicativo, determinada variante hipercaracterizada da P5; curiosamente, a máis xeral, debido á situación preludial dos estudos lingüisticos e filolóxicos galegos, é percibida como unha redución daquela:
La segunda persona de plural del pretérito perfecto termina en tedes ó chedes (falástedes, faláchedes). La última forma es mas regular, pues guarda más analogía con la segunda del singular en che, del mismo modo que en latín amavistisde amavisti. En lugar de la forma en tedes es más frecuente emplear la sincopada en tes (falastes), especialmente en los verbos de la segunda y tercera conjugación ().
Nestas contas, cando se inclinou por algunha variante concreta, costumou escoller as formas do que el identificou como galego meridional, ás veces chamado “orensano”, a seu ver “más culto indudablemente” () e en especial no referente ao tratamento das contraccións (vid. §5); talvez esta orientación cara a Ourense fose o que arrastrou , autor que, bebendo moito da Gramática de Saco Arce, dixo desta ser tan “meritísima” como “simpremente dialectal”; , no seu discurso de ingreso na RAG en 1980, xa facía fincapé nesa predilección auriense:
No terreo dialectolóxico, Saco e Arce, como é ben sabido, escolleu por norte pra sua obra gramatical o galego ourensán, rexeitando niste punto o consello de Murguía que lle recomendaba a variante dialectal compostelán. Saco e Arce non afondou no estudo da dialectoloxía galega, non por falla de coñecimento lingüístico, senón porque, levado pola preocupación normativa ou unificadora estimou como mais representativa a modalidade ourensán.
Os motivos que explican esta decantación quizais sexan varios: por un lado, a procedencia xeográfica do autor e, por outro lado, talvez a relación con José García Mosquera, compañeiro no instituto de Ourense, con Manuel Curros Enríquez e con Vicente María Feixoo Montenegro (Cf. ). De todas as formas, o seguinte fragmento coloca en primeiro lugar a flexión de número das palabras terminadas en l ou n que se detecta na súa terra natal:
Así, de real sale reás: de papel, plural papés: barril, barrís. Can, plural câs: ben, bês: ruin, ruis: ladron, ladrós: un (art. indef.), us. –Nos referimos principalmente al dialecto de la provincia de Orense. En Santiago y otros puntos los nombres acabados en n, la conservan en el plural, añadiéndole la s. Dicen calzóns, cans, boletins, uns ().
E que non dá a impresión de que gostase moito da solución do “galego setentrional” pode facilmente deducirse a partir dun outro comentario, agora a rodapé, en que critica esa posibilidade morfolóxica: “La combinación ns no es sin embargo muy eufónica, y no convendrá prodigarla. El gallego, por punto general, la repugna” (). Aos ollos actuais, se callar non resulte excesivamente científico indicar que a lingua “repudia” esta solución morfolóxica na flexión nominal, mais probabelmente para un falante da área de Ourense, como era Saco Arce, podería parecer criticábel. E, sen dúbida, a fala da súa terra debeu de se comportar como unha poderosa marca para a tomada de decisións sobre algunhas diverxencias diatópicas, presentes na súa formulación de clasificación dialectal. As seguintes mostras exemplifican no ámbito morfemático e fonético como se dirimiu a escolla entre o galego setentrional e o meridional, sempre se preferindo ou promocionando a posibilidade do sur:
Son masculinos los [nombres] acabados en o y au, como coitelo, cuchillo; valado, muro; pau, palo; grau, grano; brau, verano. Exceptúase mau, mano ().
Ningún, hace en plural ningûs, ningunhas ()
Resta decir que no todas las vocales se prestan igualmente á la elisión: la e es la que mas fácilmente se pierde. Antes de i rara vez se elide ninguna. Puede decirse contr’ela (contra ela), y no contr’il (contra il). La razón es, porque una vocal cerrada dificilmente puede absorber una abierta. Se hace, no obstante, la elisión, cuando la palabra precedente es un afijo pronominal, ó la preposición de, v. gr.: Pegoull’il, É d’il, le pegó él, es de él.
En algunas locuciones […] se suprime la inicial de la segunda. Sucede asi ordinariamente cuando á la vocal inicial de esta sigue s, con otra consonante, v. gr.: Le a ‘squela, lee la carta; â ‘stilo de xastre, á estilo de sastre; eiqui ‘stá, aquí esta, en vez a esquela, á estilo, eiqui está ().
La preposición con pierde la n ante los prononbres il, iste, ise, aquil, diciéndose Co’il, co’ela, co’iste, co’aquiles, por con il, con ela, &c., con él, con ella, con este, con ese, con aquellos ().
Con los adverbios eiquí, ehí, elí, precedidos de ves, segunda persona del singular del presente de indicativo del verbo ver, se forman las locuciones adverviales [sic] vel-eiquí, vel-ehí, vel-elí, equivalentes en sus varias acepciones á las frases castellanas he aquí, he ahí, ahí tienes tu, ¡he ahí lo que son las cosas! ().
6. A PROPOSTA DE SACO ARCE E A LITERATURA TRADICIONAL
Conforme foi indicado (vid. §3), o clérigo de Toén formulou a súa división a se basear na lingua oral e nos textos de autoras e autores que conseguiu ler. Podemos agora reflectir en até que punto esas impresións gardaban o seu correlato coa realidade da lingua naquel tempo e, tamén, coa situación actual. Para tal encomenda, acudimos aos cantares galegos contidos en LPG, xa que moitas desas poesías están localizadas xeograficamente polo lugar en que foron recollidas; para o nosos propósitos, a par da edición íntegra (), tamén manexamos ocasionalmente a publicación parcial dos cantares que apareceu no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense () nos inicios do século XX, dado que algunhas localizacións aquí sinaladas non figuran en LPG. Hai textos, porén, que non teñen indicado o sitio en que foron compilados, mais fan referencia expresa a entidades populacionais ou a centros de culto populares; coas reservas que isto supón, xa que pode acontecer que os trazos lingüísticos non coincidan cos do lugar que figura nos versos, contemplamos esta fonte de información indirecta e marcámola entre parénteses rectas ([]). De calquera modo, a vontade de Saco Arce para identificar a proveniencia xeográfica non foi un asunto menor nos seus obxectivos, segundo o demostran as palabras () que explicitan esa ansia de sinalar a orixe dos textos: “Hemos procurado […] señalar a cada composición el lugar probable de su procedencia, considerando como tal […] el pueblo o parroquia en donde las hemos recogido, o a cual pertenecía la persona que nos las dictó o comunicó”.
O confronto das particularidades lingüísticas dos textos de LPG e até dos temas fixo o presbítero insistir de novo en como certas características dos cantares están directamente relacionadas coas variantes dialectais e coa temática que expresan. Do seu punto de vista, as poesías orais non “raras veces descubren, según su procedencia, un marcado carácter que las diferencia entre si, no sólo por las variedades subdialécticas, sino por los pensamientos que dominan en su conjunto” (). E esas “variedades subdialécticas” non debían de se tornar complicadas de detectar para o compilador a termos en conta a diversa procedencia das poesías do cancioneiro; as máis foron colixidas na actual provincia de Ourense, e, para alén da propia cidade, inclúen as localidades e vilas de Alongos, Allariz, Cea, Celanova, Entrimo, Lebosende, A Limia, Molgas, Mugares, Pereiro, A Peroxa, Puga, Refoxos, Ribela, Seixalbo, Soutopenedo, Valenzá e Viana do Bolo; séguenlle en representatividade os textos provenientes da Coruña, con vilas, a par da propia capital, como Ares, Arzúa, Neda, Noia, Ordes e Ortigueira; Chantada, Monforte, Monterroso e Ribadeo son as localidades lucenses de onde proceden outras mostras; de Pontevedra chegan as cantigas da Lama, Marín, Tui e Vigo; finalmente, da rexión de Santiago son os textos de Sarandóns e da Ulla.
