<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?><?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="editorial" xml:lang="es">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="pmc">Quintana</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original">Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte</journal-title>
<abbrev-journal-title abbrev-type="publisher">Quintana</abbrev-journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">1579-7414</issn>
<issn pub-type="epub">2340-0005</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>revistaquintana@gmail.com</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="pmc">8101</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/quintana.20.8101</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Editorial</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="es">EDITORIAL</article-title>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="no">
<name name-style="western">
<surname>Vigo Trasancos</surname>
<given-names>Alfredo</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1"><sup>1</sup></xref>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
	<label><sup>1</sup></label>
<institution content-type="original">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<institution content-type="orgname">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Enero-Diciembre</season>
<year>2021</year>
</pub-date>
<issue>20</issue>
<fpage>1</fpage>
<lpage>2</lpage>
<permissions>
	<copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2021</copyright-year>
<copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional.</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="0"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="0"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<sec>
<p><italic>Unha vez máis, a necesidade de adaptar o sistema da revista </italic>QUINTANA<italic> a un modelo máis eficiente que estea en liña cos criterios adoptados pola USC para as súas revistas máis destacadas, levounos a aplicar, no número 20 que presentamos, o formato XML JATS 4 R como un proceso importante de mellora que asegura un maior impacto internacional dos artigos que publicamos e que facilita o sistema de procura de contidos. Tamén é importante sinalar que neste ano 2021 producíronse algúns cambios no Comité de Redacción, pois causou baixa por xubilación Enrique Fernández Castiñeiras, dimitiu por motivos persoais Rocío Sánchez Ameijeiras e entrou como membro nato Federico López Silvestre, na súa condición de novo Director do Departamento de Historia da Arte. Por ese motivo o seu predecesor Juan Monterroso Montero incorporouse ao comité, agora como representante da área de Arte Moderna do Departamento, do mesmo xeito que o fixo Marta Cendón Fernández na área de Arte Medieval. Igualmente incorporáronse ao noso Comité Científico un elenco importante de investigadores que sen dúbida contribuirán ao rigor da revista; son Mieke  Bal, da Universidade de  Amsterdam, Linda  Báez, da Universidade Nacional Autónoma de México, Estrella de Diego, da Universidade Complutense de Madrid,  Mª Lucía Lahoz, da Universidade de Salamanca, Mª Pilar García  Cuetos, da Universidade de Oviedo e Gerardo Boto, da Universidade de Girona. En consecuencia, procede dar as grazas a todos eles, ben polos servizos que prestaron á revista ao longo destes anos, ou polos novos retos que estes últimos dispóñense a afrontar para facer de </italic>QUINTANA<italic> unha revista do máximo nivel.</italic>
</p>
<p><italic>Xa noutra orde de cousas, o presente número está dedicado ao </italic>Tema monográfico<italic> que leva por título </italic>Por camiños, rutas e sendas. Sons, visións e revisións<italic> que, como vén sendo habitual, é abordado por distintos especialistas desde moi diferentes ángulos. Así, José Luís Senra Gabriel y Galán profunda en certos paralelismos que advirte en dúas construcións esenciais do Camiño Xacobeo -a catedral de Santiago e o mosteiro de Sahagún- na época máis brillante do reinado de Alfonso VI. Pola súa banda, Carlos Nárdiz Ortiz pon en valor a dimensión cultural e territorial dos camiños históricos en Galicia, pero sacando á luz os instrumentos que deben poñerse en marcha para protexelos, dada a súa enorme fraxilidade. Á súa vez Olimpia Niglio indaga no tema dos lugares que están tocados pola relixiosidade, talvez pola súa condición aceptada e incontestable de ter a consideración de espazos sacros de carácter colectivo que proxectan nos fieis un sentido á vez material e espiritual. Pola contra, o tándem formado por Juan Francisco  Sans e Jaime Cortés  Polanía pon atención en mostrar os tránsitos musicais que existiron entre Colombia e Venezuela ao longo do século  XIX nun intercambio que resultou moi interesante. Finalmente, José Luís Sánchez Noriega analiza aspectos visibles no cinema de Icíar Bollaín, neste caso focalizados nas viaxes transformadoras que se advirten en moitos dos seus personaxes. En definitiva, un interesante número de achegas que son, cada unha de seu, enormemente elocuentes.</italic>
