<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD with OASIS Tables with MathML3 v1.3 20210610//EN" "https://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.3/JATS-journalpublishing-oasis-article1-3-mathml3.dtd">
<?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.3/JATS-journalpublishing-oasis-article1-3-mathml3.dtd"?>
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0/" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.3" article-type="book-review" xml:lang="gl">
  <front>
    <journal-meta>
      <journal-id journal-id-type="publisher-id">ELG</journal-id>
      <journal-title-group>
        <journal-title specific-use="original">Estudos de Lingüística Galega</journal-title>
      </journal-title-group>
      <issn pub-type="ppub">1889-2566</issn>
      <issn publication-format="electronic">1989-578X</issn>
      <publisher>
        <publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
        <publisher-loc>
          <country>España</country>
          <email>sepinter@usc.es</email>
        </publisher-loc>
      </publisher>
    </journal-meta>
    <article-meta>
      <article-id pub-id-type="art-access-id">10880</article-id>
      <article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/elg.17.10880</article-id>
      <article-categories>
        <subj-group subj-group-type="heading">
          <subject>Anada. Recensións</subject>
        </subj-group>
      </article-categories>
      <title-group>
        <article-title>Alonso Núñez, Aquilino Santiago. 2024. <italic>O verbo na variedade galega do concello de Castrelo do Val</italic>. Berlín: Peter Lang, 156 pp. ISBN: 9783631918371 <ext-link ext-link-type="uri" xlink:title="enlace" xlink:href="https://doi.org/10.3726/b22037">https://doi.org/10.3726/b22037</ext-link></article-title>
      </title-group>
      <contrib-group>
        <contrib contrib-type="author" corresp="yes">
          <contrib-id contrib-id-type="orcid">https://orcid.org/0000-0002-7772-6358</contrib-id>
          <name>
            <surname>Rodríguez Louredo</surname>
            <given-names>Eduardo</given-names>
          </name>
          <xref ref-type="aff" rid="aff-1-10880"><sup>1</sup></xref>
          <xref ref-type="corresp" rid="corr-1-10880"><sup>a</sup></xref>
        </contrib>
      </contrib-group>
      <aff id="aff-1-10880">
        <label><sup>1</sup></label>
        <institution content-type="original">IES Cosme López Rodríguez, España</institution>
        <institution content-type="orgname">IES Cosme López Rodríguez</institution>
        <country country="ES">España</country>
      </aff>
      <author-notes>
        <corresp id="corr-1-10880"><sup>a</sup> <email xlink:href="eduardolouredo@gmail.com">eduardolouredo@gmail.com</email></corresp>
      </author-notes>
      <pub-date date-type="collection" publication-format="electronic">
        <year>2025</year>
      </pub-date>
      <pub-date date-type="pub" publication-format="electronic" iso-8601-date="2025-10-30">
        <day>30</day>
        <month>10</month>
        <year>2025</year>
      </pub-date>
      <volume>17</volume>
      <elocation-id>10880</elocation-id>
      <product product-type="book">
        <person-group person-group-type="author">
          <name>
            <surname>Núñez</surname>
            <given-names>Alonso</given-names>
          </name>
          <name>
            <surname>Santiago</surname>
            <given-names>Aquilino</given-names>
          </name>
        </person-group>
        <source>O verbo na variedade galega do concello de Castrelo do Val</source>
        <isbn>9783631918371</isbn>
        <publisher-name>Peter Lang</publisher-name>
        <publisher-loc>Berlín</publisher-loc>
        <year>2024</year>
        <size units="pages">156</size>
        <pub-id pub-id-type="doi">10.3726/b22037</pub-id>
      </product>
      <history>
        <date date-type="received">
          <day>21</day>
          <month>07</month>
          <year>2025</year>
        </date>
        <date date-type="accepted">
          <day>11</day>
          <month>09</month>
          <year>2025</year>
        </date>
      </history>