Retomando os elementos considerados polo autor, dáse normalmente unha expectábel coincidencia entre os fenómenos contrastados e as áreas en que foron colixidos cantares con casuísticas hoxe percibidas como dialectais. A idiosincrasia da compilación de literatura tradicional e as circunstancias que a rodean, particularmente no século XIX, fan con que nin sempre teñamos documentación dos trazos lingüísticos que singularizou Saco Arce en LPG nin que, en a tendo dalgúns deles, se torne comparábel cuantitavamente; hai fenómenos que contan con abundantes rexistros e outros, en confronto, de que non se dispón de ningún. De todos os modos, partindo deste estado de cousas e a principiarmos polos adverbios de lugar absolutos aquí, aí, alí vs. eiquí, eí, elí, as localidades en que presumibelmente se coleccionaron as cuadras con esas singularidades gramaticais, que incluímos á dereita, continúan presentemente a documentalas (Cf. ):
No tocante á VT innovadora ou conservadora (e ~ i) para a P2 do pretérito do indicativo da CII en casos como perdeches vs. perdiches, a realidade actual da lingua mantén, como na segunda metade do século XIX, o predominio da forma máis recente nos falares occidentais e a máis conservadora, para alén da maior parte do territorio galego, na zona de Ourense (Cf. ):
Que anque tan probe naciche / En vos a riqueza está () | Ourense |
Nin ti para min naciche, / Nin eu para ti tampouco () | Alongos, Arzúa |
O día que me vendeche, / Canto che deron por min () | Sarandóns |
O mesmo pode ser dito para os pronomes persoais masculinos de P3 con vogal e- ou hipercaracterizados en i-, el, eles vs. il, iles e as correspondentes formas dos demostrativos masculinos. Na área de Toén vigoran aínda hoxe esas mesmas variantes (Cf. ) que aparecían en cantares provenientes da demarcación municipal ourensá en finais do século XIX:
Noutra orde de ideas, o polígrafo asentou máis un punto de contraste dialectal na detección de adverbios de lugar absolutos acá e alá, acó e aló. Aínda que de forma non exclusiva, os primeiros pertencen á metade meridional do país e os segundos predominan no norte (Cf. ). Os lugares onde foron coleccionadas as poesías en que as susoditas variantes adverbiais aparecen harmonizan con estas atribucións xeográficas:
Máis un trazo lingüístico incorporado polo presbítero na súa proposta é o protagonizado polos descendentes de bonu, bon e bo. Caso deseñásemos unha liña que unise a área da Coruña con Viana do Bolo, a variante con resonancia nasal detectaríase na marxe dereita dese fío imaxinario e a outra aparecería na parte esquerda (Cf. ). Aínda que teñamos dúas mostras de bon sen localizar (s.l.), un dos casos de bo que se atesta nos cantares harmoniza coa solución do lugar en que a cantiga foi compilada:
Oh vida da miña vida, / Tamén o forrar é bó () | Entrimo |
Unha cuba de bon viño / Non necesita bandeira () | s.l. |
Teste ti por moi bon mozo / Moita cousa non-a es () | s.l. |
Canto aos descendentes do latín vulgar maneana, mañán e mañá, o primeiro é caracterísico das rexións occidentais do país e tamén dunha parte da Limia, ao tempo que o segundo se atesta no resto da Galiza (Cf. ). Os cantares localizados xeograficamente condín co estado actual da lingua, a pesar de unha das formas coincidentes co estándar non estar adscrita territorialmente:
No ámbito consonántico, a ausencia ou a presenza da consoante interdental non voceada /θ/ en casos como grasia, naser e gracia, nacer foi outro dos puntos para contrastar o galego norteño e o sureño. Sabemos hoxe en día que a diferenciación territorial entre ambas as posibilidades é mormente vertical, de modo que o seseo total só se encontra no extremo occidental da provincia da Coruña e na costa de Pontevedra; no resto do país atéstase a presenza de /θ/ (Cf. ). A información que os cantares de LPG proporcionan a respecto de onde foron compilados é, no xeral, asimilábel á situación hodierna, coa únicas excepcións da forma cansiño (detectada en Viana do Bolo) e rapás, a cal trataremos máis abaixo:
Por súa vez, o vigor do seseo implosivo non é equivalente ao explosivo, xa que se rexistra, sempre no occidente, nunha área de maiores dimensións. O que é significativo nos exemplos que achegamos é a súa detección na cidade das Burgas, hoxe imposíbel de se documentar (Cf. ) (vid. infra.):
Canto aos descendentes de -anu en mostras como man ~ mao e chan ~ chao, as entidades de populación en que foron colixidos os textos populares coinciden cos resultados do noso tempo (Cf. ), conforme os casos a seguir verifican:
Finalmente, a isoglosa que hoxe en día serve para identificar as tres grandes faixas verticais dos falares galegos, baseada na flexión de plural para as palabras terminadas en -n (Cf. ), concorda coa procedencia dos textos tradicionais en que figuran as solucións contempladas por Saco Arce:
Á vista dos datos, e con todas as reservas precisas, o rexistro destas fenomenoloxías lingüísticas en certos lugares mercé aos cantares que neles foron compilados levanta un par de observacións. A pesar de non podermos documentar nos textos de LPG todos os elementos de Saco Arce coa súa pertinente localización, a primeira idea asenta no facto de se poderen marcar facilmente equivalencias diacrónicas e xeográficas entre os trazos dialectais que contemplou, a súa constatación nos versos tradicionais e a súa correspondencia co estado actual da lingua neses territorios a teor da literatura especializada (Cf. ; F). A segunda idea, en contrapartida, inspíranos a pensar que, polo menos nalgúns aspectos, non se pode rastrexar esa equivalencia entre o galego oral popular de hai cento cincuenta anos e o do noso tempo; talvez o indicio máis evidente para poder aplaudir esta impresión sexa o da ausencia da fricativa interdental non voceada: vimos que hai unha mostra de seseo implosivo presumibelmente atestada en Ourense, rapás, e unha outra de seseo explosivo total no caso de cansiño, proveniente de Viana do Bolo, áreas en que na actualidade se non coñece esa pronuncia (Cf. ). Nótese aquí que o galego do propio Saco Arce, conforme foi indicado máis acima, documenta sistematicamente o seseo final (atrós, crus, lus, ves etc.), o que non contraría a nosa suposición. O autor puido estar en contacto co seseo a través de influencias diversas ou puido ser testemuña dunha situación lingüística non condicente coa actual, sen rexeitarmos que incorporase ese trazo fonético polo coñecemento da obra doutros escritores e escritoras, segundo apunta para o seseo nos poemas de Curros Enríquez.
Nesta mesma segunda liña, os textos de LPG poden proporcionar información á volta doutras presumíbeis mudanzas na lingua ao compararmos os datos de LPG cos nosos días. De acordo con , a variante do MNP de P5 en casos como cantás, cantarés, cantá etc. (galego común cantades, cantaredes, cantade etc.) protagonizou un progresivo recuamento desde o século XIX até á actualidade, só ficando en falares de Bergantiños, Soneira e Fisterra. A tal propósito, as poesías orais colixidas por Saco Arce permiten rexistrarmos esas variantes en terras ben afastadas da Costa da Morte, como é o caso dun cantar proveniente de Monterroso (Lugo) con esas variantes: Se querés comer con canto, / Arrabiados vos cayás; / Se querés comer con canto, / Nunca vosoutros comás (); por súa vez, os seguintes versos, probabelmente coleccionados na mesma vila, combinan ambos os alomorfes por cuestións de simetría rí(t)mica: Calade, calade, calade, calá; / Qu’eu ben vos sei o qu’agora fixestes, / Satisfareivo-la curiosidá (); de Tui provén outro texto coa mesma particularidade: Si querés cantar, cantai (); na rexión da Ulla foi compilada unha cántiga en que se le Amores que fostes d’outro / Para min non servís (); e, por seu turno, a presenza dunha forma como a centrooriental irmao (“hirmau”) nunha poesía en que tamén se rexistra tal posibilidade morfemática hoxe en día propia do extremo occidental da Coruña dá igualmente para entendermos a súa presenza en territorios en que na actualidade se non coñece: Decime por vida vosa; / ¿Onde queda meu hirmau, / Aquela cara de rosa? ().
7. A FORTUNA DA PROPOSTA
Vexamos agora as repercursións que conseguiu ter a clasificación de Saco Arce. O humanista de Toén pasa por ser un dos máis serios investigadores galegos do século XIX no ámbito das letras. En circunstancias normais, parecería lóxico que fose recoñecido no seu tempo como o responsábel por unha gramática de relevancia, sobre todo ao comparala coas restantes publicacións da época, “un grupo de obras moi heteroxéneo no que se mesturan traballos de certa entidade con outros […] que dificilmente encaixarían dentro do que hoxe entendemos por gramática” (). Mais unha das características das primeiras obras galegas desa natureza asenta na súa falta de socialización e de proxección (Cf . ): estando a lingua fóra da reflexión científica e expulsada de calquera nivel de ensino, os títulos que describían as singularidades e o funcionamento dela pouco interese podían suscitar ao pobo que a empregaba e ás autoridades estatais que rexían os destinos do país. Exceptuábase un conxunto reducido de persoas eruditas que coñecía, de facto, os traballos que ían sendo publicados, aínda que académica e culturalmente procedesen de status certamente desiguais. As publicacións do clérigo participaron desa situación: embora a Gramática se erixise na obra de referencia para aprofundar nas particularidades do galego, a sorte nesa empresa non foi nin moito menos a merecida (Cf. ), a pesar de ser citada en ocasións en opúsculos de diversa natureza, como certos prólogos, ou a pesar tamén de ser eloxiada e reivindicada en diferentes lugares, segundo fixo o supracitado cando escribía que na Galiza, inxustamente, “se suele apreciar poco este libro y este autor”.
