TY - JOUR AU - Antón Palacio Sánchez, PY - 2014/08/02 Y2 - 2024/03/29 TI - <em>Malos</em>, <em>Perros</em> e <em>Cas</em>, topónimos interditos JF - Estudos de Lingüística Galega JA - ELG VL - 6 IS - 0 SE - Pescuda DO - 10.15304/elg.6.1717 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/1717 AB - Na primeira parte do traballo, exemplifícase a inter­vención señorial para cambia-lo nome dalgunhas loca­lidades, un feito que non era insólito na Idade Media. A seguir, enuméranse as causas máis frecuentes da retoponimización, con especial atención ós motivos es­téticos e as denominacións ofensivas, que foron causa de que catro parroquias galegas (Malos, Perros e Cas) perdesen os seu antigo nome e pasasen a denominarse Os Ánxeles. Como queira que tal cambio denominativo se produciu no séc. XVI, pouco despois da clausura do concilio de Trento, o autor defende a hipótese de que foi promovido polos bispos das respectivas dioceses, movidos polo espírito reformador da administración eclesiástica xurdido tralo concilio tridentino. Unha re­visión dos documentos do Arquivo da Catedral de San­tiago (ACS) e do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS) confirma a hipótese nos catro casos estudados. ER -