      <permissions>
        <copyright-statement>Copyright © Universidade de Santiago de Compostela</copyright-statement>
        <copyright-year>2025</copyright-year>
        <copyright-holder>Universidade de Santiago de Compostela</copyright-holder>
        <license license-type="open-access" xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
          <ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
          <license-p>Artigo en acceso aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)</license-p>
        </license>
      </permissions>
      <counts>
        <fig-count count="0"/>
        <table-count count="0"/>
        <equation-count count="0"/>
        <ref-count count="7"/>
      </counts>
    </article-meta>
  </front>
  <body>
    <p>A lingüística e, de xeito particular, a dialectoloxía galegas amosaron, desde os anos setenta do século pasado, un interese notable polo estudo e descrición do sistema verbal do galego. Son proba disto, sen ánimo de sermos exhaustivos, as dúas monografías da revista <italic>Verba</italic> dedicadas ó tema e saídas do prelo en 1974 (<xref rid="ref-6-10880" ref-type="bibr">Rojo 1974</xref>, <xref rid="ref-7-10880" ref-type="bibr">Santamarina 1974</xref>), o volume dedicado ó verbo do <italic>Atlas Lingüístico Galego</italic> (<xref rid="ref-1-10880" ref-type="bibr">ALGa 1990</xref>) e as moitas descricións dialectais de pequenos dominios que foron aparecendo desde os anos setenta e nas que o verbo foi obxecto de tratamento preferente. A obra da que nos ocupamos é un exemplo máis de obras que se ocupan do sistema verbal galego.</p>
    <p>O autor, profesor no departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, conta cunha ampla traxectoria docente e investigadora. A súa tese de doutoramento, unha descrición do galego falado no seu concello natal, Castrelo do Val (provincia de Ourense), está na orixe de numerosas publicacións, asinadas polo autor, que describen a variedade deste concello galego. O libro que comentamos é tamén unha parte desta e está dedicado ó sistema verbal.</p>
    <p>O concello de Castrelo do Val sitúase na comarca de Verín e inclúese no que <xref rid="ref-2-10880" ref-type="bibr">Fernández Rei (1990)</xref> denominou “área oriental de transición”, é dicir, unha zona pertencente ó bloque central que presenta variantes lingüísticas que a individualizan fronte á área lucu-auriense e, ó mesmo, rexistra outras propias da área oriental do territorio galegofalante.</p>
    <p>A obra, que comeza cunha breve presentación do estudo, divídese en tres partes de extensión moi desigual. Na introdución (pp. 9-24), o autor presenta a área obxecto de estudo, a metodoloxía empregada, os obxectivos do seu traballo e unha breve caracterización dialectal da fala de Castrelo do Val no conxunto das variedades xeolectais do galego. A segunda parte, que constitúe o cerne da obra é unha descrición pormenorizada da morfoloxía verbal do galego, non só do falado no concello de Castrelo do Val. Pechan a obra unhas breves “Consideracións finais” (pp. 143-149) e mais a bibliografía empregada. Con respecto a esta última, é necesario indicar que, aínda que se botan en falta algunhas referencias, é completa e actualizada. Entre as ausencias cómpre destacar a gramática de <xref rid="ref-4-10880" ref-type="bibr">Freixeiro Mato (2006)</xref> e mais as gramáticas históricas de <xref rid="ref-3-10880" ref-type="bibr">Ferreiro (1999)</xref> e de <xref rid="ref-5-10880" ref-type="bibr">Mariño Paz (2017)</xref>.</p>
    <p>O primeiro que cabe sinalar, con respecto á primeira parte da obra, é que se trata dun traballo de dialectoloxía tradicional, como asume o propio autor, que presta pouca atención ó estudo da variación lingüística dentro da comunidade. Ou, mellor dito, o obxectivo principal do traballo non é o estudo da variación; aínda que si hai mencións deste fenómeno en casos concretos, coma cando alude á pouca vitalidade das formas de pretérito coma <italic>andei</italic> ou á existencia da variación <italic>podo</italic> ~ <italic>podio</italic> na P1 do presente de indicativo de <italic>poder</italic>. Os informantes que entrevistou o autor foron, polo xeral, “falantes con pouca instrución escolar ou sen ningunha” (p. 6) e de idade avanzada (p. 20). Con respecto á rede de puntos, esta é moi densa, ó incluír “tódolos lugares do concello de Castrelo do Val” (p. 11). Finalmente, cabe destacar que, en cada punto, nun lapso temporal que vai de 1994 a 2004, o autor entrevistou un informante, maior, con poucos estudos e nacido no lugar. Ademais destes informantes principais, cando menos nalgúns puntos, o autor recolleu datos de informantes secundarios, que contribúen a dar unha imaxe máis rica e completa da lingua do concello.</p>