A pesar de todo, temos de subliñar que a clasificación de Saco Arce sobre as variedades do galego foi asumida ou interiorizada por individuos con preocupacións en asuntos filolóxicos e/ou interesados no porvir da lingua. Con diferentes graos de intensidade, a súa pegada mantívose en xeral até aos anos 30 do século XX, época en que, primeiro polas consecuencias da Guerra Civil e despois polo aparecemento na década de 50 dos traballos de Alonso Zamora Vicente (vid. ), as opinións do humanista ourensán foron deixando de ser adoptadas. Nalgúns casos, temos só a sospeita indirecta de aquelas persoas asimilaren os postulados do polígrafo de Toén, sobre todo cando aparecen referencias ao “subdialecto” de Ourense. Tal ocorre con , que asinaba en 1888 en Galicia. Revista Regional as seguintes afirmacións: “En reciente excursión que hice a Galicia, observé que existen en aquel país varios subdialectos del gallego y que el de la provincia de Orense, merced, sin duda, a su situación topográfica, se advierte mayor influencia del castellano y del portugués”. O masidao , no prólogo “Duas palabras” ao libro Brisas gallegas, subliña a idiosincrasia do galego ourensán ao deixar constancia da “notabre diferencia de falar o gallego en Santiago, Pontevedra, Vigo y-outros puntos da costa ô que se fala n’a provincia de Ourense”. Tamén, ao tratar das “Variantes locales” nos inicios do século XX, significaba a flexión de número corazón → corazós por ser típica desa demarcación provincial: “los [plurales] en s (cas, irmaos, maos, corazós, calzós, florís) son propios de Orense”. E mesmo , en finais da década de 40 do século XX, dá indicios de asumir a horizontalidade da proposta dialectal do clérigo ourensán ao falar do tipo de lingua de Bergantiños: “O galego falado na comarca que estudamos presenta, a primeira vista, diferenzas que levan a pensar nun dialecto dentro das modalidades do galego do norte.”
Estas citacións quizais poidan lembrar na penumbra as opinións de Saco Arce, mais hai outras mostras en que se detecta con maior clareza a influencia do presbítero. Ese foi o caso de , quen, no prólogo ao seu Diccionario gallego, lamentando as dificultades que tivera para a elaboración da obra a considerar as “diferencias de pronunciación”, expuña que os “rústicos paisanos” galegos
inventan palabras y frases en estremo espresivas, que representan claramente no solo sonidos y movimientos esteriores, sino hasta los actos y disposiciones de ánimo, propendiendo el lenguaje de los del Norte al uso de las vocales abiertas, mientras que en el Mediodía son más cerradas; en esta región sustituyen la s por la c y z, y en el norte se observa cierta predilección por la n.
Para alén da asunción das diferenzas entre falantes do norte e do sur da Galiza sinaladas por Cuveiro Piñol, onde tamén se manifesta que partillou as ideas do relixioso ourensán é na consideración positiva das variantes locais como elementos que enriquecen a expresión en galego (vid. §2). A citar explicitamente a obra do clérigo de Toén, subliña a utilidade das tales diverxencias dialectais:
No desconocemos qué, léjos de tenerse por vituperable estas diferencias, deben ser consideradas como útiles, porque conducen al aumento de la riqueza y variedade del lenguaje, como lo han demostrado algunos escritores y entre ellos el Sr. Saco Arce en su Gramática gallega que recomendamos á nuestros paisanos por su erudición y buen método ().
Das impresións de Cuveiro Piñol deslocámonos até á península itálica para asistirmos á información que proporcionan , onde se aprecia con total clareza que o segundo volume dos Manualetti, dedicado ao portugués e ao galego, bebe directamente da obra do sacerdote. No “Appendice” dedicado á gramática do “Dialetto gallego”, Francesco D’Ovidio, para alén de formular certas críticas á obra de Saco Arce por lle parecer un libro “un po’prolisso, un po’ingenuo, senza metodo scentifico, dove si ricorre spesso a confronti greci e quasi mai al portoghese (ignorato forse da buon prete gallego!!)”, indica, porén, que responde a un manual “accurato e proficuo” (). O proveito a que se refire obsérvase cando distingue, entre outra información, unha variedade setentrional e unha outra meridional: “Il gallego settentrionale dice bon, mañan mattina, livián leggiero, chan piano, man mano ect.; il meridionale dice bô, mañá, liviau liviá, chao, mao. Inoltre, i plurali settentrionali sono bons, cans, ilusións, uns ecc.; i meridionali bôs, câs, ilusiós, us ecc.» ().
Deixando de parte a influencia de Saco nestes autores italianos, unha das persoas que máis acompasou as ideas do clérigo sobre cuestións gramaticais e dialectais foi o xa citado José Pérez Ballesteros. Deste modo, a comentar en rodapé a forma hirmán que aparecía nun cantar tradicional, explicou esta variante reproducindo sen hesitar a proposta do presbítero: “Una de las diferencias que separan los sub-dialectos gallegos es la n en lugar de la u. El sub-dialecto septentrional dice hirmán, man, chan y los plurales uns, cans; mientras que el meridional prefiere hirmau, mau, chau ó chao, us, càs” (). Noutra ocasión, glosando agora o feminino hirmá, indica que o correspondente masculino é “hirmau ó hirmán, según los subdialectos, y para formar el femenino pierde la última letra, pero queda la a final muy abierta” (), onde se detecta novamente a influencia de Saco Arce. E, ao mesmo tempo, comentando o adverbio ehí dun verso, acrecenta unha nótula que remite de novo para a Gramática: “Ehí: en la provincia de Orense se dice ehí; también dicen il, aquil, iles, eiquí, eilí, mientras en la de la Coruña se dice él, aquél, eles, aquí, alí” ().
A continuarmos por orde cronolóxica, contamos coa subscrición de Manuel Curros Enríquez. O celanovés, nunha carta a Andrés Martínez Salazar escrita na primavera de 1887, defendendo unha ortografía na liña de Pérez Ballesteros e do propio Saco, tamén amigo persoal do poeta, refírese á proposta de división dialectal e ao propio sacerdote dando por sentado que calquera outra clasificación posíbel non sería válida:
Una agradable sorpresa me ha proporcionado la colección del Sr. Ballesteros: la de saber que el autor se halla conforme en todo con la ortografía de mi ilustre maestro Saco, así como con la teoría de los dos grandes dialectos en que se divide nuestra lengua, el meridional y el septentrional. Realmente esta división está perfectamente marcada y todas cuantas otras se establezcan ni son tales divisiones, ni pasan de aparecer como desnaturalizaciones y corrupciones inconscientes de aquellos dos grandes grupos (en ).
A respecto de Marcial Valladares, a voz de Saco Arce, aínda que con pouco volume, resoa nos apuntamentos do autor dos Elementos de gramática gallega en 1892. Así parece dalo a entender unha referencia á morfoloxía pronominal e á explícita citación de Ourense:
En la provincia de Orense dicen il, iles, en lugar de el, eles, pero no ila, ilas, ilo, y si èla, èlas, èlo, mientras que, tratándose de los pronomes demostrativos, dicen iste, ista, isto, istes, istas; ise, isa, iso, ises, isas, en lugar de este, esta, esto, estes, estas; ese, esa, eso, esas; aquil, aquiles, en lugar de aquel, aqueles mas no aquila, aquilas, aquilo y si aquèla, aquèlas, aquèlo ().
Outro autor que verifica ter traballado coa Gramática de Saco Arce foi José Leite de Vasconcelos, que coñecía cunha relativa seriedade a situación cultural, lingüística e política da Galiza. Aínda que criticase o presbítero por obviar as semellanzas do galego co portugués e por o comparar con outras linguas antes do que coa súa póla internacional (Cf. “Saco Arce desconhece ainda as relações estreintas [sic] do gallego com o português: e compara ás vezes aquelle com o grego!”, en ), comentou as variedades dialectais existentes na Galiza apelando á visión da horizontalidade: “Le galicien ne se parle pas d’une manière uniforme dans toute son aire geographique: au Nord, on dit el, este, uns; au Sud, on dit il, iste, us” ().
Por seu turno, Jules Cornu (1849-1919), romanista suízo autor dunha gramática do portugués, tamén se afilia á perspectiva da variación dialectal de Saco Arce. Na segunda edición desa obra incluíu un apéndice con aspectos morfolóxicos do galego, entre os cales se achan referencias á diversidade dialectal dos pronomes con claras sonoridades da Gramática:
En el sur de Galicia suena la tercera persona il (el) ila (ela) elo, dil dela, a il, a ela, co il o cu il co ela, nil nela; en el Norte, el ela elo, del, coel, nel […]. Los pronombres y adjetivos demostrativos suenan poco diferente de los portugueses […]. Las formas con i suenan en el sur de Galicia ().
A viaxe da proposta de Saco Arce tamén dá indicios de coñecer outros destinos para alén dos da filoloxía portuguesa e da romanística europea. Así, na alborada do século XX aparecía sinalada nunha guía para turistas información sobre as variedades locais da lingua, na cal se evidencia a pegada do sacerdote a teor do seguinte excerto ao facer mención ás “desinencias nasais” (probabelmente os descendentes de -anu) e á súa substitución por -ao (irmán, irmao), ao mentar as meridionais terras de Pontevedra e Ourense ou ao se referir ás alternancias do e- e do i- nos pronomes:
Las disinencias [sic] nasales aparecen casi siempre sustituidas por la contracción portuguesa ao, aunque se pronuncian de modo más abierto.
