Salto rápido al contenido de la página
  • Navegación principal
  • Contenido principal
  • Barra lateral
Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD) Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD)
  • Inicio
  • Actual
  • Números anteriores
  • Acerca de
    • Sobre la revista
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidad
    • Contacto
  • Envíos
  • rev{USC}
  • Registrarse
  • Entrar
  1. Inicio
  2. Archivos
  3. Vol. 5 Núm. 1 (2025): La Agenda 2030 y los ODS/SDGs en las universidades iberoamericanas
  4. Carta del director

PRESENTACIÓN

Barra lateral del artículo

Contenido principal del artículo

  • Silvana Longueira Matos+−
Silvana Longueira Matos
Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0002-5285-5524
Vol. 5 Núm. 1 (2025): La Agenda 2030 y los ODS/SDGs en las universidades iberoamericanas, Carta del director, Páginas 1-4
https://doi.org/10.15304/ricd.5.1.11018
Recibido: 2025-11-03| Publicado: 2025-12-30
PDF (Galician) XML (Galician) PDF (Inglés) XML (Inglés) PDF XML
Longueira Matos: PRESENTACIÓN

Sumario

    A situación de emerxencia ecosocial que enfrontamos require reformular todos os niveis do sistema educativo. Nesta liña, organismos internacionais desenvolveron diferentes marcos de referencia en favor das competencias para a sostibilidade na educación (UNESCO, 2017; OCDE, 2018; UE, 2022). Lexislación recente, interpela directamente ás universidades para activar procesos educativos que contribúan a sensibilizar e a formar unha cidadanía crítica e coñecedora das causas e efectos da situación actual e favorecer a inserción das implicacións da sustentabilidade nos perfís profesionais.

    En España o momento é especialmente relevante tras a aprobación do Real Decreto 822/2021, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade que inclúe a obrigatoriedade de que todas as titulacións teñan como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (art. 4). Xa no seu momento a Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE, 2012) apostou pola inserción das competencias en sostibilidade nas titulacións.

    Por todo iso neste número a Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD) interrógase sobre a capacidade das universidades para xerar as oportunidades e transformacións necesarias para construír un mundo máis sostible, máis xusto e esperanzador.

    As universidades son actores estratéxicos para achegar solucións aos grandes retos globais. A súa contribución está relacionada coas diferentes funcións que sosteñen o quefacer diario destas institucións: a formación, a investigación, o compromiso social e a xestión do seu propio ecosistema interno. No marco da formación, as súas principais contribucións vincúlanse á inclusión das competencias para a sustentabilidade nos plans de estudos das titulacións que imparten, así como a oferta de formación permanente nas diferentes áreas de coñecemento. Neste territorio, o obxectivo fundamental vinculado á sustentabilidade é formar profesionais con capacidade para ter en conta a sustentabilidade na toma de decisións profesionais. Sen dúbida, esta formación tamén terá repercusión na construción de cidadás e cidadáns comprometidas/os co ambiental e a xustiza social.

    Respecto á xeración de coñecemento, as tarefas relacionadas coa investigación e a innovación converten ás universidades en referentes para achegar solucións aos grandes retos globais e novas aplicacións a desenvolvementos consolidados. As achegas neste ámbito non só xeran solucións tecnolóxicas, sociais e políticas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), senón que inflúen nas políticas públicas e na sociedade civil a través da transferencia, a divulgación e a comunicación dos resultados de investigación.

    O compromiso social, a terceira misión ou extensión universitaria está a ser un dos principais motores do desenvolvemento da Axenda 2030 nas universidades, a partir da colaboración co tecido social e o Terceiro Sector. É unha vertente que ten implicación endóxena, nas propias estruturas da universidade e empuxa unha maior oferta formativa e novas colaboracións nas materias e as aulas, ademais de traballar da man na toma de decisións na xestión institucional. Na súa dimensión esóxena, conta cunha proxección social en e coa comunidade ou as comunidades da contorna na que habitan as universidades, así como outras comunidades coas que se coopera e colabora.

