<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?><?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="research-article" xml:lang="gl">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="pmc">Quintana</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original">Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte</journal-title>
<abbrev-journal-title abbrev-type="publisher">Quintana</abbrev-journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">1579-7414</issn>
<issn pub-type="epub">2340-0005</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>revistaquintana@gmail.com</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="pmc">8120</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/quintana.20.8120</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Feitos e tendencias</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="gl"><italic>AS MIRADAS DE ISAAC</italic>. UN ACHEGAMENTO Á INABARCABLE FIGURA DE DÍAZ PARDO</article-title>
<trans-title-group>
<trans-title xml:lang="en"><italic>AS MIRADAS DE ISAAC</italic>. AN APPROACH TO THE IMMEASURABLE FIGURE OF DÍAZ PARDO</trans-title>
</trans-title-group>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="no">
<contrib-id contrib-id-type="orcid">https://orcid.org/0000-0001-9993-3051</contrib-id>
<name name-style="western">
<surname>Ledo Arias</surname>
<given-names>Agar</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1"/>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
<institution content-type="original">Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía</institution>
<institution content-type="orgname">Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Enero-Diciembre</season>
<year>2021</year>
</pub-date>
<issue>20</issue>
<fpage>1</fpage>
<lpage>7</lpage>
<permissions>
<copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2021</copyright-year>
<copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional.</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="5"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="8"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<sec>
<title/>
<p><bold> Nome da exposición:</bold></p>
<p><italic> As miradas de Isaac </italic></p>
<p><bold> Comisariado: </bold></p>
<p>Camilo Díaz Arias de Castro e Xosé Díaz Arias de Castro</p>
<p><bold> Produción:  </bold></p>
<p>Cidade da Cultura, Xunta de Galicia, coa colaboración de Afundación</p>
<p><bold> Lugar e datas:  </bold></p>
<p>Cidade da Cultura, Santiago de Compostela|6 de novembro de 2020 – 30 de maio de 2021; Afundación, A Coruña|29 de xuño – 28 de agosto de 2021; Afundación, Vigo|23 de setembro – 27 de novembro de 2021.</p>
<p>A exposición <italic>As miradas de Isaac </italic>é un responsable achegamento á inabarcable figura de Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920-2012) no centenario do seu nacemento. A revisión entretece a biografía e a obra do autor a partir de nós históricos marcados por acontecementos cruciais na súa vida: o temporán apoio á república durante a campaña polo Estatuto de Autonomía de Galicia; o asasinato do pai, Camilo Díaz Baliño, paseado e fusilado polos fascistas; a invención do Laboratorio de Formas de Galicia, e o afastamento obrigado do seu proxecto de vida, Sargadelos, pouco antes da súa morte. A mostra recoñece a inmensidade dunha das figuras fundamentais para entender a cultura galega da segunda metade do século XX.</p>
<p>Comisariada polos irmáns Camilo e Xosé Díaz Arias de Castro, fillos de Díaz Pardo, a investigación articúlase en dez capítulos centrados nas variadas facetas que Isaac Díaz Pardo desenvolveu ao longo da súa vida. Foron pensados, cada un destes, xunto con investigadoras e investigadores especialistas: Iria-Friné Rivera Vázquez revisa o influxo do pai, referencia fundamental na vida e obra do autor; Rosario Sarmiento Escalona investiga a faceta como artista plástico; Ramón Villares atende á relación que Díaz Pardo mantivo co exilio; Teresa Pena Moreda e Fernando Arribas Arias estudan o vínculo entre arte e a industria no pensamento e traxectoria do intelectual; Andrés Varela Martínez conta a recuperación da memoria a través de institucións como o Seminario de Estudos Galegos; Daniel Beiras García-Sabell pescuda a filosofía do Laboratorio de Formas e a aplicación desta no deseño e na arquitectura do autor, e Carmela Montero García desvela a historia do Museo Carlos Maside. Todas e todos eles, xunto a Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xosé Ramón Fandiño, Charo Portela e Esperanza Mariño, comparten as achegas na publicación compilatoria editada con motivo da efeméride; libro-catálogo que vén a completar a