Chao y chau se dice en Pontevedra (y en Orense); chau [sic] en las tierras de Noya y Bergantiños, donde el habla gallega subsiste relativamente pura. Por motivo semejante, la vocal i suele reemplazar á la e en las raices y en los pronombres ().
No entanto, quen máis se inspirou no autor de Toén foi sen dúbida José de Santiago Gómez (1858-1922). En Filología de la lengua gallega acepta unha división en tres variedades dialectais aparentemente herdeira da organización político-territorial da provincia romana da Gallaecia: “se manifiestan en Galicia tres variedades principales dialectales: la berciana, la lucense y la bracarense, que se reconocen por tantos rasgos distintivos” (). Contrastivamente, máis adiante acepta de modo contraditorio a perspectiva de Saco Arce sen explicitar esa fonte, nunhas condicións que hoxe ben permitirían falar de plaxio académico:
establecemos que se observa en el lenguaje de los habitantes del Norte de Galicia, que propende al empleo de las vocales abiertas, mientras que en el Mediodía son más cerradas. En el Norte se nota cierta predilección por la n, que los del Sur la convierten en u: el subdialecto septentrional dice irmán, man, chan, y los plurales uns, cans, mans, mientras el meridional prefiere irmao, mao, chao, us, cas, mas ().
En Orense usan la i con preferencia a otras vocales, así dicen éhi [sic], il, aquil, iles, eiquí, eilí, mientras en la Coruña dicen el, aquel, eles, aquí, alí ().
Os fenómenos lingüísticos que Santiago Gómez sintetiza en dous cadros son practicamente os mesmos que os do clérigo. As poucas diferenzas entre ambos veñen dadas por algunha imprecisión ou gralla e pola inclusión das formas vocabulares ventán, sabenlo e careixós, que son, segundo o autor vigués, as empregadas polas xentes do norte, face a ventá, sabelo e fresas:
Noutra orde de asuntos, non están sen exemplo algunhas mostras de asunción da proposta de Saco Arce totalmente explícitas, embora formuladas dun modo máis xenérico e fuxindo da descrición lingüística ou de calquera temática morfosintáctica. No citado artigo “La lengua gallega y Saco Arce” de , o seu responsábel, a continuar no mesmo ton laudatorio, salientaba a perspectiva do polígrafo ourensán: “Y hay, por último, al final del libro páginas tan fecundas como las consagradas a determinar cuáles son los ‘subdialectos’ del gallego”.
No tocante á Gramática do idioma galego de , a obra inclúe algunhas nótulas con información dialectal centradas antes ben en fenomenoloxías concretas, sen incidir na existencia de variedades ou falares. A ansia prescritivista e a necesidade de selección das variantes rexionais é o que explica o sentido fiscalizante de determinados comentarios, como o seguinte: “O artículo indeterminado decrínase o mesmo que o determinado cô auxilio das preposiciós, seguindo a mesma forma para un, para unha e non pr’un, pr’unha, que son dialectás” (). Tamén hai ocasións en que se acerta a facer corresponder diferentes fenómenos locais coas áreas en que son detectábeis, mesmo na actualidade. Neste sentido, o autor das Mariñas, a se basear na división de Saco Arce, non hesita en identificar como propias do sur do país certas formas deícticas adverbiais, seguindo aquí, polo menos aparentemente, o maxisterio de Saco Arce: “As formas eiquí, ehí, elí, atrais, non se hachan nos documentos e traballos literarios antigos; son xeitos dialectás, principalmente no sur de Galicia” ().
Finalmente, en 1926, Antonio Couceiro Freixomil dá a lume na Geografía General del Reino de Galicia. Generalidades a primeira versión do que máis tarde había ser a súa obra El idioma gallego (). O eumés indicaba que, non tendo estado “sometido el idioma a una constante fijación literaria”, as diferenzas dialectais que ofrecía a lingua non eran profundas até ao punto de constituíren verdadeiros subdialectos (), idea que recolle de . Ten en conta fenómenos lingüísticos que localiza, en xeral de forma asisada, ao longo e largo do país, propósito para o cal segue bastante de cerca as impresións de García de Diego e tamén as de Saco Arce, como declara a rodapé (). Talvez unha das ocasións en que a fonte documental do relixioso se perciba con maior evidencia sexa a seguinte, en que comenta certas particularidades partindo da diferenciación horizontal: “hacia el N. propéndese á la vocalización abierta (este, ese, aquel), en tanto que hacia el S., sobre todo en la provincia de Orense, la tendencia es hacia la vocalización cerrada (iste, ise, aquil)” ().
8. OUTRAS INFORMACIÓNS ADICIONAIS DE CARÁCTER DIALECTAL
De forma a irmos concluíndo este contributo, non quereriamos deixar de comentar que Saco Arce tamén forneceu outro tipo de impresións sobre a diversidade lingüística. Son de desigual transcendencia e significación, mais no seu conxunto proporciónannos datos sobre aspectos da realidade do galego que chamaron a atención do autor ourensán. O noso primeiro albo de diferenzas gramaticais subliñado polo clérigo posúe unha dimensión tanto dialectolóxica canto sociolingüística, pois alicérzase na constatación das mudanzas que emanaban das cidades e principais vilas do país. Vistas como focos de españolización do galego, as alteracións que detectaba na oralidade da altura permitíronlle notar como tales modificacións se orientaban cara á lingua mellor considerada socialmente e como provocaban singulares niveis de hibridación. No comentado artigo “Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes”, o humanista lamentaba esas influencias nos arrabaldes das principais localidades: “Es de advertir que estas formas censuradas [= interferencias do español], y otras muchas de este jaez hallan ya grande acogida e en el lenguaje usal de las poblaciones próximas á las ciudades” (en ). Igualmente, a percepción da existencia desas diverxencias entre o mundo rural e o citadino no referente ao uso e ao tipo de lingua empregado en ambos os ámbitos, tendo o contacto de linguas como protagonista, fíxoo denunciar como nas cidades “se castellaniza el gallego, con detrimento del idioma de Cervantes”, en canto nas aldeas “se galleguiza el castellano, con méngua de nuestra lengua y dignidad” (en ). Así, segundo el, nos extrarradios das cidades era común rexistrar formas como aconsexar, cuchera, güerta, haiga, sépea etc. en vez das galegas aconsellar, culler, horta, haxa, saiba etc.
A segunda fonte de información á volta de diferenzas dialectais provén da Gramática, en que achega abundantes datos sobre variantes locais ou populares, aínda que sen localizar as máis delas. Dispomos de abundantes mostras sobre posibilidades fonéticas e morfolóxicas do galego da segunda metade do século XIX que dan conta dunha realidade no elementar bastante equivalente á nosa época; a modo de exemplo, pensamos nas súas impresións sobre a existencia de facer ~ faguer ou do tema de pretérito de traer cando dicía que en varios puntos do país “se usa la g suave en vez de la c ó x en todos los tiempos de estos dos verbos donde haya una de dichas letras: faguer, faguemos, faguia, figuen, figuera, &c., trouguen, trougo, trouguera, &c., por facer, facemos, fixen, trouxen, &c.” (). Outro caso disto que estamos a singularizar procede do seus comentarios a respecto da P3 do pretérito do indicativo do verbo dar: “De las tres [formas] que tiene la tercera persona de singular, dou, deu, diu, la primera es la más usada, pero tiene el inconveniente de confundirse con la primeira persona del presente de indicativo” (). Podemos ir procurar un derradeiro testemuño aos inventarios de adverbios, nos cales, embora novamente sen identificación xeográfica, figuran aínda, inda, iña e aíña, “antronte, nantronte ó noutronte”, “despóis, despoixa ó dempois”, huxe e hoxe, mañá e mañán, “quezayes, quizaves ó cecáis”, “seica ó seique” etc. (), algún deles característico da rexión de procedencia do autor.
E a terceira fonte procede dos testemuños de LPG, pois o polígrafo de Toén incorpora comentarios que glosan singularidades etnográficas, culturais, lingüísticas etc., labor que tamén acometería o seu correlixionario Pérez Ballesteros no CPG. Loxicamente, de todas elas, as que máis interesan aquí son as dialectais, susceptíbeis de seren catalogadas en nótulas fonéticas ou fonolóxicas, morfolóxicas e algunha lexical, as cales, sen constituíren un número abondoso, tamén se tornan de interese polos datos que achegan. Así, no tocante á compoñente fónica da lingua, hai unha que ten o acento como protagonista. No galego contemporáneo existen varios vocábulos que se documentan con variantes nos esquemas acentuais: é o caso de cóxegas e coxegas, páxaro e paxaro, péxego e pexego etc. Xustamente, unha desas palabras que coñece ambas as posibilidades é cantiga, rexistrada como paroxítona por Saco Arce na zona da Baixa Limia e comparada co que era o máis habitual na lingua: “En Entrimo se pronuncia con acento en la í la voz Cantiga, que en casi toda Galicia suena como esdrújula” (), unha apreciación totalmente corroborábel hoxe (Cf. ). A mesma temática do acento nesa palabra acirraría a curiosidade de Pérez Ballesteros, quen recollía en 1886 un comentario referido a un cantar sinalando que algunhas persoas “dicen cántiga como en esta copla” e que outras “dicen cantíga como en la 9 de esta misma sección” (); a constatación de ambas as posibilidades tamén obrigaría Leite de Vasconcelos a se referir anos máis tarde ao carácter proparoxítono da palabra con referencias á Galiza: “Em galego também se diz cántiga (esdrúxula)” ().
