TY - JOUR AU - José Eladio Ferro Fontenla, PY - 2021/12/02 Y2 - 2024/03/29 TI - Altas capacidades: xestión de aulas avanzadas JF - Innovación educativa JA - Ie VL - IS - 31 SE - Artigos DO - 10.15304/ie.31.7755 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/7755 AB - O alumnado con Altas Capacidades forma parte da diversidade que debe atender a escola.Tal como establece a lexislación educativa actual (LOE, LOMCE, LEI 3/2020), a resposta ás súas necesidades específicas de apoio educativo ha de darse nun contexto inclusivo, afastada de propostas segregacionistas que pretendan educar a estes estudantes illados do resto da poboación escolar.A escola é capaz de tomar decisións e poñer en práctica medidas de resposta inclusivas para atender as diferenzas. Estas medidas han de partir de propostas colectivas, preventivas, que favorezan a todo o alumnado, establecendo plans e programas de actuación que abranguerán dende o centro como sistema ata o plano individual, superando a causalidade lineal e individualista da práctica docente, onde o éxito ou o fracaso débense a un único elemento, cara a unha causalidade circular que busca corresponsables e implica a un equipo de persoas: profesorado, alumnado e familias, que analizan, planifican, interveñen e avalían, poñendo en práctica medidas innovadoras de atención á diversidade. As aulas avanzadas recollen estas e outras premisas e pretenden proporcionar, dende a escola ordinaria, unha resposta inclusiva de calidade a todo o alumnado, tamén ao alumnado de Altas Capacidades. ER -