bibliografía existente –aínda aberta– sobre quen foi unha das figuras máis complexas da cultura e artes galegas recentes. Se ben nos últimos anos se incrementaron os estudos sobre as súas aportacións ao pensamento galeguista e á restitución da memoria histórica a través da arte e da industria, sempre haberá espazo para historiar e interpretar a inmensa documentación que explica as reviravoltas do Laboratorio de Formas de Galicia, a institución ideada por Díaz Pardo e Luís Seoane durante os seus encontros en Buenos Aires. O Laboratorio recupera as liñas de pensamento da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos para articular, dende unha dimensión ética e experimental, todo o programa industrial e estético das “Industrias da memoria”, nas que se inscribe a recuperación de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, a editorial Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información, etc.</p>
<p>
<fig id="gf1">
<caption>
<title>Vista da exposición <italic>As miradas de Isaac</italic>, Cidade da Cultura de Galicia, 2020. Autor da fotografía: Xosé Díaz.</title>
</caption>
<graphic xlink:href="8120_gf2.png" position="anchor" orientation="portrait"/>
</fig>
</p>
</sec>
<sec>
<title><bold>Pensar en fragmentos</bold></title>
<p>A mostra entende cada apartado como unha desas pólas das árbores que deseñaba Díaz Pardo para explicar graficamente as ramificacións de cada idea; ramas que medran infinitamente. A metáfora arbórea sírvenos para explicar a importancia que neste proxecto curatorial posúe a extensión virtual dirixida pola investigadora María América Díaz, que fai accesible un inxente arquivo con centos de fotografías, vídeos e documentos históricos, moitos deles inéditos. A partir da documentación –unha das grandes achegas da exposición son os materiais que os comisarios recuperan do arquivo familiar–, a exposición cartografía ese complexo <italic>dispositivo</italic> que tiña como obxectivo principal a reactivación da memoria de Galicia a través das formas. Así, <italic>As miradas de Isaac</italic> propón a fragmentación en capítulos –o pensar en detalles que defendía Walter Benjamin, fronte ao pensar en xeneralidades– para comprender a complexidade tanto das propostas como dos tempos, pois a actividade dos protagonistas desta historia hai que entendela sempre en relación coa circunstancia histórica que lles tocou vivir e coa idea de país expandido coa que Luís Seoane se refería á súa terra: “Galicia abarca, dende hai séculos, ata os lugares onde os galegos emigran colectivamente”. Dende a cidade de Buenos Aires, onde na década de 1950 coincidira a forza do exilio procedente de Galicia, Seoane e Díaz Pardo imaxinaron colectivamente a reinvención do país.</p>
<p>
<fig id="gf3">
<caption>
<title>Fotografía da pintada feita por Díaz Pardo na Praza do Obradoiro para apoiar o Estatuto de autonomía de Galicia, 1936. Autor: Isaac Díaz Pardo / Cortesía: Legado Díaz Pardo.</title>
</caption>
<graphic xlink:href="8120_gf3.png" position="anchor" orientation="portrait"/>
</fig>
</p>
<p>
<fig id="gf2">
<caption>
<title>Vista da exposición <italic>As miradas de Isaac</italic>, Cidade da Cultura de Galicia, 2020. Autor da fotografía: Xosé Díaz.</title>
</caption>
<graphic xlink:href="8120_gf4.png" position="anchor" orientation="portrait"/>
</fig>
</p>
<p>A voz do propio Díaz Pardo funciona como peza vertebradora dos diversos capítulos da mostra, nunha peza audiovisual e sonora que xunta una selección de entrevistas para reconstruír a un Díaz Pardo lúcido e comprometido, condición derivada da honestidade que manifestou en vida e que reflectiría a súa obra. Recuperada por Cecilia Díaz, neta do intelectual, esa narración en primeira persoa acompáñanos dende o arranque da exposición, espazo dedicado a Camilio Díaz Baliño, escenógrafo e deseñador gráfico, pai de Díaz Pardo e figura fundamental na educación artística e no compromiso político do fillo. Precisamente é na adolescencia, e baixo o influxo das ideas que circulaban no círculo familiar, onde a exposición sitúa o espertar público da actitude artística de Díaz Pardo, cunha serie de cartaces para a campaña a favor do Estatuto de autonomía de Galicia e unha pintada no lousado da Praza do Obradoiro, intervención plástica que resume o compromiso político e a visión avanzada e utópica que mantería nas artes o resto da súa traxectoria. Meses despois da intervención no Obradoiro, a vida virou en traxedia cando os falanxistas mataron a Díaz Baliño, quen, na cadea e preocupado polo futuro do fillo, escribiralle: “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña / forxada na irmandá / e quero ver brillar á lús d’esa estreliña / hasta chegar cegar (…)”. Díaz Pardo asumiu a responsabilidade de manter viva a memoria dos vencidos ante o que chamaba o “anxo desmemorizador”<sup><xref ref-type="fn" rid="fn1">1</xref></sup>, compromiso que nutriu a súa pintura, o deseño, a escrita, as empresas.</p>