A lingua de certos territorios soluciona o encontro da preposición a ou para co pronome un na crase [ɔ̃ŋ] ou [pɾɔ̃ŋ], conforme dixo o propio Saco Arce (): “Cuando el artículo un, unha, va precedido de una de las preposiciones, pra, a, contra, ó algunha que otra palabra terminada en a, suele esta letra para evitar el hiato contraerse con la u siguiente, resultando de las dos una o”. Tal singularidade, aínda que non exclusiva, é relativamente común na Galiza do interior e tivo na poesía de Curros Enríquez frecuentes mostras (Cf. ). Por iso, non é de estrañar que apareza en ocasións en cantares ourensáns, como nuns versos da Limia que din Redonda com’onha pera, / Pequena com’onha nos () ou noutros en que pode lerse Para dar onha mociña / Que ven de Riba de Mouro (), explicados polo colector: “Onha – á unha” (). Na súa poesía en galego este tipo de resultados tamén non está sen exemplo, segundo se constata nos versos Rúbena ón alto penedo / Que apena-los ollos poden / Ver o chau fondo alá embaixo ().
Outras singularidades fonéticas, sen deixaren de pertencer ás tabelas de variantes dialectais, permiten con maior facilidade unha explicación derivada do tipo de rexistro. Nestas contas, a lingua popular favorece que en determinadas circunstancias se altere a vogal nuclear de certos ditongos decrecentes átonos, como acontece con loureiro ~ laureiro, ourego ~ aurego, outeiro ~ auteiro etc. (Cf. ), alteracións detectadas esporadicamente na linguaxe literaria contemporánea e nalgunhas obras lexicográficas da época de Saco Arce, cal a de Luís Aguirre del Río (Cf. ). O nome da cidade das Burgas participa destas fenomenoloxías, segundo o demostra o verso Adiós, ciudade d’Aurense (), nome que sería explicado deste modo: “Se dice indistintamente Ourense, Ourens, Aurense” (). Aliás, parece de interese facermos notar aquí que a forma apocopada do topónimo coñece atestacións na lingua medieval, tanto na prosa histórica e tabeliónica como na cantiga de Afonso X “Com’eu en dia de Pascoa queria ben comer”, en que se louva a excelencia dos caldos ourensáns: Assi com’eu beveria [do] bon vinho d’Ourens, / assi queria bon son de Cunctipotens / pera meestre Joan (Cf. ); tamén seria forma empregada polo propio Saco Arce nun verso que di Ourens, Ourens, pobo ilustre ().
Igualmente dentro dos procesos de encurtamento vocabular por apócope, outro comentario que deixou escrito é o protagonizado polos casos dos resultados das formas latinas -tate e -tute. A solución galega -dade e -tude coñece un serio competidor nas formas apocopadas -dá e -tú, produto probabelmente da interferencia do español. A Gramática recolle ambas as posibilidades como lexítimas cando se indica que as palabras que en “castellano acaban en d, ó la pierden en gallego, ó le añaden una e final. Se dice pues bondá ó bondade, piedá ó piedade, verdá o verdade, saú ó saúde, vosté ó vostede, mercé o mercede” (). Desta forma, cando nun cantar apareceu o nome abade, o humanista de Toén inserta un apuntamento para explicar como o ritmo do verso daba indicios de solicitar a variante españolizada, a seu ver tan válida como a xenuína: “Es probable que en esta copla y la siguiente se diga abá, forma también gallega en vez de abade, con lo cual el verso quedaba bien” (); a validación das dúas hipóteses harmoniza así en parte co exposto en obras lexicográficas como as de Sobreira, Aguirre del Río ou Francisco Javier Rodríguez, que recollían tanto abá como abade (Cf. ).
No ámbito consonántico, os fenómenos da gheada e da gueada xa eran unha realidade dialectal e diastrática no século XIX, como o demostra o facto de apareceren ocasionalmente representadas na literatura da época (Cf. ). A respecto da segunda, o clérigo notou tal singularidade ao explicar que non
habiendo j en nuestro dialecto, ya se comprenderá porque los gallegos sin instrucción incurren facilmente en los trastrueques conocidos con el nombre de geadas, nacidos de que repeliendo su oído el sonido áspero de la j, la sustituyen con la g dulce, diciendo, v. gr., gabon por jabon cuando quieren hablar en castellano ().
A continuarmos con estas temáticas, compilou unha cuadra en que ocorre o nome de Xesús na súa versión con gueada, isto é, partindo da pronuncia con fricativa velar non voceada [x] do español convertida en oclusiva velar voceada [g]: Jesús → Guesús. Embora non a localice xeograficamente, o colector acrecenta un apuntamento de carácter sociolingüístico e prescritivo en congruencia co exposto na Gramática: “Ordinariamente pronuncian los rústicos Guesus, en vez de Xesús, cuya pronunciación es la legítima” (). Xunto a esta información, figura un outro caso de gueada detectado nun cantar posibelmente colixido na área da Coruña: N-a calle Real d’a Cruña / Teño un amor lisongueiro ().
No tocante a cuestións morfolóxicas, sobresae algunha nótula dedicada aos pronomes. A principiar polos persoais, a metade oriental do país continuou a manter o suxeito tu, en canto nas restantes rexións do occidente foi substituído por ti, por influencia da forma descendente do dativo latino (Cf. ; ). Na Baixa Limia ourensá, a variante conservadora é a que se utiliza aínda hoxe en día, e tamén na época de Saco Arce, quen entendía que ese trazo era debido ao contacto co portugués: “En Entrimo se usa la forma pronominal tu, en vez de ti, para el nominativo; sin duda por la vecindad con Portugal” (). Noutro cantar probabelmente recollido en Alongos tamén aparece esta singularidade morfemática: Que morra teu pai / Quedemos eu e tu ().
O ámbito pronominal da P2, agora no caso das formas átonas, centra de novo o interese do polígrafo. A distinción entre te para o acusativo e che para o dativo non é pertinente en determinadas rexións da Galiza, como a parte máis occidental da provincia da Coruña, en que se utiliza o dativo tanto para os casos de CD canto para os de CI (Cf. ; ). Unha das zonas en que se documenta este fenómeno corresponde á de Noia, como ben observou o autor ao encontrar che nunhas poesías colixidas na vila do Barbanza: “En este país usan che por te en el acusativo” (); “En Noya usan che por te para el acusativo” ().
Igualmente, no cadro dos pronomes persoais, o autor compilou unha poesía en que se documenta a forma de tratamento de respecto vós, hoxe en día en retroceso aínda que detectábel nalgunhas rexións da Galiza, como as partes máis occidentais da actual provincia da Coruña ou a zona de Sobrado dos Monxes (Cf. ; ). A utilización deste pronome na esfera da deíxe social, que tamén se mantivo no portugués popular setentrional polo menos até ben entrado o século XX, levou Saco Arce a facer o seguinte comentario na Gramática a clarificar que en “lugar del pronombre ti, se usa en algunos puntos de Galicia, hablando con personas de respeto, del plural vos, frecuente también en el antigo castellano” (p. 57), onde non adscribe o fenómeno a ningún lugar concreto. Tamén en LPG, ao se rexistrar nunha poesía, acrecentou que en “varios puntos de Galicia se usa vos en lugar de vostede (usted)” (), igualmente sen indicar en que zonas se detectaba. A mesma falta de concreción é a que aprecia no comentario dedicado á variante do pronome posesivo nostra, produto do cruzamento co español nuestra, en lugar do lexitimo nosa: “Tratándose de la Virgen, se dice muchas veces nostra y aún nuestra, en vez de nosa, que es la forma genuinamente gallega ().
