@article{Míguez,_2016, title={Parámetros sintácticos e semánticos das alternancias obxecto/oblicuo: unha comparación entre os complementos con en do galego e as construcións conativa e antipasiva}, volume={8}, url={https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/3049}, DOI={10.15304/elg.8.3049}, abstractNote={Nun número considerábel de linguas, existen operacións morfosintácticas que alteran a codificación do segundo argumento transitivo, de modo que pasa a marcarse mediante unha preposición ou caso oblicuo. Esta modificación da transitividade ten consecuencias semánticas, nomeadamente en relación ao grao de efectividade do evento expresado polo verbo. Aínda que os detalles con que cada lingua materializa esta operación varían, hai pautas a nivel interlingüístico claramente identificábeis. A principal delas é a degradación sintáctica e semántica do segundo argumento, que se asocia á perda de prominencia discursiva deste participante. O propósito desta contribución é explorar liñas de converxencia entre as construcións das diferentes linguas, co obxectivo de poderen ser tratadas de maneira conxunta. Para isto, é preciso abstraerse dos pormenores das realizacións particulares. Deste modo, cada construción concreta revélase como a manifestación dunha operación máis xeral, moi estendida entre as linguas, de democión do segundo participante. No desenvolvemento deste artigo, trataranse as alternancias antipasiva e conativa e a construción con preposición <em>en</em&gt; do galego, atendendo á súa sintaxe e semántica e examinando a relación destes esquemas gramaticais coa transitividade.}, journal={Estudos de Lingüística Galega}, author={Míguez, , Vítor}, year={2016}, month={May}, pages={167-185} }