<p>Fragmento a fragmento, <italic>As miradas de Isaac</italic> atende ao inconmensurable legado do autor. É, precisamente, a vontade integral a que singulariza esta exposición respecto de outras achegas que o revisan de xeito máis parcial. Vocación totalizadora pero que asume a imposibilidade de ser definitiva, pois personaxes como Díaz Pardo non se esgotan nunca. Porén, ante a dificultade de enfrontarse a todos os ángulos do seu particular microcosmos, a exposición utiliza como fíos condutores a teima da recuperación da memoria e a creación do Laboratorio de Formas, quizais os dous feitos que permiten abordar de xeito condensado a súa traxectoria dende que aos vintesete anos aparcase a profesión de pintor, a que el chamaba “a pintura de cabalete”, para saír de Madrid e evitar o encargo que en 1947 lle fixera Fernando Álvarez de Sotomayor, daquela director do Prado, de decorar Cuelgamuros, futuro Valle de los Caídos. Trasládase a Galicia e inicia a traxectoria industrial fundando Cerámicas do Castro, onde se involucra nas investigacións sobre a funcionalidade da arte e a unión entre arte e vida que definirán o seu traballo no futuro. Sería, dende entón, dono de si. Alomenos ata que nunha historia de traizóns e usura, nos primeiros anos dous mil viuse desposeído das empresas que creara.</p>
<p>
<fig id="gf4">
<caption>
<title>Vista da exposición <italic>As miradas de Isaac</italic>, Cidade da Cultura de Galicia, 2020. Autor da fotografía: Xosé Díaz.</title>
</caption>
<graphic xlink:href="8120_gf5.png" position="anchor" orientation="portrait"/>
</fig>
</p>
<p>
<fig id="gf5">
<caption>
<title>Vista da exposición <italic>As miradas de Isaac</italic>, Cidade da Cultura de Galicia, 2020. Autor da fotografía: Xosé Díaz.</title>
</caption>
<graphic xlink:href="8120_gf6.png" position="anchor" orientation="portrait"/>
</fig>
</p>
<p>O capítulo da exposición dedicado á pintura, cunha soberbia selección de pezas de grande formato influídas polo clasicismo da posguerra dos anos corenta –<italic>O discurso, Os afogados</italic> ou <italic>A barca de Caronte</italic>–, incide nesa denuncia social que reflicte o compromiso ético que guiaría a súa producción plástica e industrial ao abeiro do Laboratorio de Formas (1963). Na exposición dedícanse sendos espazos á reinvención de Sargadelos (1964), á creación de Ediciós do Castro (1963) ou á creación do Museo Carlos Maside (1970), que revisa parte do ideario do museo a través de icónicas pezas como as caretas deseñadas por Castelao para a estrea <italic>Os vellos non deben de namorarse</italic> (1941) en Buenos Aires. A excepcional colección do museo, cun valor material e inmaterial que lles outorga a condición de exiliados dos autores –ademais de Castelao, a colección inclúe pezas de Maruja Mallo, Arturo Souto, Francisco Vázquez Díaz (Compostela) ou Seoane– foi obxecto, dende o falecemento de Díaz Pardo, dun abandono progresivo que afectou e afecta a súa integridade. A sociedade civil vén reclamando, amparándose na defensa do patrimonio que recolle a Constitución Española e a Ley de Patrimonio Cultural de Galicia (5/2016, de 4 de maio), a incoación do expediente de declaración como Ben de Interese Cultural tanto do edificio do museo como do seu contido, deteriorado e en serio perigo de perda. A estrela que Camilo Díaz Baliño deixou prendida no seu fillo  –“(…) xa te deixo prendida no meu fillo / para sempre endexamais”– aloumea agora nas persoas que loitan para que non se perda máis memoria mantendo vivo o seu legado.</p>
</sec>
</body>
<back>
<ref-list>
<title><bold>REFERENCIAS</bold></title>
<ref id="ref1">
<mixed-citation>Díaz, M. A.. <italic>Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979</italic>. Serie Documentos 186. Sada: Ediciós do Castro, 2004.</mixed-citation>
<element-citation publication-type="book">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Díaz</surname>
<given-names>M. A.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979</source>
<year>2004</year>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref2">
<mixed-citation>Fandiño. X. R. <italic>Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso</italic>. Santiago de Compostela: Concello de Santiago, 2020.</mixed-citation>
<element-citation publication-type="book">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Fandiño</surname>
<given-names>X. R.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso</source>
