TY - JOUR AU - Eduardo Corbelle Rico, AU - Rafael Crecente Maseda, PY - 2018/09/11 Y2 - 2024/03/29 TI - Estudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004 JF - Recursos Rurais JA - Rr VL - 0 IS - 4 SE - Artigos orixinais DO - 10.15304/rr.id5312 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/rr/article/view/5312 AB - O abandono da terra agrícola é un tema de plena actualidade en Galicia: existen traballos científicos que confirman a súa existencia, textos legais que falan da “continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias visuais para calquera observador atento. Non obstante, o problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado territorialmente, en grande medida porque a insuficiente desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles sobre coberturas ou usos do solo non permite capturar a súa grande complexidade. Neste traballo achégase unha aproximación cartográfica ó problema tomando como base a escala municipal, dentro dunha das comarcas máis dinámicas do sector agrario galego, e cunha perspectiva temporal a medio prazo. Os resultados confirman a diminución da superficie agrícola da comarca, pero destaca o feito de que esa diminución se concentrou exclusivamente nunha parte dos concellos que a integran, mentres que o resto se mantiveron nos niveis de 1956 ou incluso os incrementaron. Deste resultado conclúese a necesidade de territorializar as políticas concebidas para combatir o abandono e as súas consecuencias negativas, de modo que se actúe principalmente nas áreas máis afectadas. ER -