Con prefácio de João Ruivo, director fundador de
Dende o punto metodolóxico, a publicación en formato libro para abordar esta temática conta cos seus antecedentes. Hai referencias no propio texto a Francisco Giner de los Ríos, cos seus
Non se trata simplemente dun compendio dos artigos publicados anteriormente. Hai xa na propia estrutura do texto, arredor de sete constelacións, que recollen tanto os elementos do currículo clásico como as novas incorporacións, elementos interesantísimos que lle dan unidade ao discurso, no contexto do departamento e da área á que pertence o autor, a de Teoría e Historia da Educación.
No primeiro apartado, que titula “Ayuntamiento de Maestros... los Profesores”, inspirado en Alfonso X, el Sabio -gran impulsor do
No segundo apartado ocúpase do alumnado, dos estudantes. As temáticas van dende as clásicas de moitos anos atrás, a outras de total actualidade e ás constantes de sempre: os/as estudantes como corazón da universidade, a chegada das mulleres á universidade, as asociacións estudantís (entre elas a
O terceiro bloque trata da misión orixinaria e principal da universidade, a docencia, os saberes a aprender con convicción e método, as ciencias experimentais e as ciencias sociais, as de proxección tecnolóxica e as que teñen que ver coa saúde das persoas -de total actualidade nestes aciagos tempos de brutal pandemia- das humanidades e aqueloutras que interpelan e enriquecen a condición humana. Hai referencias críticas a Bolonia, á chamada “beatería na universidade”, fetichismos asociados por exemplo, ao uso do power point, reformas, másteres, formación pedagóxica do profesorado, campus didáctico, libros e lecturas, e os tempos de exames.
O cuarto apartado vai dedicado á investigación e á extensión universitaria. No tratamento dos paradigmas investigadores na universidade, aflúe a miúdo a universidade creada en Berlín (1810) por W. von Humbolt, que rompe cos moldes anteriores das universidades europeas para impulsar a libre creación científica, a investigación, modelo que vai ser adoptado a finais do XIX polo poderoso EE.UU. en varias das súas universidades. Ademais do modelo francés, o denominado modelo de universidade napoleónica, centralista, do funcionariado, está o modelo inglés, basicamente o de Oxford e Cambridge, clásico e elitista, mais tamén as novas universidades creadas en varias capitais británicas, con titulacións que amplían o cupo das ensinanzas a aspectos máis prácticos da vida cotiá e a industria, ligadas ao concepto de
A quinta constelación trata da denominada “Paideia universitaria”, a partir dos legados conceptuais clásicos grecolatinos. Achamos referencias a descolonizar a universidade, a universidades transversais, universidade e sustentabilidade, universidade e cambio climático, voluntariado, a paz, a educación para o consumo, actividade física e deporte, noites de verán, etc., con exemplos de novidosas universidades máis alá do experimentado e beneficiado mundo occidental. Pola nosa parte, levamos constatado a aceptación deste tipo de temáticas transversais nun artigo publicado recentemente xunto con Raquel Vázquez Ramil: “Temas transversales, ciudadanía y educación en valores: de la LOGSE (1990) a la LOMLOE (2020)”, aparecido en
O sexto apartado está dedicado a “Pensar y gobernar la universidad”, con profusión de títulos e matices nas actividades de xestión e goberno das universidades. Faise fincapé na responsabilidade de administrar ben os recursos, na transparencia na xestión, de garantir que as instalacións físicas e edificios, así como o patrimonio herdado se manteña en boas condicións de uso, de buscar e ampliar os novos espazos e servizos en procura do beneficio para todos os membros da comunidade universitaria, na necesidade de contar cun proxecto previo de actuación, dos deberes e obrigacións de todos os membros da institución, profesorado, estudantes, persoal técnico a administrativo de apoio, pero tamén dos cidadáns da contorna próxima e remota, do vínculo de maternidade intelectual da “Alma Mater”, de pensar e actuar para o bo goberno desta “república universitaria”, que diría Maquiavelo.
Finalmente, o capítulo sétimo preséntamos “Un horizonte incierto” cara onde pode dirixirse a universidade nos próximos decenios, diante dos acelerados cambios sociais, educativos e universitarios, dos perigos de imposición do neoliberalismo globalizado, da competitividade, dos ránkings, clasificacións, corporacións universitarias multinacionais, que o autor cualifica máis ben de “conflicto de racionalidades”. Pero lonxe dunha visión pesimista, moi en consonancia co talante e o pulso no conxunto da publicación, o autor advirte no horizonte “puntos día a día más abundantes y luminosos de una universidad cosmopolita, constructora de proyectos humanísticos, docentes, investigadores, interculturales e internacionales, solidarios e democráticos”, nos que España non é allea a estes motivos de esperanza.
O libro que reseñamos vai dedicado aos primeiros netos do profesor José Mª Hernández Díaz, Nico e Diana, coa esperanza de que talvez a universidade que no seu día poida acollelos, acade algúns dos desexos que destilan as súas páxinas. Representa a esperanza no presente e no futuro, nas novas xeracións. Noraboa.