</p>
<p><italic>Xa no apartado de </italic>Colaboracións<italic>Rosa Fernández García analiza a ópera galega </italic>A amnesia de  Clío<italic>, do compositor Fernando  Buide, dentro do paradigma artístico contemporáneo; á vez Santiago Lombas Martínez achega as súas reflexións sobre o cinema musical español dos setenta do que ofrece novas interpretacións; José Manuel López analiza, pola súa banda, as poéticas de arrabalde no cinema de  Pier Paolo  Pasolini e do director portugués Pedro Costa; mentres que  Maite Luengo aborda a obra do fotógrafo e poeta chinés  Ren  Hang coas súas diferentes connotacións. Sexa como for, todas estas colaboracións son só un preámbulo que abre as portas a outros traballos como o de Juan Agustín Mancebo Roca, que ofrece unha lectura da moda italiana futurista; de Plácida Molina Ballesteros sobre a presenza da vangarda nos espazos sacros da colonización agraria española ou de María del Carmen Molina Barea que fai, á súa vez, unha análise filosófica entre o concepto de “orixinal” e “copia” no ámbito da obra de arte a partir dunha película de Abbas Kiarostami. Prosegue María Montesinos Castañeda cunha achega sobre a alegoría da xustiza divina, mentres que Fernando Quiles profunda nas relacións de amizade que mantiveron o prateiro Luís de Costa e o coñecido escultor sevillano Pedro  Roldán. En fin, que só faltan por mencionar neste apartado as achegas de Inmaculada Real López sobre a faceta xornalística do pintor galego Eugenio Granell na emisora de radio “La Voz de Guatemala”; de Sérgio Manuel Valadas das Neves sobre aspectos importantes do  Orfismo ou de Teresa Leonor M. Vale que analiza o papel do deseño na arte dos Valadier, clave para apreciar a súa  grandísima calidade como ourives na cultura artística romana dos séculos XVIII e  XIX.</italic>
</p>
<p>Escritos sobre…,<italic> pola súa banda, rescata esta vez un texto do século dezaoito non moi coñecido do Cura de  Fruíme, Diego Antonio Cernadas de Castro, titulado </italic>Carta-quenta, o razón en suma de las festivas gozosas demostraciones, con que la muy Noble, y muy Leal Ciudad de Santiago de Galicia celebró la Solemne Aclamacion de Nuestro Rey, y Señor Don Carlos III.<italic> Proporciona unha interesante información sobre Compostela, razón pola cal Julio Vázquez Castro e eu mesmo cremos conveniente poñelo en valor destacando os seus parágrafos máis elocuentes e facendo un texto introdutorio que o sitúe no seu tempo.</italic>
</p>
<p><italic>Fiel ao seu espírito, </italic>Feitos e tendencias<italic> dá conta, a través da pluma de Agar Ledo, da exposición  </italic>As miradas de Isaac<italic> que pon de manifesto a  inabarcable labor e personalidade de Isaac Díaz Pardo ao longo da súa vida. Por último, o número conclúe co apartado de </italic>Recensións<italic>, onde un número importante de colaboradores comentan e valoran distintas publicacións que se editaron en datas recentes.</italic>
</p>
<p><italic>Non queremos concluír o noso editorial, sen expresar os necesarios agradecementos a todos aqueles que fan que </italic>QUINTANA <italic>sexa unha obra coral grazas ao esforzo desinteresado de moitas persoas. Por iso é polo que sexa imprescindible mencionar aos tres secretarios Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Miguel Anxo Rodríguez González, a quen ano tras ano se lles incrementa o traballo; aos membros do Comité Científico e de Redacción; a todos os avaliadores anónimos que revisaron a orixinalidade e calidade dos artigos, do mesmo xeito que a todos os investigadores que moi amablemente aceptaron contribuír a enriquecer o </italic>Tema monográfico<italic> deste número. A todos, pois, o noso agradecemento, do mesmo xeito que aos nosos compañeiros do Departamento de Historia da Arte, así como ao director e técnicos do Servizo de Publicacións da nosa Universidade que fixeron piña para sacar adiante este proxecto de todos que é </italic>QUINTANA.</p>
</sec>
</body>
</article>