Contido principal do artigo

Ana Cabana Iglesia
Universidade de Santiago de Compostela
España
No 2 (2006), Artigos orixinais, páxinas 67-74
DOI https://doi.org/10.15304/rr.id5334
Recibido: 16-07-2018 Publicado: 11-09-2018
Copyright Como citar

Resumo

Neste traballo preséntanse os resultados dun estudo sobre a Escola Agrícola Pedro Murias no relativo ao seu papel como institución adicada á experimentación agropecuaria e á divulgación. Un labor que se desenvolveu entre 1916 e 1936 na parroquia A Devesa, concello de Ribadeo, e que parte do interese particular dun indiano por fundar un centro que permitira aos labregos da comarca innovar as súas explotacións. Coincide no tempo con outras institucións creadas polo Estado co obxectivo de facer competitivos os produtos agrogandeiros españois no marco dunha agricultura mundializada e inmersa nun novidoso marco capitalista. A institución devesá, a través dos seus directores, vaise postular nos grandes debates agronómicos do momento (mellora da raza vacúa galega, opción produtiva da gandería, etc.) e levar a cabo un destacado labor de experimentación e divulgación que se ben non consegue converterse nun referente a nivel galego, malia súa potencialidade, resulta decisivo no avance do agro da comarca de Ribadeo.
Citado por

Detalles do artigo