Entre as anotacións de carácter léxico-semántico, salienta a dedicada á forma galego/a, residual nos textos oitocentistas a respecto da española correspondente gallego/a. En finais do século XIX podía atestarse esporadicamante o xentílico tradicional en textos de autor, como verifica a obra Pelra… Antre seixos (1888), de Roxelio Lois Estévez (Cantos galegos / Asina morren) ou Os Calaicos (1894) de Florencio Vaamonde Lores (Tantas grandezas, relucentes feitos, / Que son debidos aos galegos peitos; Que as galegas insólitas fazañas / Son maiores que as gregas e romañas; E con él os fortísimos galegos / Espanto dos romanos estrategos; etc. Cf. ). Tamén se documentaba como lema en traballos lexicográficos, cal o de Luís Aguirre del Río, o de Francisco Javier Rodríguez ou o de Marcial Valladares (Cf. ). Finalmente, na literatura tradicional, predominando o uso case exclusivo do adxectivo en español, tamén se podía achar, como o verifica o facto de aparecer en varios cantares de LPG: Que non dades ós galegos/ Unha hora de descanso, ;Castellanos de Castilla, /¿Qué lles fagués ós galegos?, ; etc. Estes versos fixeron Saco Arce sinalar o seu uso na Limia, explicándoo pola proximidade de Portugal: “En Entrimo dicen ‘galego’ por ‘gallego’, a semejanza del portugués” ().
Por último, de novo a contigüidade da Terra da Limia relativamente a Portugal foi o motivo a que acudiu o polígrafo para explicar a detección do vocábulo cravo co significado de caravel nunhas poesías. Así, a cuadra Antoniño é o cravo, / Manoel é o anel; / Máis vale o cravo de Antonio / Ca o anel de Manoel requiríronlle explicar que “el lenguaje de esta copla hace sospechar que es de origen português” (); en coherencia con esta impresión, un outro texto en que se le Dices que non pode ser / Silva verde dar un cravo () favoreceu unha aclaración na mesma liña: “En Entrimo, a semejanza de los portugueses, dicen cravo por caravel (Clavel)” ().
9. CODA
Na historia da filoloxía galega contemporánea, Juan Antonio Saco Arce emerxe como un dos máis relevantes vultos. Nuns tempos en que pouco ou nada se sabía sobre a lingua, el foi o autor da primeira gramática merecedora de tal nome, aínda hoxe de consulta obrigada para nos aproximarmos das características do galego popular da segunda metade do século XIX. E tamén foi pioneiro en tratar de clasificar as variedades do idioma dunha perspectiva xeográfica, proposta quizais tan audaz como neboenta, a par que tan inxenua como benintencionada. A súa visión, para a cal tomou datos lingüísticos de autores e autoras da época e das súas propias observacións sobre a lingua oral, tivo certa repercusión en reducidos ambientes cultos e filolóxicos e foi asumida directa ou indirectamente por Juan Cuveiro Piñol, José Pérez Ballesteros, Manuel Curros Enríquez, Marcial Valladares, José Leite de Vasconcelos, Jules Cornu, José de Santiago Gómez ou Antonio Couceiro Freixomil. Tal visión asentaba na existencia de dúas modalidades principais, unha setentrional, nucleada á volta da cidade de Compostela, e outra meridional, referenciada a partir de Ourense. Esta división sabémola hoxe errada, como a maioría das que se fixeron durante o século XX até aos contributos de Fernández Rei, mais ten o mérito de arriscar, no contexto dunha precariedade notabilísima de coñecementos lingüísticos, unha clasificación para dar conta das diferenzas máis notábeis da lingua en congruencia coa perspectiva do autor.
Xunto a esa proposta, a súa figura merece un lugar de destaque nos estudos de filoloxía ao superar o preconcepto vigorante naquela altura sobre a identidade do galego: para el, era tan lexítimo entendelo como unha lingua, un idioma ou un dialecto, pois, dependendo da significación histórica e colectiva que se aplicase a cada un destes termos, validábase a tripla identificación. Na apoloxía da lingua, tratou de contrarrestar a idea tan acusada canto falsa da súa fragmentación dialectal, non sustentábel á luz dos datos postos en confronto nin moito menos dunha óptica actual. Do punto de vista artístico, tamén Saco Arce demanda un posto salientábel ao considerar que, contra todos os ideoloxemas da época, esa diferenciación rexional do idioma podía coadxuvar na expresión literaria galega e contribuír para a tornar máis rica e variada.
En último lugar, dado que foi un dos colectores de textos tradicionais máis recoñecidos, os cantares que deron forma á Literatura popular de Galicia proporcionan datos de singular relevancia para a reflexión sobre duplicidades lingüísticas na oralidade popular recollida nesas poesías. Deixando de parte a feliz circunstancia de moitas delas estaren localizadas xeograficamente, o que, coa cautela necesaria, facilita pensarmos en equivalencias diacrónicas entre ese galego e a situación dos nosos días, algúns cantares inspiraron en Saco Arce anotacións aclaratorias para explicar características dialectais. Embora poucas, posúen certa importancia pola información que fornecen sobre a lingua coloquial da segunda metade do século XIX, en canto tamén contribúen para verificar o interese do clérigo por asuntos gramaticais do que el chamaba indistintamente “nuestra lengua” ou “nuestro dialecto”.
Agradecementos e financiación
O autor moito estima as lecturas das primeiras versións do texto feitas por colegas, as cales coadxuvaron para o melloraren, e agradece as suxestións dos revisores anónimos, que igualmente contribuíron nesa mellora. A gratitude tamén se nortea para a profesora Teresa López (UDC) pola información relativa ao coñecemento que tiña Saco Arce sobre Sarmiento. Os erros e as imprecisións destas páxinas son da nosa única responsabilidade.
Este contributo insírese no proxecto de investigación de ámbito ministerial español PGC2018-093928-B-I00.
Bibliografía
1
2
Álvarez, Rosario (ed.). 2019. Gramáticos e gramáticas. Homenaxe a Juan Antonio Saco Arce. 150 anos da publicación da Gramática Gallega. Anexos BRAG, I, A Coruña: Real Academia Galega. https://doi.org/10.32766/rag.359.
3
5
6
Balbín de Unquera, Antonio. 1881. Un filólogo gallego. Don Juan Antonio Saco Arce, La Ilustración Gallega y Asturiana 29, 340. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_adg_Saco_Arce_024.pdf[3/9/2023].
7
BCM = Literatura popular de Galicia. Colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Recogidos por D. Juan Antonio Saco y Arce, Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, 79. https://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=7252 [20/8/2023].
8
9
10
Carballo Calero, Ricardo. 1974. La constitución del gallego como lengua escrita, Verba 1, 31-40. http://hdl.handle.net/10347/2710.
11
14
Cornu, Jules. 1906. Morfología del gallego moderno. C) Pronombres. Pronombres personales [tradución realizada por Martinez Morás da parte correspondente ao apéndice á morfoloxía do portugués que aparece na segunda edición da Grammatik der Portugieisischen Sprachen], Boletin de la Real Academia Gallega 2, 7-9. https://academia.gal/hemeroteca/brag [18/8/2023].
15
16
17
18
Cuveiro Piñol, Juan. 1876. Diccionario gallego. El más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el dia. Con las voces antiguas que figuran en códices, escrituras y documentos antiguos, términos familiares y vulgares y su pronunciación, para la escuela de diplomática, anticuarios, jueces, abogados, escribanos, párrocos y otras personas á quienes es indispensable su frecuente uso, Barcelona: Establecimiento tipográfico de N. Ramírez y C.ª
19
DdD = Santamarina, Antón (coord.) 2003-. Dicionario de dicionarios da lingua galega, https://ilg.usc.gal/ddd/ [12/8/2023].
20
22
23
Fernández Salgado, Xosé Antonio. 2023. Álbum de Galicia. Juan Antonio Saco Arce, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. https://doi.org/10.17075/adg.2023.23846.
24
Freixeiro Mato, Xosé Ramón. 2017. Sobre historiografía gramatical e codificación lingüística (1955-1977). O Epítome de gramática galega e outros textos. Monografía 12 da Revista Galega de Filoloxía, A Coruña: Universidade da Coruña. https://illa.udc.gal/rgf/monografias/pdf/mon_12.pdf.
25
26
27
29
González Seoane, Ernesto Xosé. 1992. A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do século XIX e primeiros anos do XX [tese de doutoramento], Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. http://hdl.handle.net/10347/19749.
30
31
Hermida, Carme. 1987. Leite Vasconcellos e o galego. Notas sobre un artigo esquecido. Verba 14, 489-496. http://hdl.handle.net/10347/4885.
32
Hermida, Carme (ed.). 1992. A reinvindicación da lingua galega no rexurdimento (1840-1891). Escolma de textos, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=2887 [10/8/2023].
34
35
López, Teresa. 2019. “Con abundancia de razóns”: a literatura na Gramática de Saco Arce. En Álvarez, Rosario (ed.), 51-62. https://doi.org/10.32766/brag.379.737.
36
37
Lugrís Freire, Manuel. 1931 [1922]. Gramática do idioma galego, A Cruña: Imprenta Moret. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=120 [20/8/2023].
38
39
Mariño Paz, Ramón. 2014. Traxectoria histórica dos resultados galegos do sufixo número-persoal latino -tĭs. En Leticia Eirín García e Xoán López Viñas (eds.), Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica. Monografía 9 da Revista Galega de Filoloxía, A Coruña: Universidade da Coruña, 257-290. https://illa.udc.gal/rgf/monografias/pdf/mon_9.pdf
41
Ogando Vázquez, Xulio Francisco. 2016. Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968, A Coruña: Real Academia Galega. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/312/307/267.