    <p>Seguindo autores coma Scalise, Alonso Núñez parte “dunha concepción da morfoloxía que toma como primitivo a palabra” (p. 29) e realiza unha análise inspirada no modelo IA (Item and Arrangement). Aínda que para a súa descrición e segmentación dos diferentes verbos, o autor se basea na “tradición gramatical galega”, afástase desta en moitas ocasións e ofrece propostas anovadoras en varios aspectos. Por exemplo, ademais das tres conxugacións consideradas de xeito usual, Alonso Núñez propón considerar unha cuarta clase de verbos “caracterizada por non ter no infinitivo unha vogal temática” e da que farían parte <italic>crer</italic>, <italic>dar</italic>, <italic>estar</italic>, <italic>ir</italic>, <italic>ler</italic>, <italic>pór</italic>, <italic>rir</italic>, <italic>ser</italic>, <italic>ter</italic>, <italic>ver</italic>, <italic>vir</italic> e algúns dos seus derivados.</p>
    <p>Non entra nos obxectivos do traballo estudar posibles procesos de cambio, aínda que si hai referencias ó fenómeno da variación. Para min, pola miña formación académica, este é un aspecto fundamental no estudo das linguas e das súas variedades. Unha epígrafe na que si se afonda nestes temas é aquela en que se aborda a variación na acentuación da P4 e P5 do copretérito de indicativo (<italic>cantabamos</italic> ~ <italic>cantábamos</italic>). Alonso Núñez observa, tal e como ocorre noutras áreas do territorio galegófono, que as variantes con acentuación paroxítona ou grave (<italic>cantabamos</italic>) son máis frecuentes nos falantes maiores e que as variantes proparoxítonas ou esdrúxulas (<italic>cantábamos</italic>) son usadas en maior medida polos falantes novos. A expansión das formas do tipo <italic>cantábamos</italic> explícaa o autor pola coincidencia co castelán estándar (p. 45).</p>
    <p>As formas de futuro de subxuntivo están ausentes do repertorio lingüístico dos falantes de Castrelo do Val, aínda que o autor non descarta que algúns falantes maiores as usen en frases feitas. Os valores modotemporais de futuro de subxuntivo son expresados mediante outros tempos verbais. No caso do antepretérito de subxuntivo, as formas en –<italic>ra</italic> (<italic>cantara</italic>) están a desprazar as formas en –<italic>se</italic> (<italic>cantase</italic>), xa que os falantes máis novos usan as formas en –<italic>ra</italic> (<italic>Díxenllo para que fora, non para que quedara</italic>).</p>
    <p>En moitos casos, o autor ilustra o fenómeno da variación con táboas que dan conta das formas “predominantes” e “non predominantes” en cada lugar do concello. Un exemplo do que digo atopámolo na páxina 54, á hora de analiza-la variación entre as formas do tipo <italic>cantaches</italic> e as do tipo <italic>cantache</italic>. Quizais, nalgúns casos, unha gráfica ou mapa poderían resultar máis claros. Si podemos encontrar no libro mapas que ilustran o uso de determinadas formas dependendo dos puntos de enquisa. Estes mapas, seis en total, atópanse maioritariamente na parte da obra dedicada ós verbos de irregularidade propia (<italic>andar</italic>, <italic>caber</italic>, <italic>ser</italic>, etc.) e permiten visualizar de xeito sinxelo a distribución territorial dalgunhas variantes características do galego desta zona (<italic>quepio</italic> ‘P1 do presente de indicativo do verbo <italic>caber</italic>’, <italic>estía</italic> ‘P1 ou P3 do presente de subxuntivo do verbo <italic>estar</italic>, <italic>sen</italic> ‘P2 do imperativo do verbo <italic>ser</italic>’, etc.).</p>