    Respecto ao marco de gobernanza, as universidades son grandes institucións con ecosistemas difíciles de xestionar. A pesar de contar habitualmente cun alto grao de autonomía, adoitan funcionar con metabolismos lentos na súa xestión. Cada universidade é unha pequena cidade (ou varias, segundo a súa distribución por campus) incardinadas en cidades máis ou menos extensas nas que xeran un impacto diario. O marco de sustentabilidade nesta faceta implica cuestións tan variadas como o aforro enerxético, a xestión da auga e a mobilidade, o sostemento de zonas verdes e da biodiversidade, a compra pública ética, a formación do persoal en sustentabilidade, as políticas de diversidade, a igualdade de oportunidades e a igualdade de xénero, entre outras.

    Ademais, as universidades son axentes fundamentais na xeración de redes e alianzas a moi diversos niveis. Poden converterse en laboratorios de innovación social e científica, por exemplo, desenvolvendo os seus campus como territorios de probas e resultados. Trátase de actores tractores e neurálxicos tanto nas colaboracións con outras universidades como con outros axentes, ademais de potentes altofalantes respecto ás necesidades, ás expectativas e ás solucións viables.

    Neste número inclúense 6 artigos e un proxecto elaborados por dezaoito autores/as (7 mulleres e 11 homes) de 10 universidades diferentes (5 españolas, 2 mexicanas, 2 chilenas e 1 ecuatoriana) e unha rede de Chile.

    No primeiro dos artigos, a Dra. Gómez Torres expón unha práctica de gran interese, orixinada desde o marco institucional e de gobernanza, que se centra na experiencia da Universitat Politécnica de València (UPV) para a integración da Axenda 2030 na formación, a investigación e a gobernanza institucional a través de distintos programas promovidos polo Centro de Cooperación ao Desenvolvemento (CCD).

    No artigo dos profesores Mercado, Urquiza e Morales analízase o avance cara aos ODS das institucións de educación superior chilenas a través dos resultados da ferramenta Reporte e Avaliación da Sustentabilidade en Institucións de Educación Superior (RESIES, nas súas siglas en castelán), desenvolta pola Rede Campus Sustentable de Chile. Trátase dun exemplo de normalización, avaliación e seguimento que pode considerarse unha boa práctica ao aglutinar a un importante número de universidades do país e fomentar a sistematización de prácticas.

    No terceiro artigo os profesores Fontalvo-Buelvas, de la Cruz-Elizondo, Escalona-Aguilar e a profesora Eugenio-Gozalbo aproximan a comunicación a través das redes sociais e a Educación para o Desenvolvemento Sustentable, a partir da análise do impacto en Facebook da experiencia Horto Agroecolóxico da Facultade de Bioloxía da Universidade Veracruzana (México). Trátase dunha práctica relevante que fai partícipe a unha ampla comunidade de seguidores a través dunha contorna virtual que fai fincapé na importancia da comunicación e a divulgación na xeración de coñecemento sobre sostibilidade nas universidades.

    No cuarto traballo, as profesoras Juaneda-Ayensa e Rodríguez e o profesor Moreira-Arboleda presentan unha investigación que analiza as competencias de sostibilidade en estudantes universitarios de dous contextos diferentes, Ecuador e España, centrándose nas actitudes cara á sustentabilidade a partir dos contextos culturais de cada territorio. A partir da aplicación dun cuestionario, o estudo analiza diferenzas culturais nas actitudes cara á sustentabilidade entre estudantes da Escuela Superior Politécnica del Litoral (ESPOL) e a Universidad de la Rioja (UR), así como posibles perfís respecto á sostibilidade. É un documento que lanza valiosos resultados para comprender mellor a maneira de integrar a sostibilidade por parte do estudantado universitario.

