@article{Cordero-Rivera,_2020, title={O eucalipto é como o estado: chupa e leva todo para el}, url={https://revistas.usc.gal/index.php/rr/article/view/6622}, DOI={10.15304/rr.id6622}, abstractNote={As plantacións de eucaliptos en Galicia se están a espallar de forma descontrolada nas últimas tres décadas, superando con moito as previsións. En boa parte, este aumento non resulta de novas plantacións, se non da invasión de montes abandoados, particularmente despois de incendios. Este panorama pon en grave risco bens materiais, naturais e as propias vidas das persoas, polo que cómpre facer cumplir as regulacións legais que xa existen, e pór orde no sector forestal. O feito de que a palabra “deseucaliptización” fora elexida palabra do ano 2018 no Portal das Palabras, demostra que a poboación está moi concienzada sobre os problemas que estas plantacións nos poden xenerar. Neste ensaio se revisa a evidencia da relación entre eucaliptos e incendios, que tantas mortes ten producido xa en Portugal e outros lugares onde as árbores pirofíticas son plantadas en enormes extensións. Se presentan os argumentos que demostran a mais que evidente capacidade invasiva dos eucaliptos nos montes galegos, onde son enormemente favorecidos polos incendios. Ademais se resalta que a falta de transmisión de enerxía dende os eucalitptos aos herbívoros (por seren estas árbores incomestibles), destrúe as cadeas tróficas e en consecuencia impide a autoorganización do ecosistema e a acumulación de biodiversidade. Se conclúe coa necesidade de facer cumprir as regulacións existentes sobre estas plantacións, co gallo de reducir as probabilidades de que se produzan grandes incendios no futuro.}, number={15}, journal={Recursos Rurais}, author={Cordero-Rivera, , Adolfo}, year={2020}, month={Feb.}, pages={19-33} }