TY - JOUR AU - Oscar Reverter Gil, AU - Javier Souto, PY - 2022/07/29 Y2 - 2024/03/29 TI - As coleccións de Briozoos do Museo de Historia Natural da USC JF - Nova Acta Científica Compostelana JA - NACC VL - 28 IS - 0 SE - Artículos científicos DO - 10.15304/nacc.id7693 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/nacc/article/view/7693 AB - Abórdase o estudo do material de Briozoos conservado no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. O Museo alberga catro coleccións diferentes que conteñen mostras de Briozoos: A colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”, a da “Fauna Mariña de Galicia”, a de Tipos, e a Colección Xeral de Briozoos, que é con diferenza a máis extensa. En total, estas coleccións conteñen 1061 mostras de Briozoos, conservadas en seco, en alcohol ou incluso en formaldehído, correspondentes a 241 especies. Unha pequena parte está exposta ao público, mentres que a meirande parte está depositada na sala de coleccións do Museo. O 98% das mostras proceden de augas ibéricas, e máis en concreto o 92% proceden de Galicia ou de Portugal. O 84% do material foi citado en diversas publicacións científicas e un 13% das mostras foron ademais figuradas, polo que as coleccións constitúen un importante material de referencia. Unha cuarta parte das mostras teñen ademais especial relevancia por distintos motivos: As coleccións albergan catro holotipos e dez paratipos de seis especies; ademais, outras 59 especies son en xeral pouco frecuentes, ou ben o seu material é o único material ibérico, ou español, que se conserva. ER -