<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD with OASIS Tables with MathML3 v1.3 20210610//EN" "https://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.3/JATS-journalpublishing-oasis-article1-3-mathml3.dtd">
<?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.3/JATS-journalpublishing-oasis-article1-3-mathml3.dtd"?>
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0/" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.3" article-type="editorial" xml:lang="GL">
  <front>
    <journal-meta>
      <journal-id journal-id-type="publisher-id">RICD</journal-id>
      <journal-title-group>
        <journal-title specific-use="original">Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD)</journal-title>
      </journal-title-group>
      <issn publication-format="electronic">2386-3730</issn>
      <publisher>
        <publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
        <publisher-loc>
          <country>España</country>
          <email>sepinter@usc.es</email>
        </publisher-loc>
      </publisher>
    </journal-meta>
    <article-meta>
      <article-id pub-id-type="art-access-id">11018</article-id>
      <article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/ricd.5.1.11018</article-id>
      <article-categories>
        <subj-group subj-group-type="heading">
          <subject>Carta do director</subject>
        </subj-group>
      </article-categories>
      <title-group>
        <article-title>PRESENTACIÓN</article-title>
      </title-group>
      <contrib-group>
        <contrib contrib-type="author" corresp="yes">
          <name>
            <surname>Longueira Matos</surname>
            <given-names>Silvana</given-names>
          </name>
          <xref ref-type="aff" rid="aff-1-11019"><sup>1</sup></xref>
          <xref ref-type="corresp" rid="corr-1-11019"><sup>a</sup></xref>
          <xref ref-type="fn" rid="fn-6-11019">*</xref>
        </contrib>
      </contrib-group>
      <aff id="aff-1-11019">
        <label><sup>1</sup></label>
        <institution content-type="original">Universidade de Santiago de Compostela, España</institution>
        <institution content-type="orgname">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
        <country country="ES">España</country>
      </aff>
      <author-notes>
        <corresp id="corr-1-11019"><sup>a</sup> <email xlink:href="silvana.longueira@usc.es">silvana.longueira@usc.es</email></corresp>
        <fn id="fn-6-11019">
          <label>*</label>
          <p>Directora Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD), España.</p>
        </fn>
      </author-notes>
      <pub-date date-type="collection" publication-format="electronic">
        <year>2025</year>
      </pub-date>
      <pub-date date-type="collection" publication-format="electronic" iso-8601-date="2025-11-30">
        <day>30</day>
        <month>11</month>
        <year>2025</year>
      </pub-date>
      <volume>5</volume>
      <issue>1</issue>
      <issue-title>A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nas universidades iberoamericanas.</issue-title>
      <elocation-id>11018</elocation-id>
      <history>
        <date date-type="received">
          <day>03</day>
          <month>11</month>
          <year>2025</year>
        </date>
        <date date-type="accepted">
          <day>03</day>
          <month>11</month>
          <year>2025</year>
        </date>
      </history>
      <permissions>
        <copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
        <copyright-year>2025</copyright-year>
        <copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
        <license license-type="open-access" xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
          <ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
          <license-p>Artigo en acceso aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)</license-p>
        </license>
      </permissions>
      <counts>
        <fig-count count="0"/>
        <table-count count="0"/>
        <equation-count count="0"/>
        <ref-count count="0"/>
      </counts>
    </article-meta>
  </front>
  <body>
    <p>A situación de emerxencia ecosocial que enfrontamos require reformular todos os niveis do sistema educativo. Nesta liña, organismos internacionais desenvolveron diferentes marcos de referencia en favor das competencias para a sostibilidade na educación (UNESCO, 2017<sup><xref ref-type="fn" rid="fn-1-11018">1</xref></sup>; OCDE, 2018<sup><xref ref-type="fn" rid="fn-2-11018">2</xref></sup>; UE, 2022<sup><xref ref-type="fn" rid="fn-3-11018">3</xref></sup>). Lexislación recente, interpela directamente ás universidades para activar procesos educativos que contribúan a sensibilizar e a formar unha cidadanía crítica e coñecedora das causas e efectos da situación actual e favorecer a inserción das implicacións da sustentabilidade nos perfís profesionais.</p>
