TY - JOUR AU - Raquel Vázquez Ramil, AU - Ángel Serafín Porto Ucha, PY - 2015/12/30 Y2 - 2024/03/28 TI - A formación inicial do profesorado de Educación Secundaria no Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela: antecedentes e evolución JF - Innovación educativa JA - Ie VL - 0 IS - 25 SE - Traballos por invitación DO - 10.15304/ie.25.2883 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/2883 AB - Analizamos a continuación o nacemento do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1969 recollendo a experiencia previa da Escola de Formación do Profesorado de Grao Medio, creada en 1964. Os ICE son un dos puntos dos que parte a Lei Xeral de Educación de 1970 para situar o panorama educativo español á altura dos países europeos. A formación do profesorado estaba, en todos os niveis, retrasada e necesitábanse medidas urxentes; no caso dos profesionais do maxisterio, a súa formación práctica contemplábase na propia carreira, como segue a ocorrer hoxe; non era así no caso dos profesores de ensino secundario, aos que se lles esixían coñecementos teóricos, pero non se lles daban as ferramentas para comunicalos nunha aula. Para solucionar a eiva ideouse o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), que moi pronto acabou converténdose nunha pesada esixencia para os alumnos, o cal motivou sucesivos intentos de cambio ata a súa substitución polos másteres de formación de profesorado actuais. Polo CAP que ofrecía o ICE da Universidade de Santiago pasaron un elevadísimo número de alumnos e alumnas nun período de case cuarenta anos, entre 1970 e 2009; moitos deles son hoxe profesores de educación secundaria en institutos e noutros centros educativos. De aí que sexa relevante estudar a evolución do centro responsable da súa formación pedagóxica.DOI: http://dx.doi.org/10.15304/ie.25.2883  ER -