42
43
44
Pedret Casado, Paulino. 1935. Xoan Antonio Saco Arce. Algunhas notas biográficas. Nós 135, 41-43. http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1272710®istrardownload=0 [3/9/2023].
46
47
49
50
Ribalta, Aurelio. 1923. La lengua gallega y Saco Arce. Almanaque Gallego VI, 24-28. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2010_Almanaque-gallego-por-Manuel-Castro-Lopez-Volume-VI-1923-1927.pdf [3/9/2023].
55
Sánchez Rei, Xosé Manuel. 2005. Trazos xerais da tradición gramatical galega. Revista Galega de Filoloxía 6, 93-121. https://doi.org/10.17979/rgf.2005.6.0.5317.
57
58
59
60
61
62
63
Santamarina, Antón. 2019. Saco Arce como gramático. Significado e pegada da súa obra. En Rosario Álvarez (ed.), 31-50. https://doi.org/10.32766/brag.379.736.
64
65
UC = Ferreiro, Manuel (dir.). 2018-. Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, Universidade da Coruña. http://universocantigas.gal [27/8/2023].
67
68
69
70
71
Vilanova, Alberto. 1937. Gallegos olvidados: Vida y obra de Saco y Arce. Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense 232, 155-164. http://www.albertovilanova.com/Publicaciones/articulo/22/GALLEGOSOLVIDADOSVIDAYOBRADESACOYARCE193638 [4/9/2023].
72
Zamora Vicente, Alonso. 1986. Geografía del seseo gallego. En Estudios de dialectología hispánica. Anexo 25 de Verba, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 1-10. https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/estudios-de-dialectologa-hispnica-0/html/ [17/11/2023].
Nota ao pé de páxina
[1] Existe unha segunda edición do ano 1967 promocionada pola casa ourensá Gráficas Tanco que actualiza parcialmente a ortografía orixinaria. Non deixa de ser unha curiosa e interesante coincidencia que nese tempo tamén Carvalho publicase a súa Gramática elemental del gallegocomún en 1966 ou que Carré fixese o propio coa súa Gramática gallega en 1967. Relacionado con isto, o Epítome de gramática galega deste mesmo autor foi composto sobre o ano 1969, embora non fose dado a lume até á recente exhumación de .
[2] No tocante a cuestións de carácter biobibliográfico e da súa Gramática, cf. a monografía editada por . Cf. tamén os traballos de ―a primeira aproximación biográfica de que temos noticia―, , , , ou , algúns deles máis meritorios polo valor historiográfico que polo rigor e a obxectividade. Como curiosidade, vid. o “retrato fisiognomónico” que dedicou ao erudito ourensán. A respecto das gramáticas galegas do século XIX, son de obrigada referencia os estudos de e .
[5] Do punto de vista do contido, non parece menor a correspondencia sociolingüística entre autoestima nacional e amor pola propia lingua que explicita nin a mención expresa ao comportamento lingüicida dos axentescolonizadores sobre os pobos sometidos: “El pueblo que no quiera avergonzarse de sí propio á la faz de los demás; el que desee hacer valer su honra y su dignidad de raza ó nación, es menester que empiece por estimar y glorificar su lenguaje […]. Despreciar su idioma, es depreciarse á sí mismo; y el propio menosprecio, si sublime virtud en los individuos, no es en los pueblos sino torpe abyección que bien pronto les acarrea el desdén general ó la servidumbre. Grande y previsor fué el trabajo que algunos conquistadores pusieron en hacer olvidar la lengua del país conquistado, reemplazándola con la de los invasores. No se ocultaba á su penetración que nada contribuye tan eficazmente á mantener vivo el carácter nacional, á fortalecer el espíritu de independencia y á estrechar los vínculos de raza, como el amor que se profesa al patrio idioma. Y este amor es tanto más fuerte, cuanto mayor sea el brillo que el idioma reciba de numerosas é importantes obras literarias que lo avaloren y realcen á los ojos del pueblo, de suerte que pueda legítimamente enorgullecerse de hablarlo.”
[6] Repárese nas palabras do Padre Sarmiento, cando sinalaba a necesidade dun dicionario galego ao afirmar que sería “útil para los mismos gallegos rústicos o no rústicos, pues, siendo cierto, como dije, que muchas voces y frases gallegas que se usan, v.g., hacia el cabo de Ortegal no se entienden hacia el cabo de Finisterre, ni al contrario, sólo por medio de ese vocabulario se podrán entender. Lo mismo respectivamente en tierra de Limia, de Valdeorras, montañas de Lugo, Tuy, Orense, Santiago, Betanzos, etc.” (en ). Sobreira, por seu turno, pensaba de similar forma: “Pero es tan diferente la situación de nuestras poblaciones que, por ésta, no menos que otras causasfísicas y morales, nos diferenciamos de legua a legua, así en el tonillo como en el acento, y en valor de las letras, y en la propiedad de los vocablos […].Realmente, no nos entendemos muchas veces, aunque todos hablemos en buen gallego” (en ).
[7] O propio Leite de Vasconcelos explicaba ese proceder do seguinte modo: “Ás vezes os romancistas, os dramaturgos, e em geral os literatos, querendo dar às suas composições certo tom local, põem a gente do povo a falar dialecto. Pode pois por aqui fazer-se idêia da fala do povo” ().
[8] Entre as características alleas ao galego da terra de Saco Arce, achamos: (i) seseo implosivo sistemático (atrós, PO: 379; crus, p. 369, 370 etc.; lus, p. 366, 411 etc.; ves, p. 394; etc.); (ii) utilización esporádica de chan (De cristiáns o teu chan rega, PO: 394) a respecto dos maioritarios chao (Debaixo do verde chao, p. 406) ou chau (Y-en chau gallego viviu, / Y-en chau gallego morreu, p. 410); (iii) uso ocasional de man (A aguillada n-a man, os bois xunguidos, PO: 366) en face dos máis xerais mao (Erguendo valeira mao, p. 382) ou mau (N-as mauserguida de Nái feiticeira, p. 38); (iv) flexión de número minoritaria en -ns (cristiáns, PO: 393; ilusións, p. 386; etc.) a par da máis frecuente (curazós, p. 383; razós, 403; serafís, p. 404; etc.); e (v) asimilación do artigo á palabra anterior cando terminada en -r ou -s (Qu’apena-los ollos poden, PO: 404; nubrádo-los meus ollos, p. 371; Ti amache-la verdá, p. 376; etc.), singularidade escasamente común en certas áreas da actual provincia de Ourense (Cf.; ).
[9] Cf. Si alguns se afan à música da Gaita / E teñen da sua pátria o amor desperto, / Si saben do idioma algun-ha cousa / Por Dios que lla comuniquen ò Gaiteiro (Pintos 1853: 34); E aposto cento por un / E mais poño o que non teño / Que si catro galleguiños / Das catro esquinas do reino / Se sacoden co él abrochan / Con patriótico empeño / Po las aldeas e vilas / E cuiden de recollelo, / De compolo e arrombalo, / E facer un todo inteiro, / Juro a Dios volvo a decire, / Que ha de ser un gusto velo / Chegar a donde chegaron / Os outros, e en anos menos (); “Algunos amantes de nuestra literatura patria han manifestado en varias ocasiones la conveniencia de reunirse en un centro dado cierto número de personas de cada una de las cuatro provincias y aun de los partidos judiciales, para que, provistos de datos, pudiesen arreglar un verdadero diccionario; pero es preciso confesar que para esto se requiere, además, de una iniciativa eficaz, un patriotismo, constancia y decisión á toda prueba, y que solo podría llevarse á cabo si de las Diputaciones provinciales partiese el empeño en conseguirlo” ().
[10] Quizais o termo subdialecto se faga merecedor dun comentario. O sacerdote de Toén non foi o primeiro en facer uso da palabra, pois fora empregada por autores como cando escribira que a “lingüística o ciencia idiomolójica” admitía a existencia de “sub-dialectos que son a los dialectos lo que los dialectos a las lenguas”. O termo foi recorrente para indicar un tipo devariedade lingüística xeográfica de menor entidade; en Portugal, por exemplo, Leite de Vasconcelos dicía en finais do século XIX que o “dialecto transmontano, ou linguagem vulgar portuguesa da província de Trás-os-Montes, é susceptível de se decompor em diversos subgrupos que denomino subdialectos” (). Na Galiza tal práctica chegou á segunda metade do século XX: se Leopoldo Pedreira falaba en 1913 dos subdialectos “mariñao”, “bergantiñán”, “montañés”, da Ulla e do “sub-dialecto orensano” (), e se Aurelio Ribalta afirmaba en 1917 que Gonzalo López Abente usaba o “subdialecto muxián (en ), o sueco Bertil Maler, na década de 60, non hesitou en intitular un estudo sobre o falar mindoniense El subdialecto gallego de Mondoñedo (Cf. ).
