Por petición de varios autores que se puxeron en contacto con nós, ampliamos o prazo de recepción de manuscritos para o Call for Papers “Libros sen idade para persoas de todas as idades” até o venres 15 do próximo mes, outubro.

Recordamos que a revista segue recibindo traballos para o número 8 (2021) até o día 30 do mes vixente, setembro. A partir desta data, os traballos recibidos serán considerados para futuros números.

Graciñas a toda a comunidade polo traballo e o interese na nosa publicación!

Ir atrás