    <p>Os verbos irregulares, ben sexa de irregularidade común ou de irregularidade propia ocupan a maior parte da obra. Con respecto ós primeiros, é moi interesante o apartado referido ós verbos con alternancia vocálica. Así, por exemplo, a diferenza do galego común, no galego falado no municipio de Castrelo do Val é alternante o presente de indicativo do verbo <italic>deber</italic> (<italic>debo</italic>, <italic>d[&#x03B5;]bes</italic>, etc.) e non alternante o verbo <italic>tomar</italic> (<italic>t[o]mo</italic>, <italic>t[o]mas</italic>, etc.). Con respecto ós verbos da terceira conxugación, o autor constata a regresión, especialmente entre os máis novos, do paradigma alternante do tipo <italic>fuxir</italic> (<italic>fuxo</italic>, <italic>f[&#x2283;]xes</italic>, etc.) e a práctica desaparición da alternancia nos verbos tipo <italic>servir</italic> (<italic>sirvo</italic>, <italic>s[&#x03B5;]erves</italic>, etc.). Porén, do mesmo xeito que constataron outras investigacións, a vitalidade da alternancia depende do verbo do que se trate, máis alta en verbos coma <italic>cumprir</italic> ou <italic>durmir</italic>, máis baixa en verbos coma <italic>sufrir</italic> ou <italic>lucir</italic>.</p>
    <p>Desde a páxina 69 á 142, o autor analiza os paradigmas dos verbos de irregularidade propia, entre os que están a maior parte dos verbos que, segundo Alonso Núñez, non posúen VT no infinitivo. É nesta parte da obra onde o autor presta máis atención ós “cambios lingüísticos que se produciron e que se están dando na actualidade” (p. 71). Aínda que o autor entrevistou, sobre todo, falantes maiores, tamén contou con falantes máis novos para o seu traballo. A comparación dos usos lingüísticos dos maiores cos dos novos da idea de moitos procesos de mudanza que están en marcha dentro da área estudada. Algúns destes cambios, segundo o autor, poden ser debidos ó contacto do galego de Castrelo do Val co castelán (coma o maior uso nos falantes novos da variante <italic>vamos</italic> para a P4 do presente de indicativo do verbo <italic>ir</italic>), outros pódense deber a contactos coas variedades veciñas (por exemplo, o predominio de <italic>facer</italic> sobre outras variantes existentes no territorio estudado coma <italic>fagher</italic>, <italic>fager</italic>, <italic>faer</italic> e <italic>fer</italic>) e algúns son froito de tendencias internas do sistema (por exemplo, o case completo retroceso do verbo <italic>caber</italic>, substituído polo verbo <italic>coller</italic>).</p>
    <p>Para concluír, cómpre dicir que o autor se beneficiou de ser orixinario do concello obxecto de estudo, o que lle proporciona un coñecemento de primeira man desta variedade. Isto contribúe a darlle aínda máis valor a unha obra moi recomendable para os lingüistas e gramáticos do galego e, por extensión, doutras linguas romances. Este traballo constitúe non só unha descrición do sistema verbal da fala de Castrelo do Val, senón tamén unha caracterización completa do sistema verbal do galego. Por este motivo, pódese considerar que o autor se insire, como foi dito ó comezo, nunha tradición con fondas raíces na lingüística galega, ir do particular ó xeral e basear a descrición morfolóxica na lingua falada polo pobo.</p>
  </body>
  <back>
    <ref-list id="refl-1-10880">
      <title>Referencias</title>
      <ref id="ref-1-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">ALGa 1990 = García, Constantino, Antón Santamarina (dirs.), Francisco Fernández Rei (coord.). 1990. <italic>Atlas Lingüístico Galego</italic>, <italic>vol. I: Morfoloxía Verbal</italic>. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="director">
            <name>
              <surname>García</surname>
              <given-names>Constantino</given-names>
            </name>
            <name>              
              <surname>Santamarina</surname>
              <given-names>Antón</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <person-group person-group-type="editor">
            <name>              
              <surname>Fernández Rei</surname>
              <given-names>Francisco</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Atlas Lingüístico Galego</source>