[11] A insinuación de ambas as modalidades de galego ou a mención explícita a elas xa aparece en máis seccións da Gramática, como se observa neste excerto: “De las dos formas subdialécticas que tiene esta persona en la conjugación tercera (pidiu, pedeu), aunque en obsequio de la variedad convenga tal vez conservar las dos en el gallego literario, creemos debe preferirse la primera, ya para distinguirla de igual persona de la segunda conjugación, ya por ser mas conforme á la índole de la tercera, cuya vocal dominante es la i” ().
[12] Nas variantes sinaladas polo autor como exemplos de fenómenos dialectais, actualizamos a ortografía de acordo co estándar oficial en vigor.
[13] Os resultados destas terminacións latinas no galego abren a porta para seren tamén percibidos como elementos de natureza fónica, pois corresponden a exemplos de evolucións de antigos hiatos con vogais sinaladas pola nasalidade (Cf. med. irmãa, irmão).
[14] As terras da demarcación provincial de Ourense tamén foron as súas favoritas para distinguir certas modalidades de cantares tradicionais. Na anteriormente comentada “Introducción” á LPG, salientou as cantigas da Limia pola súa fermosura e sinxeleza a respecto das doutras rexións do país: “No dejan de existir, sin embargo, bastantes coplas religiosas extremadamente poéticas, en las cuales reinan una sencillez y gracia encantadoras. Las pertenecientes a Entrimo son acaso las más bellas” (). Máis adiante tamén subliñaría as poesías desa área, aínda que dun modo máis xenérico: “Es Entrimo un extenso y hermoso valle rodeado de ásperas montañas, a diez leguas de esta capital [Ourense] y no lejos del vecino reino, y con tantos y tan crecidos lugares que forma por sí solo un municipio. Dotados sus habitantes de un vivo sentimiento poético, como lo patentiza el crecidísimo número de coplas y romances que hemos tenido la dicha de recoger de boca de sus labriegos, refléjase en ellos cuanto constituye la vida local de un pueblo” ().
[15] A práctica de identificar a proveniencia das poesías, xa desenvolvida en parte por Sobreira, sería posteriormente secundada por Pérez Ballesteros no seu cancioneiro (CPG). Á falta doutras ferramentas, esas localizacións son capaces de se converteren nunha relevante axuda para nos aproximarmos do galego popular da altura (Cf. ).
[16] Parecida proveniencia maioritaria é a que se sinala para as paremias de LPG: dos refráns que integran a colección, “120 han sido tomados de la muy copiosa del célebre Hernán Núñez de Guzmán (el Pinciano), que en el siglo 16 reunió infinidad de proverbios de diversas lenguas de dentro y fuera de la península […]. Los demás, a excepción de alguno que otro, han sido recogidos de la viva voz, a fuerza de años y constancia, en las provincias de Orense y Pontevedra; a ésta pertenece como una quinta parte de ellos ().
[17] Dispomos dalgún exemplo en que, aparentemente de modo contraditorio, figuran ambas as posibilidades consonánticas: Ese neno é muy bonito, / Ben ll’o da o parecer; / Dicen que mexa na cama, / Co’a preguisa de s’erguer ().
[21] Existen datos que permiten pensar que o seseo explosivo non foi totalmente descoñecido hai algún tempo en áreas en que hoxe non se pode rexistrar: para a zona de Ribadavia, por exemplo, Sobreira insinuou en finais do século XVIII a presenza dese trazo (en ); na Coruña, igualmente, contamos con mostras escritas provenientes da oralidade popular en que se detecta tal característica, como é o caso da compilación de “Expresiones vulgares” realizada por Pérez Ballesteros na cidade en 1884, en que se le “Mais negro qu’un asabache” (); no ecuador do século XX, por súa vez, subliñou a a existencia de serdeira e a alternancia de sebola ~ cebola e seo ~ ceo en xente idosa da Arnoia, como tamén faría para esa mesma época ao lembrar como na súa infancia se podia documentar serda na zona de Xubia, en Ferrolterra; e mesmo nos inicios do século XXI pronuncias como faser ou mansiñas ocorrían ocasionalmente en persoas de idade naturais do concello herculino (Cf. ).
[22] Así fixeron Marcial Valladares no preludio a Maxina ou a filla espúrea de 1870 e no prólogo ao Diccionario gallego-castellano de 1884, Lamas Carvajal no correspondente a Espiñas, follas e frores de 1875, Cuveiro Piñol no liminar texto “A nuestros paisanos” ao Diccionario gallego de 1876 ou Lugrís Freire no prólogo á súa Gramática do idioma galego de 1922/1931 ( ). Curiosamente, tamén se cita nunha guía para turistas saída do prelo en Madrid nos primordios do século XX, texto en que, falando do galego, se indica que “Cuveiro lo precisó y ennobleció en su copioso Diccionario” e que “Saco Arce le impuso la lógica gramatical de que carecía” (). Para outro tipo de recepcións do texto, Cf. tamén Santamarina (2019: 40-47).
[24] As apreciacións de Leite de Vasconcelos son certas, aínda que non totalmente exactas: a comentar a evolución do latín ego para o pronome de primeira persoa, Saco Arce proporciona as súas equivalencias en varias linguas, contando coa forma “gallego-portuguesa eu” e as “formas italiana, castellana y francesa” (). Ao mesmo tempo, tamén critica a grafía com -m final (bem, vim, sem, algumha etc.) empregada por Sarmiento por a considerar “mas bien portuguesa que gallega” (). Nótese que, na realidade, o comparatismo oitocentista, tan recorrente en ambientes académicos da Europa, consegue albiscarse nas páxinas da Gramática, sobre todo cando o autor fai referencia a linguas clásicas, ao hebreo ou a outros idiomas cal o alemán, catalán, español, castelán antigo, provenzal etc.
[25] En máis obras de Leite de Vasconcelos tamén aparece como pano de fondo a Gramática de Saco Arce, normalmente para confrontar a situación de variedades dialectais e populares de portugués co galego. Así se documenta cando cita unha forma como habedes en Monção (), os “antigos partícipios” colheito / colleito, tolheito / tulleito ou cozeito / cuseito (), o alomorfe de acusativo no ou na en casos como levai-na, hai-no etc. (), o dativo che dalgunhas falas portuguesas setentrionais () etc.
[26] O gosto de Santiago Gómez pola culinaria doutros autores tamén o deslocou á mesa de Sarmiento, segundo se deduce cando sinala a suposta fragmentación dialectal da lingua (vid. §2): “Entre la gran variedad de subdialectos gallegos, se produce que muchas voces y frases gallegas que se usan en la comarca del cabo de Ortegal, no se entienden en el cabo Finisterre, y vice-versa. Lo mismo sucede con las voces que se usan en tierra de Limia, Valdeorras, montañas de Lugo, las Mariñas, Túy, Orense, Santiago, etc.” ().
[27] Conforme tamén se fixo anteriormente coa proposta de Saco Arce, a ortografía de Santiago Gómez foi harmonizada co estándar hoxe en día vigorante.
[28] Así ocorre aínda na actualidade con antronte, común na metade occidental de Ourense, ou con huxe, tamén rexistrábel no extremo occidental da mesma provincia (vid. ). Se o rexistro territorial de todas estas formas non figura explícito na GG, a súa documentación literaria tamén non resulta equivalente entre os autores e autoras: de huxe, por exemplo, só temos constancia do seu uso por parte de Curros, escritor que tamén empregou a variante máis común (Cf. ―Pra qu’hoxe t’axude / Xa é tarde, rapaza, AMT: 16; ―Moito madrugas uxe, / Dixo Xan de Ventraces á Martiño, AMT: 22).
[29] Para alén destas informacións, tamén habería que facer referencia a outros apuntamentos con datos de carácter máis xeral, adoito de contidos lingüísticos e etnográficos, mais decidimos obvialas por se non axustaren á temática deste traballo.
[30] Cf. os versos de José Pérez Ballesteros: Con laureiros a frente coroada / Tamén viche, por feitos enmortales ( ); E, prâ que non musche ese laureiro ( ); etc. O primeiro exemplo foi traducido para o español como “lauros” ( ).
[31] Como noutras partes do país, a zona da Coruña foi e continúa a ser expoñente de casos de gueada, conforme o verifica unha colección de fórmulas orais recollida por Pérez Ballesteros en 1884 para vendedeiras e vendedeiros atraeren a atención do público. A mostra, con textos en galego e en español e ás veces nunha sorte de variedade híbrida entre ambas as linguas, permítenos ler “A peseta la ducia de larangas de Málaga” ou aínda “Jílgaros y pardillos y págaros muertos” ( ).
[32] No primeiro terzo do século XX ) reivindicaba o seu uso na rexión das Mariñas, que era a zona que mellor coñecía lingüisticamente: “En algures de Galicia, particularmente na Mariña de Betanzos, cando se fala con persoa de gran superioridade, non se trata de vosté senón de vós. ‘O voso pai, señor abade, non chegou ainda’. No galego clásico usouse docotío”.