Renovación do selo de calidade FECYT
Publicado o 2025-12-19O selo FECYT recoñece a calidade editorial e científica das revistas académicas españolas. A avaliación realízase a través da medición de criterios de calidade editorial e científica relacionados coas áreas de coñecemento ás que se adscriba a revista: composición editorial, periodicidade, metadatos, transparencia en políticas de acceso, metodoloxía dos artigos, especialización, etc. Os criterios de calidade editorial divídense entre obrigatorios e recomendados. Para obter o selo FECYT as revistas deben obter unha avaliación positiva en todos os criterios de obrigado cumprimento e en, polo menos, dous de cumprimento recomendado. Con este recoñecemento a FECYT procura que as revistas científicas españolas melloren a súa calidade, a súa visibilidade e o impacto internacional. A primeira convocatoria para a obtención do selo abriuse en 2016.