    <p>En España o momento é especialmente relevante tras a aprobación do Real Decreto 822/2021, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade<sup><xref ref-type="fn" rid="fn-4-11018">4</xref></sup> que inclúe a obrigatoriedade de que todas as titulacións teñan como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (art. 4). Xa no seu momento a Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE, 2012<sup><xref ref-type="fn" rid="fn-5-11018">5</xref></sup>) apostou pola inserción das competencias en sostibilidade nas titulacións.</p>
    <p>Por todo iso neste número a Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD) interrógase sobre a capacidade das universidades para xerar as oportunidades e transformacións necesarias para construír un mundo máis sostible, máis xusto e esperanzador.</p>
    <p>As universidades son actores estratéxicos para achegar solucións aos grandes retos globais. A súa contribución está relacionada coas diferentes funcións que sosteñen o quefacer diario destas institucións: a formación, a investigación, o compromiso social e a xestión do seu propio ecosistema interno. No marco da formación, as súas principais contribucións vincúlanse á inclusión das competencias para a sustentabilidade nos plans de estudos das titulacións que imparten, así como a oferta de formación permanente nas diferentes áreas de coñecemento. Neste territorio, o obxectivo fundamental vinculado á sustentabilidade é formar profesionais con capacidade para ter en conta a sustentabilidade na toma de decisións profesionais. Sen dúbida, esta formación tamén terá repercusión na construción de cidadás e cidadáns comprometidas/os co ambiental e a xustiza social.</p>
    <p>Respecto á xeración de coñecemento, as tarefas relacionadas coa investigación e a innovación converten ás universidades en referentes para achegar solucións aos grandes retos globais e novas aplicacións a desenvolvementos consolidados. As achegas neste ámbito non só xeran solucións tecnolóxicas, sociais e políticas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), senón que inflúen nas políticas públicas e na sociedade civil a través da transferencia, a divulgación e a comunicación dos resultados de investigación.</p>
    <p>O compromiso social, a terceira misión ou extensión universitaria está a ser un dos principais motores do desenvolvemento da Axenda 2030 nas universidades, a partir da colaboración co tecido social e o Terceiro Sector. É unha vertente que ten implicación endóxena, nas propias estruturas da universidade e empuxa unha maior oferta formativa e novas colaboracións nas materias e as aulas, ademais de traballar da man na toma de decisións na xestión institucional. Na súa dimensión esóxena, conta cunha proxección social <italic>en</italic> e <italic>coa</italic> comunidade ou as comunidades da contorna na que <italic>habitan</italic> as universidades, así como outras comunidades coas que se coopera e colabora.</p>
    <p>Respecto ao marco de gobernanza, as universidades son grandes institucións con ecosistemas difíciles de xestionar. A pesar de contar habitualmente cun alto grao de autonomía, adoitan funcionar con <italic>metabolismos</italic> lentos na súa xestión. Cada universidade é unha pequena cidade (ou varias, segundo a súa distribución por campus) incardinadas en cidades máis ou menos extensas nas que xeran un impacto diario. O marco de sustentabilidade nesta faceta implica cuestións tan variadas como o aforro enerxético, a xestión da auga e a mobilidade, o sostemento de zonas verdes e da biodiversidade, a compra pública ética, a formación do persoal en sustentabilidade, as políticas de diversidade, a igualdade de oportunidades e a igualdade de xénero, entre outras.</p>
    <p>Ademais, as universidades son axentes fundamentais na xeración de redes e alianzas a moi diversos niveis. Poden converterse en laboratorios de innovación social e científica, por exemplo, desenvolvendo os seus campus como territorios de probas e resultados. Trátase de actores tractores e neurálxicos tanto nas colaboracións con outras universidades como con outros axentes, ademais de potentes altofalantes respecto ás necesidades, ás expectativas e ás solucións viables.</p>
    <p>Neste número inclúense 6 artigos e un proxecto elaborados por dezaoito autores/as (7 mulleres e 11 homes) de 10 universidades diferentes (5 españolas, 2 mexicanas, 2 chilenas e 1 ecuatoriana) e unha rede de Chile.</p>
    <p>No primeiro dos artigos, a Dra. Gómez Torres expón unha práctica de gran interese, orixinada desde o marco institucional e de gobernanza, que se centra na experiencia da Universitat Politécnica de València (UPV) para a integración da Axenda 2030 na formación, a investigación e a gobernanza institucional a través de distintos programas promovidos polo Centro de Cooperación ao Desenvolvemento (CCD).</p>
    <p>No artigo dos profesores Mercado, Urquiza e Morales analízase o avance cara aos ODS das institucións de educación superior chilenas a través dos resultados da ferramenta Reporte e Avaliación da Sustentabilidade en Institucións de Educación Superior (RESIES, nas súas siglas en castelán), desenvolta pola Rede Campus Sustentable de Chile. Trátase dun exemplo de normalización, avaliación e seguimento que pode considerarse unha boa práctica ao aglutinar a un importante número de universidades do país e fomentar a sistematización de prácticas.</p>
