No ano 2014, en Valladolid celebrouse un festival de ilustración cham do
Un dos maiores puntos de interese, que determinou a escolla, é que nesta obra a construción do discurso asenta na materialidade do libro en canto artefacto, situándonos no amplo universo do libro-obxecto. Nos últimos anos, a investigación sobre o libro-obxecto, especialmente no referido á produción de obras infantís, está en constante evolución e proba disto son os diversos monográficos que foron construíndo un itinerario de aproximación e espe- cialización na temática dende distintas áreas como a pedagoxía, a psicoloxía infantil, as artes plásticas, a literatura ou o deseño (
O libro-obxecto é definido por
A importancia da materialidade de
Debido ao seu carácter biográfico, a obra de Díaz pertence ao ámbito dos libros informativos, tamén coñecidos como libros de coñecementos, de divulgación, documentais ou de non ficción. Trátase de propostas vinculadas ao uso do discurso informativo, estruturado e veraz que estimulan a curiosi- dade e o interese do lector (
A partir destas consideracións previas, o obxectivo desta achega é analizar a maneira na que toma forma a proposta a través da análise textual e compo- sitiva do libro, prestándolle especial atención á súa natureza en canto libro-obxecto e á función dos elementos peritextuais, para poder reflexionar, na discusión final, sobre a diversidade de posibilidades que promove no relativo á figura do lector empírico e do lector implícito
A obra de Díaz destaca pola importancia e coidado dos peritextos, de xeito que se volven imprescindibles na construción da obra. Sen eles sería imposible entender a maneira na que se artella o contido textual e visual do miolo do libro, xa que sobre eles asenta a creación dos espazos figurados que fan referencia ás estancias do hotel.
Nunha das primeiras preguntas da entrevista a Díaz fíxose referencia ao protagonismo da materialidade do libro como percorrido físico e metáfora da filmografía de Anderson, até incluso incluír un diorama final que o lector pode construír para conseguir unha pequena maqueta do edificio. A autora afirmou ter claro dende o primeiro momento que tiña que tratarse dun libro- obxecto; ademais, tamén indica que inicialmente tiña pensando que fose un libro entelado, pero que a idea evolucionou para outro lado logo da creación da cuberta, que xoga co concepto de hotel e do lector-hóspede. En canto ao diorama, responde que tamén foi algo premeditado, xa que quería que houb ese algún elemento que puidese saír do propio libro. Por último, na resposta a esta cuestión resalta o seu interese polos libros-obxecto sempre e cando respondan a unha planificación pensada e coidada e que non resulten confusos ou caóticos en aspectos como o formato, aínda que destaca que se trata de produtos moito máis caros de producir e de encaixar no mercado.
Volvendo ao estudo concreto de
A primeira páxina coa que nos atopamos logo das gardas iniciais mostra unha vista exterior do hotel, encadrada dentro dun pano simulando o escenario teatral, e presenta o edificio, os seus espazos e hóspedes, como se dunha inauguración se tratara, até rematar coa seguinte liña: “El Gran Hotel Wes Anderson abre sus puertas” (
A continuación, a folla de créditos e a portada interior corresponderían graficamente a un plano picado do mostrador da recepción, e os elementos textuais vense perfectamente integrados na imaxe; de feito, no caso da portada interior, forman parte dun dossier de presentación colocado enriba do moble, de igual xeito que o están o teléfono, o timbre e a chave dunha habitación (
Por outra parte, nestas páxinas presentadas, así como na última de despedida antes das gardas finais (
Ademais, o paratexto correspondente á dedicatoria móvese ao final da obra de xeito deliberado, xa que Díaz agradece, ademais de á familia, amigos e editores, ao propio lectorado, facendo referencia á experiencia de lectura como un evento sucedido con anterioridade: “Y a ti, como lector/a de este libro: espero que tu viaje por el mundo fantástico de Wes Anderson haya sido precioso” (
Neste sentido, noutra das preguntas realizadas na entrevista a Nuria Díaz preguntábaselle polo tipo de lectorado que se imaxinaba mentres estaba facendo o libro. A artista respondeu que entende que o cine de Anderson é complexo e pode non gustar a todas as persoas, polo que non pensaba tanto en idades como na xente que vía unha película de Anderson e non lle convencía, xa que considera que coñecer un pouco os contextos e as historias que hai detrás de cada película axuda a poñer en perspectiva as producións e pode facer que o público non conforme lle volva dar unha oportunidade. Así, entende o libro “como unha guía para os que non o coñecen e como unha especie de libro tributo para os que si”, que pode resultar interesante tamén para os adolescentes no relativo á estética e temáticas que vai abordando, como as relacións familiares ou os personaxes atormentados.