<year>2020</year>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref3">
<mixed-citation>Ledo Arias, A. “O Museo Carlos Maside. O relato da outra historia.”<italic> Grial: revista galega de cultura </italic>209 (2016): 127-137.</mixed-citation>
<element-citation publication-type="journal">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Ledo Arias</surname>
<given-names>A.</given-names>
</name>
</person-group>
<article-title>O Museo Carlos Maside. O relato da outra historia</article-title>
<source>Grial: revista galega de cultura</source>
<year>2016</year>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref4">
<mixed-citation>Real López, I. <italic>El Laboratorio de Formas y las políticas de la memoria. Recuperar las huellas del pasado</italic>, Madrid: Editorial Académica Española, 2018.</mixed-citation>
<element-citation publication-type="book">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Real López</surname>
<given-names>I.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>El Laboratorio de Formas y las políticas de la memoria. Recuperar las huellas del pasado</source>
<year>2018</year>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref5">
<mixed-citation>Rivas, M. “O segredo de Isaac.” <italic>El País Galicia</italic>, xaneiro 13, 2012. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:href="https://elpais.com/diario/2012/01/13/galicia/1326453502_850215.html">https://elpais.com/diario/2012/01/13/galicia/1326453502_850215.html</ext-link> [Consultado o 19 de outubro de 2021].</mixed-citation>
<element-citation publication-type="journal">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Rivas</surname>
<given-names>M.</given-names>
</name>
</person-group>
<article-title>O segredo de Isaac</article-title>
<source>El País Galicia</source>
<year>2012</year>
<comment>
<ext-link ext-link-type="uri" xlink:href="https://elpais.com/diario/2012/01/13/galicia/1326453502_850215.html">https://elpais.com/diario/2012/01/13/galicia/1326453502_850215.html</ext-link>
</comment>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref6">
<mixed-citation>Salgado, D. “Un siglo de Isaac Díaz Pardo, el artista que se negó a pintar Cuelgamuros.” <italic>eldiario.es</italic>, agosto 21, 2020. <ext-link ext-link-type="uri" xlink:href="https://www.eldiario.es/galicia/cultura/siglo-isaac-diaz-pardo-artista-nego-pintar-cuelgamuros_1_6176159.html">https://www.eldiario.es/galicia/cultura/siglo-isaac-diaz-pardo-artista-nego-pintar-cuelgamuros_1_6176159.html</ext-link> [Consultado o 19 de outubro de 2021].</mixed-citation>
<element-citation publication-type="webpage">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<surname>Salgado</surname>
<given-names>D.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>eldiario.es</source>
<year>2020</year>
<comment>
<ext-link ext-link-type="uri" xlink:href="https://www.eldiario.es/galicia/cultura/siglo-isaac-diaz-pardo-artista-nego-pintar-cuelgamuros_1_6176159.html">https://www.eldiario.es/galicia/cultura/siglo-isaac-diaz-pardo-artista-nego-pintar-cuelgamuros_1_6176159.html</ext-link>
</comment>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref7">
<mixed-citation>
VV.AA. <italic>As miradas de Isaac: Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020)</italic>. Catálogo de exposición. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Fundación Cidade da Cultura, 2020.
</mixed-citation>
<element-citation publication-type="confproc">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<given-names>VV.AA.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>As miradas de Isaac: Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020)</source>
<year>2020</year>
</element-citation>
</ref>
<ref id="ref8">
<mixed-citation>VV.AA. <italic>Sargadelos recuperado: O laboratorio de formas 40 anos despois</italic>. Catálogo de exposición. A Coruña: Fundación Luís Seoane, 2008.</mixed-citation>
<element-citation publication-type="book">
<person-group person-group-type="author">
<name>
<given-names>VV.AA.</given-names>
</name>
</person-group>
<source>Sargadelos recuperado: O laboratorio de formas 40 anos despois</source>
<year>2008</year>
</element-citation>
</ref>
</ref-list>
<fn-group>
<title>Notas</title>
<fn id="fn1" fn-type="other">
<label><sup>1</sup></label>
<p>Fandiño, Xosé Ramón, “Compostela: infancia e mocidade”, en, <xref ref-type="bibr" rid="ref7">VV.AA., <italic>As miradas de Isaac: Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020)</italic>,</xref> catálogo de exposición, Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Fundación Cidade da Cultura, 2020, p. 52</p>
</fn>
</fn-group>
</back>
</article>