TY - JOUR AU - Gonzalo Navaza, PY - 1970/01/01 Y2 - 2024/03/28 TI - As 'estibadas' ou 'estivadas'. Nota etimolóxica JF - Estudos de Lingüística Galega JA - ELG VL - 1 IS - 0 SE - Peneira DO - UR - https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/1497 AB - Nesta nota pretendo iluminar a etimoloxía do substantivo galego estibada / estivada, moi común como topónimo, e a doutros termos pertencentes á mesma familia léxica. Achego exemplos tirados da documentación medieval e razóns semánticas e fonéticas que contradín a etimoloxía máis difundida, segundo a cal tería relación co latín AESTAS e AESTIVUS. Sosteño a etimoloxía que o explica a partir do verbo STĪPARE. Razoo a evolución do significado de estibada a partir de ‘terreo cercado con sebes ou estacas’ e ocúpome dalgúns posibles exemplos de pervivencia dun significado patrimonial de estiba ‘estaca’. Baseándome nesa etimoloxía, defendo a grafía con b empregada pola Comisión de Toponimia no ditame dos topónimos que conteñen o nome estibada, en contra da grafía con v, que é a máis consolidada na nosa tradición lexicográfica e a que figura actualmente no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega. ER -