Contenido principal del artículo

Samuel Nión Álvarez
Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0001-9717-2383
Helena López Gómez
Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico - Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0003-0394-5512
Verónica Silva Alvite
Arqueóloga. Profesional independente.
Spain
Martín Rivas Vázquez
Arqueólogo. Profesional independente.
Spain
Diego Babarro González
Arqueólogo. Profesional independente.
Spain
Vol. 39 (2023), Noticiario arqueológico
https://doi.org/10.15304/gall.39.6360
Recibido: 2019-11-03| Publicado: 2023-03-15

Resumen

O seguinte artigo expón os resultados de maior interese obtidos en dous proxectos de prospección arqueolóxica realizados na provincia de A Coruña. Ambas intervencións tiñan como obxectivo documentar ou revisar distintos emprazamentos susceptibles de acoller un xacemento arqueolóxico, explorando varias técnicas de teledetección baseadas na elaboración e visualización de Modelos Dixitais do Terreo. Esta publicación describirá brevemente os métodos empregados (con especial aceno nas técnicas de visualización elaboradas con software SIX) e definirá as características concretas dos xacementos identificados. Estes serán descritos e analizados atendendo aos resultados das metodoloxías expostas. Finalmente, revisarase a validez das técnicas empregadas e o seu potencial para a identificación de xacementos arqueolóxicos. O resultado final proporciona un total de 15 novos xacementos arqueolóxicos, sinalando a pertinencia destas técnicas e a súa aplicabilidade para a identificación de xacementos arqueolóxicos que implicasen certo nivel de alteración na paisaxe.