Os nove capítulos-estancias nos que se divide o miolo do libro son relacionados nun índice intitulado mapa de situación. Exploran a vida e obra do autor, así como distintos aspectos do seu estilo particular; ademais, os dous últimos apelan directamente aos admiradores do cineasta. Os oito primeiros manteñen a mesma composición gráfica na dobre páxina que os inicia: á esquerda a porta polo que se anima a entrar ao lector, e á dereita o letreiro que identifica a estancia (
Para entender mellor a maneira na que se estrutura o contido do libro, a
Ademais da apelación directa ao lector
mediante elementos textuais, o libro
xoga coa experimentalidade derivada das posibilidades infinitas ofrecidas polo
libro-obxecto no referido á significación da lectura como proceso interactivo, desenvolta por un lector activo e participativo, tanto a nivel físico como intelectual. Algúns exemplos
destacables serían as receitas ou indica- cións
que o libro dá ao lector para poder ser Anderson, inserido na narración como personaxe representado (
No relativo á construción visual da obra
cómpre destacar o coidado estético e a importancia da ilustración na
composición do libro e na maneira de representar
cada elemento informativo, por exemplo, as fichas filmográficas das películas do cineasta (
Por último, o agasallo literario que a obra de Díaz fai ao cinema mediante un tratamento coidado, agarimoso e enaltecedor da figura de Anderson acentúase dedicándolle unha parte do quinto capítulo-estancia á importancia dos libros no labor profesional do cineasta dende catro modos de tratamento diferenciados: os libros que len os personaxes, os libros que escriben os personaxes, a estrutura das películas en capítulos e os libros nos que se inspiran algunhas das súas obras. Ademais, este punto de interese foi tamén tratado nunha das cuestións da entrevista realizada á ilustradora, ao preguntarlle a Díaz a súa opinión sobre os movementos de ida e volta entre a literatura e o cinema. A autora responde que se trata dun xogo proveitoso no cal todos os creadores se ven influenciados e que o interesante é recoller estas influencias e facelas propias e persoais, como fai Anderson. Nesta liña, Díaz conta que caeu nas redes do cineasta e saía do cine tras ver as súas películas cunhas ganas inmensas de debuxar, por iso se recoñece influenciada polas temáticas e, especialmente, no nivel conceptual.
Unha vez presentados e comentados distintos aspectos da obra, neste apartado final interésanos reflexionar acerca do público obxectivo ao que vai dirixida e o público real que se somerxe na súa lectura e se identifica coa noción do lectorado empírico. En efecto, aínda que a nosa discusión asenta sobre evidencias, o seu propósito é máis espertar o interese polo rico campo de estudo dos libros-obxecto, cuxos diferentes niveis de lectura lle confiren unha posición ambivalente
Comezamos esta discusión final destacando a proposta do libro como unha invitación a entrar e percorrer as distintas etapas persoais e profesionais do director, de xeito que a lectura se converte, máis que nunca, nunha viaxe exploratoria. A obra pode ser entendida como un xogo de descubrimento a partir da lectura verbal e visual guiada polos compoñentes peritextuais, con elementos imbricados que retan o lector ou apelan á súa participación cocreativa.
Alén disto, consideramos que o contido da obra está principalmente pensado para o lectorado adulto ou, canda menos, xuvenil, xa que xira en torno a un cineasta cuxas películas non se dirixen de xeito explícito á infancia e cun nivel de especialización que parece precisar dun lectorado coñecedor ou interesado polo mundo do cinema a nivel técnico, estético, histórico, cultural etc. Non obstante, a riqueza e densidade de contidos informativos recollidos que apoia a nosa afirmación contrasta especialmente co estilo das ilustracións, que se relaciona facilmente co ámbito da ilustración de libros infantís e xuvenís, no cal a autora traballa habitualmente
Por outra parte, esta posible contradición na maneira de construírse unha proposta que atope con facilidade o seu lugar nun sistema de acollida, tamén se reforza pola introdución de xogos de preguntas, de identificación de obxectos e incluso a construción dun diorama. Pero de novo as fronteiras ou intencións non están claras, xa que no relativo ás dúas primeiras actividades propostas os coñecementos que se precisan para completalas con éxito non están ao alcance dos máis novos, polo menos de maneira sinxela. Ademais, a simulación do espazo figurado do hotel, en relación directa cunha das máis famosas propostas fílmicas do cineasta, volve mostrarse cómplice cos gustos dos máis novos e cunha tendencia habitual na creación de libros-obxecto para o público infantil, pero precisa dun lector cunha enciclopedia fílmica afastada da habitual nestas idades precoces para a decodificación completa da composición visual proposta.
En síntese, sería
O que non se pode negar é que se trata dunha obra fermosa, coidada, planificada con detemento e, ante todo, ilustrada, xa que ao longo das súas 200 páxinas non hai un só lugar onde mirar e non deleitarse co estilo da súa autora. En efecto, o subtítulo da cuberta presenta o libro como “El universo ilustrado del cineasta más fascinante del mundo” e, alén da diversidade de opinións acerca da consideración feita sobre Anderson, non se podería definir mellor o seu contido.
O termo
Esta información, así como outras recollidas ao longo do texto sobre a opinión e experiencia da ilustradora na creación e difusión do libro, proveñen directamente de Díaz a través dunha breve entrevista
No
A ambivalencia dos textos capaces de frecuentar dous sistemas literarios distintos comentada por
Os seus traballos poden seguirse a través da páxina web da autora: