O pasado ano 2021 viu a luz este enriquecedor estudo sobre os relatos do escritor galego contemporáneo Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), da autoría de María Carreira López, baixo o título
A monografía está moi ben encabezada, xa que inicia cun “Préface” (pp. 9-12), en francés, que correu a cargo de Chao-Ying Durand-Sun, presidenta de honra da Asociación de Amigos de Gilbert Durand (1921-2012). Nel salienta, dende o primeiro parágrafo, o feito de que o lector interesado poderá gozar da primeira aplicación estrita do método mitocrítico, proposto e defendido por este reputado filósofo e antropólogo francés, ao universo literario galego representado tan dignamente por Méndez Ferrín. Así mesmo, inclúe a prologuista un recoñecemento a investigadores e estudosos españois desta escola de análise, que exerceron ou exercen o seu labor intelectual ao redor da cidade de Barcelona: Alain Verjat, Fátima Gutiérrez ou Montserrat Prat Serra; María Carreira López seguiría o seu ronsel.
En consecuencia, a mitocrítica segundo Durand sería a segunda clave principal deste estudo, despois da ferriniana, o cal se compón, por esta orde, de seis capítulos, unhas palabras convidadas de clausura e unha completa bibliografía. Polo que se refire aos devanditos capítulos, estes son os seus subtítulos e a súa orde de aparición: “1. O método de Gilbert Durand” (pp. 13-21), “2. Relación pai-fillo: o esmorecemento da caste” (pp. 22-46), “3. Variacións sobre o sacrificio” (pp. 47-80), “4. A
Mediante todas estas seccións, a autora engaiola os interesados co estudo pausado e profundo da colección de mitos que se recollen entre as coidadas páxinas de Ferrín e o seu imaxinario mítico particular. Pero antes de desenvolver o corpus de exemplos, convén ler e meditar o primeiro capítulo con atención: unha sucinta, pero moi atinada, introdución ao método, hoxe en día consagrado, de Gilbert Durand. Resulta de gran axuda para todos aqueles interesados na sabedoría do volume, pero que non dominen completamente os preceptos da mitocrítica. Así mesmo, este primeiro capítulo acouta a procedencia escrita do investigado, as seis recompilacións de contos publicadas por Méndez Ferrín, así como un conxunto breve doutras cinco narracións publicadas nas revistas
O mito grego de Edipo, criaturas inquietantes como a Esfinxe ou o hermafrodita, os deuses helenos, Hermes ou Afrodita, entre outros, ou os labirintos e os
Pero aínda nos resta un terceiro propósito ou terceira clave desta recensión: o interese no mundo artúrico contemporáneo. O canon da devandita literatura dos séculos XIX, XX e XXI conta co gran privilexio de contar cunha poderosa e continuada tradición de textos artúricos procedentes de Galicia e escritos en lingua galega, con nomes tan sinalados como Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro ou o mesmo Xosé Luís Méndez Ferrín, entre moitos outros. Trátase de todo un tesouro cultural de creación e apropiación de mitos que aínda, lamentabelmente, necesitan difusión e coñecemento internacional. O volume que nos ocupa de Carreira López supón un imprescindíbel paso adiante cara a ese coñecemento e recoñecemento. Por iso, aconséllase encarecidamente aos estudosos da materia de Bretaña de todos os tempos e latitudes revisar, con especial atención, un bo número de páxinas e algúns capítulos de
Se clarificásemos os capítulos de acordo ao seu sinal artúrico, o campión sería o cuarto, ricamente poboado de alusións a Artur, Galván, Guenebra, Lanzarote do Lago, Liliana de Escalot, Perceval, Rei Pescador, Tristán, Isolda ou Marc. Ou de lugares e obxectos como o Castelo do Graal, Tintagel, a Táboa Redonda ou o Graal, así como un dos grandes temas da materia de Bretaña, a
Xa preto do final destes comentarios, queremos resaltar dúas ideas da recapitulación que propón a autora na páxina 166. Estamos de acordo coa afirmación de que a riqueza simbólica da obra de Ferrín probou ser moi idónea para aplicarlle unha lectura dende a perspectiva da mitocrítica, e que dita perspectiva constitúe un esforzo inédito de análise dos textos de Ferrín, así como do sistema literario galego no seu conxunto. Con todo, coa segunda discrepamos en certa medida, ao afirmar que se trata dun autor canónico do mencionado sistema literario e da cultura galega no seu conxunto. Queremos engadir o matiz de que Ferrín non é só un autor dun canon máis ou menos minoritario, senón que merece alcanzar tamén un merecido lugar no canon da literatura contemporánea universal. De feito, a obra de Ferrín xa coñece traducións a linguas como o francés, o inglés, o español, o catalán ou o asturiano.
O volume remata co epílogo da profesora María Xesús Lama López, da Universidade de Barcelona, quen glosa e reconstrúe a xénese do mesmo, ao mesmo tempo que homenaxea o nunca esquecido Alain Verjat, que tanto tivo que ver con este produto final do que hoxe en día podemos beneficiarnos.
Finalmente, queremos tamén encomiar o bo gusto da autora á hora de elixir mestres para a súa investigación. Na bibliografía, entre outros, figuran os nomes lendarios de Gaston Bachelard, Juan Eduardo Cirlot, Mircea Eliade, Itamar Even-Zohar, Michel Faucault, Robert Graves, Claude Levi-Strauss, Jean Markale, Philippe Walter ou, por suposto, o seu primeiro mestre Gilbert Durand. Tamén se recoñece a súa aprendizaxe e colaboración con expertos das universidades catalás, Isabel de Riquer, Fátima Gutiérrez, María Xesús Lama ou Alain Verjat. Algúns títulos propios, para quen queira ampliar coñecementos, tamén se inclúen, así como bibliografía ferriniana ou sobre Méndez Ferrín. En especial aqueles vinculados cos seguintes contos artúricos: “Percival” (1958) “Amor de Artur” (1982), “Lanzarote ou o sabio consello” (1997), “Tristán o Roxo” (2010).
Por todo o dito até o de agora, recomendamos moito a lectura e estudo desta achega bibliográfica de María Carreira López titulada