    <p>No terceiro artigo os profesores Fontalvo-Buelvas, de la Cruz-Elizondo, Escalona-Aguilar e a profesora Eugenio-Gozalbo aproximan a comunicación a través das redes sociais e a Educación para o Desenvolvemento Sustentable, a partir da análise do impacto en Facebook da experiencia <italic>Horto Agroecolóxico</italic> da Facultade de Bioloxía da Universidade Veracruzana (México). Trátase dunha práctica relevante que fai partícipe a unha ampla comunidade de seguidores a través dunha contorna virtual que fai fincapé na importancia da comunicación e a divulgación na xeración de coñecemento sobre sostibilidade nas universidades.</p>
    <p>No cuarto traballo, as profesoras Juaneda-Ayensa e Rodríguez e o profesor Moreira-Arboleda presentan unha investigación que analiza as competencias de sostibilidade en estudantes universitarios de dous contextos diferentes, Ecuador e España, centrándose nas actitudes cara á sustentabilidade a partir dos contextos culturais de cada territorio. A partir da aplicación dun cuestionario, o estudo analiza diferenzas culturais nas actitudes cara á sustentabilidade entre estudantes da <italic>Escuela Superior Politécnica del Litoral</italic> (ESPOL) e a <italic>Universidad de la Rioja</italic> (UR), así como posibles perfís respecto á sostibilidade. É un documento que lanza valiosos resultados para comprender mellor a maneira de integrar a sostibilidade por parte do estudantado universitario.</p>
    <p>No quinto documento os profesores Caballero e Parra e a profesora Martín presentan o proxecto da <italic>Rede de Hortos Escolares Comunitarios</italic> (HecoUSAL), un programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS) da Universidade de Salamanca (USAL), que implica a estudantes universitarios e a centros educativos. Os hortos constrúen espazos multisensoriais para favorecer o desenvolvemento integral do alumando. O artigo achéganos a unha experiencia de gran interese polo seu alcance e resultados, que implica ao sistema educativo.</p>
    <p>O artigo seis describe unha experiencia de innovación docente nunha materia do Grao en Economía da Universidade de Santiago de Compostela. A profesora Sánchez-Carreira e os profesores Blanco-Varela e Vecino presentan un proxecto de ApS centrado en coñecer a situación dos ODS na cidade de Santiago de Compostela no contexto de elaboración da súa Axenda Urbana 2030. Trátase dunha iniciativa que inclúe a sustentabilidade no currículo de forma completa, contemplando as competencias, os contidos, a metodoloxía e a avaliación, en coherencia co enfoque integral da Educación para o Desenvolvemento Sustentable.</p>
    <p>O último texto céntrase no proxecto InMedia, unha alianza de diversas entidades europeas, financiada no marco da convocatoria Erasmus+, que traballan en favor de un audiovisual máis participativo e inclusivo.</p>
    <p>Sentimos o retraso na publicación deste número e agradecemos as innumerables expresións de apoio para que RICD siga viva. Grazas aos autores e ás autoras polo seu traballo. RICD está de volta!</p>
  </body>
  <back>
    <fn-group>
      <fn fn-type="other" id="fn-1-11018">
        <label><sup>1</sup></label>
        <p>UNESCO (2017). Educación para los Objetivos de Desarrollo Sostenible: objetivos de aprendizaje. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000252423">https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000252423</ext-link>.</p>
      </fn>
      <fn fn-type="other" id="fn-2-11018">
        <label><sup>2</sup></label>
        <p>OCDE (2018). Marco de Competencia Global. Estudio PISA. Preparar a nuestros jóvenes para un mundo inclusivo y sostenible. PISA 2018. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://sede.educacion.gob.es/publiventa/d/22445/19/01">https://sede.educacion.gob.es/publiventa/d/22445/19/01</ext-link>.</p>
      </fn>
      <fn fn-type="other" id="fn-3-11018">
        <label><sup>3</sup></label>
        <p>UE (2022). GreenComp. El marco europeo de competencias sobre sostenibilidad. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/bc83061d-74ec-11ec-9136-01aa75ed71a1/language-es">https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/bc83061d-74ec-11ec-9136-01aa75ed71a1/language-es</ext-link>.</p>
      </fn>
      <fn fn-type="other" id="fn-4-11018">
        <label><sup>4</sup></label>
        <p>Real Decreto 822/2021, de 28 de septiembre, por el que se establece la organización de las enseñanzas universitarias y del procedimiento de aseguramiento de su calidad. BOE Núm. 233 de 29 de septiembre de 2021. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15781.pdf">https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15781.pdf</ext-link>.</p>
      </fn>
      <fn fn-type="other" id="fn-5-11018">
        <label><sup>5</sup></label>
        <p>Crue (2012). Directrices para la introducción de la Sostenibilidad en el Curriculum. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://www.crue.org/wp-content/uploads/2020/02/Directrices_Sosteniblidad_Crue2012.pdf">https://www.crue.org/wp-content/uploads/2020/02/Directrices_Sosteniblidad_Crue2012.pdf</ext-link> </p>
      </fn>
    </fn-group>
  </back>
</article>