    No quinto documento os profesores Caballero e Parra e a profesora Martín presentan o proxecto da Rede de Hortos Escolares Comunitarios (HecoUSAL), un programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS) da Universidade de Salamanca (USAL), que implica a estudantes universitarios e a centros educativos. Os hortos constrúen espazos multisensoriais para favorecer o desenvolvemento integral do alumando. O artigo achéganos a unha experiencia de gran interese polo seu alcance e resultados, que implica ao sistema educativo.

    O artigo seis describe unha experiencia de innovación docente nunha materia do Grao en Economía da Universidade de Santiago de Compostela. A profesora Sánchez-Carreira e os profesores Blanco-Varela e Vecino presentan un proxecto de ApS centrado en coñecer a situación dos ODS na cidade de Santiago de Compostela no contexto de elaboración da súa Axenda Urbana 2030. Trátase dunha iniciativa que inclúe a sustentabilidade no currículo de forma completa, contemplando as competencias, os contidos, a metodoloxía e a avaliación, en coherencia co enfoque integral da Educación para o Desenvolvemento Sustentable.

    O último texto céntrase no proxecto InMedia, unha alianza de diversas entidades europeas, financiada no marco da convocatoria Erasmus+, que traballan en favor de un audiovisual máis participativo e inclusivo.

    Sentimos o retraso na publicación deste número e agradecemos as innumerables expresións de apoio para que RICD siga viva. Grazas aos autores e ás autoras polo seu traballo. RICD está de volta!

    Notes

    [*] Directora Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD), España.

    [1] UNESCO (2017). Educación para los Objetivos de Desarrollo Sostenible: objetivos de aprendizaje. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000252423.

    [2] OCDE (2018). Marco de Competencia Global. Estudio PISA. Preparar a nuestros jóvenes para un mundo inclusivo y sostenible. PISA 2018. https://sede.educacion.gob.es/publiventa/d/22445/19/01.

    [3] UE (2022). GreenComp. El marco europeo de competencias sobre sostenibilidad. https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/bc83061d-74ec-11ec-9136-01aa75ed71a1/language-es.

    [4] Real Decreto 822/2021, de 28 de septiembre, por el que se establece la organización de las enseñanzas universitarias y del procedimiento de aseguramiento de su calidad. BOE Núm. 233 de 29 de septiembre de 2021. https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15781.pdf.

    [5] Crue (2012). Directrices para la introducción de la Sostenibilidad en el Curriculum. https://www.crue.org/wp-content/uploads/2020/02/Directrices_Sosteniblidad_Crue2012.pdf

    Otros datos estadísticos

    Imágenes

    Artículos más leídos del mismo autor/a

    • María González Blanco, María Esther Olveira Olveira, Silvana Longueira Matos, Migración, competencia digital y retos educativos , Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD): Vol. 4 Núm. 17 (2022): Los ODS 14 y 15 en las agendas formativas e informativas | Desinformación
    • Silvana Longueira Matos, Talia Vela-Eiden, Alianzas de conocimiento para el ODS 4: Bridge 47 Y ECG en perspectiva , Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD): Vol. 3 Núm. 13 (2020): Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS). Medio ambiente | Educación
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Registrarse
    • Entrar
    • Idioma / Language / Langage Español
      • English
      • Español
      • Galego
      • Português (Brasil)
      • Português (Portugal)
    Descargas | Visualizaciones
    • 825
      244
    Más Leidos
    • El mercado laboral mexicano ante las propuestas del ODS 8: generar trabajo decente y crecimiento económico
      601
    • Convocatoria de colaboraciones
      250
    • Presentación
      242
    • PRESENTACIÓN
      220
    • Convocatoria de colaboraciones
      218
    Número actual
    • Logo Atom
    • Logo RSS2
    • Logo RSS1

    Compartir

    Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD)

    ISSN-e 2386-3730 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Contacto principal revista.ricd@usc.es Contacto de soporte sepinter@usc.es

    Universidad de Santiago de Compostela/ Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico