Elos: Revista de Literatura Infantil e Xuvenil: Novas https://revistas.usc.gal/index.php/elos
Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil é unha publicación científica de periodicidade anual editada polo Grupo de Investigación LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación (ICE)-Universidade de Santiago de Compostela.
Está patrocinada pola Universidade de Santiago de Compostela; a Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); o proxecto “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; e ELOS-Galicia. Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
Creouse co obxectivo de fomentar un espazo de debate e reflexión ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, un foro de análise crítica, de difusión da investigación e de visibilización deste sistema literario.
Para cumprir estes obxectivos, a revista presenta catro seccións: Artigos, con traballos de investigación orixinais sobre Literatura Infantil e Xuvenil, focalizados cara á Historiografía, Teoría literaria, análise de obras literarias, Tradución, Educación literaria e calquera aspecto relacionado; Notas, traballos breves e orixinais, de carácter crítico-divulgativo, que aborden aspectos sinalados na sección “Artigos”; Recensións, comentarios críticos e orixinais sobre monografías, estudos, revistas e calquera outro material de carácter científico que se teña publicado nos dous últimos anos sobre a temática que acolle a Revista; e Para saber máis, repositorio de traballos críticos ou monográficos de autoría individual ou colectiva que se consideren de relevancia para o estudo e coñecemento da Literatura Infantil e Xuvenil, así como bibliografías descritas que orienten a investigación sobre este eido e contribúan ao seu avance.
Elos aparece indizada en ERIH+, ESCI, REDIB e MIAR
As linguas de publicación de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil son o galego, o castelán, o inglés e o portugués. O portal dixital desta Revista pódese consultar en galego, castelán e inglés.
gl-ES Thu, 16 Sep 2021 11:10:07 +0200 OJS 3.1.2.4 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 Ampliación do prazo do Call for papers “Libros sen idade para persoas de todas as idades” https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/100 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/100 Thu, 16 Sep 2021 11:10:07 +0200 ELOS nº8 (2021) https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/99 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/99 Tue, 07 Sep 2021 11:17:13 +0200 A revista Elos aumenta a súa difusión e prestixio: Q2 no ránking Redib 2020 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/98
Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, editada polo grupo de investigación LITER21 (GI-1839. Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas), aumenta a súa difusión e prestixio e sitúase no cuartil Q2 do ránking REDIB 2020.

A IV edición do ránking REDIB introduce novidades como un widget exportable cos principais indicadores da revista ou gráficas coa evolución dos principais parámetros de cada revista nos últimos catro anos.

Dentro da área de Ciencias Sociais e Humanidades-Literatura, Elos situouse na posición 338/1199, subindo máis de 700 postos dende a pasada edición de 2019, con un cualificador global que aumentou dende o cuartil Q4 de 2019 (1,560) ata chegar ao cuartil Q2 en 2020 (19,571).

Para máis información sobre o ránking REDIB, pode consultarse a súa páxina web no seguinte enlace: www.redib.org

Dende a dirección e secretaría queremos agradecer a todo o equipo, aos autores e lectores polo traballo e a confianza. Seguimos!
https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/98 Mon, 16 Aug 2021 12:18:15 +0200 Call for papers: “Libros sen idade para persoas de todas as idades” https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/93 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/93 Tue, 01 Jun 2021 18:53:35 +0200 Nº 8 (2021) https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/86 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/86 Sun, 07 Mar 2021 11:22:48 +0100 Nº 6 (2019) https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/56 https://revistas.usc.gal/index.php/elos/announcement/view/56 Mon, 18 Mar 2019 13:04:56 +0100