          <publisher-name>Fundación Pedro Barrié de la Maza</publisher-name>
          <publisher-loc>A Coruña</publisher-loc>
          <year>1990</year>
          <volume>vol. I: Morfoloxía Verbal</volume>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-2-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Fernández Rei, Francisco. 1990. <italic>Dialectoloxía da lingua galega</italic>. Vigo: Xerais.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Fernández Rei</surname>
              <given-names>Francisco</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Dialectoloxía da lingua galega</source>
          <publisher-name>Xerais</publisher-name>
          <publisher-loc>Vigo</publisher-loc>
          <year>1990</year>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-3-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Ferreiro, Manuel. 1999 [1995]. <italic>Gramática histórica galega</italic>. Santiago de Compostela: Laiovento.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Ferreiro</surname>
              <given-names>Manuel</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Gramática histórica galega</source>
          <publisher-name>Laiovento</publisher-name>
          <publisher-loc>Santiago de Compostela</publisher-loc>
          <year>1999</year>
          <comment>[1995]</comment>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-4-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Freixeiro Mato, Xosé Ramón. 2006 [2000]. <italic>Gramática da lingua galega</italic>, <italic>vol. II: Morfosintaxe</italic>. Vigo: A Nosa Terra.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Freixeiro Mato</surname>
              <given-names>Xosé Ramón</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Gramática da lingua galega</source>
          <publisher-name>A Nosa Terra</publisher-name>
          <publisher-loc>Vigo</publisher-loc>
          <year>2006</year>
          <volume>vol. II: Morfosintaxe</volume>
          <comment>[2000]</comment>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-5-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Mariño Paz, Ramón. 2017. <italic>Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega</italic>. Vigo: Xerais.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Mariño Paz</surname>
              <given-names>Ramón</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega</source>
          <publisher-name>Xerais</publisher-name>
          <publisher-loc>Vigo</publisher-loc>
          <year>2017</year>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-6-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Rojo, Guillermo. 1974. <italic>Perífrasis verbales en el gallego actual</italic>, Anexo 2 de <italic>Verba</italic>. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Rojo</surname>
              <given-names>Guillermo</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>Perífrasis verbales en el gallego actual</source>
          <publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
          <publisher-loc>Santiago de Compostela</publisher-loc>
          <year>1974</year>
          <comment>Anexo 2 de Verba</comment>
        </element-citation>
      </ref>
      <ref id="ref-7-10880">
        <mixed-citation publication-type="book">Santamarina, Antón. 1974. <italic>El verbo gallego: estudio basado en el habla del Valle del Suarna</italic>. Anexo 4 de <italic>Verba</italic>. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.</mixed-citation>
        <element-citation publication-type="book">
          <person-group person-group-type="author">
            <name>
              <surname>Santamarina</surname>
              <given-names>Antón</given-names>
            </name>
          </person-group>
          <source>El verbo gallego: estudio basado en el habla del Valle del Suarna</source>
          <publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
          <publisher-loc>Santiago de Compostela</publisher-loc>
          <year>1974</year>
          <comment>Anexo 4 de Verba</comment>
        </element-citation>
      </ref>
    </ref-list>
  </back>
</article>